NOVA fantasia
	<language>gl</language>
NOVA FANTASIA
Alien aterra en España
	<description>Alien[16:38 21/10/2007] O modelo orixinal de Alien, o oitavo pasaxeiro, o grande mito extra-terrestre do cinema fantástico, aterrou en València da man do seu creador, o artista suizo H.R. Giger, gañador dun Oscar polo seu traballo nesta película. Esta é a primeira visita de Giger a España.
O artista inaugurou onte unha exposición sobre a sua obra na Universidade Politécnica de València, que amosará 50 pezas de escultura, fotografía e deseño entre as que destaca, polo seu valor simbólico, a cabeza do alieníxena, que poderá contemplar-se até o vindeiro 5 de nadal.
H.R. Giger, de 67 años, é un escultor e arquitecto coñecido polas suas recargadas obras de xéneros fantásticos. Ademáis de Alien, é o responsábel do deseño en películas coma Poltergeist II e Species.
Outra das pezas de culto que poderán contemplar os seguidores da saga sobre o monstro extra-terrestre que comezou o director Ridley Scott en 1979 son os bocetos orixinais que realizou o artista para Alien 3.</description>
Nova versión dos Paxaros
	<description>[16:38 21/10/2007] Naomi Watts protagonizará e Martin Campbell está en negociacións para dirixir a nova versión que a Universal pretende facer do clásico Os paxaros. A película está planeada coma unha nova visión do conto orixinal de Daphne du Maurier que inspirou a Alfred Hitchcock para facer o seu filme de 1963.
Michael Bay, Andrew Form e Brad Fuller producirán a través da súa empresa Platinum Dunes, mentres que Peter Guber e Cathy Schulman participarán coa Mandalay Pictures.
Stiles White e Juliet Snowden escribiron unha versión do guión que ainda esá en desenvolvemento, polo que poderían contratar-se a máis guionistas en breve.</description>
Outing para o meigo Dumbledore
	<description>Albus Dumbledore[16:38 21/10/2007] A novelista inglesa J.K. Rowling ven de sacar do armário a un dos principais personaxes da exitosa série literária de Harry Potter, ao dicir aos seus seguidores en New York que o meigo Albus Dumbledore, director da escola Hogwarts, é homosexual.
Durante a sua primeira xira polos Estados Unidos en sete anos, Rowling confirmou no Carnegie Hall na cidade dos rañaceos o que algúns afeccionados sospeitaran, que ela "sempre pensou que Dumbledore era homosexual".
Rowling dixo que Dumbledore namorou-se do encantador meigo Gellert Grindelwald, pero que cando Grindelwald interesou-se máis polas artes escuras que polo ben, Dumbledore ficou "terribelmente desilusionado" e foi a destruir ao seu rival. Ese amor, afirmou a novelista, era a "traxédia secreta" de Dumbledore.
"Namorar-nos pode cegar-nos até certo punto", sostivo. A audiéncia ficou en siléncio após da revelación, pero axiño estoupou nun aplauso. Rowling, de 42 anos, dixo que se ela souber que esa sería a resposta, revelaría antes os seus pensamentos sobre Dumbledore.
Rowling dixo que ela lera o guión da adaptación ao cinema do sexto libro da série, Harry Potter e o mistério do príncipe, e corrixiu unha pasaxe na que Dumbledore relembraba amores pasados ao tacha-lo e escribir "Dumbledore é homosexual" sobre o texto.
Actualmente estima-se que Rowling, nai de tres fillos, ten unha fortuna de 780 millónes de euros, o que a converteu na primeira escritora multimillonária.
Harry Potter and the Deathly Hallows, o sétimo e derradeiro libro da série do neno meigo, convertiu-se no libro de venda máis rápida da histária cando foi lanzado en xullo. Máis de 11 millóns de cópias vendéran-se na nas primeiras 24 horas só nos Estados Unidos e Inglaterra.</description>
Os cregos usan HALO 3 para atrair aos rapaces
	<description>[16:38 21/10/2007] Os tempos nos que a igrexa organizaba grupos de rapazolos para sair de excursión ou facer actividades comunais ao aire libre xa pasaron de moda. Agora os pastores deben adaptar-se aos novos estilos de vida da mocidade, como así acontece con moitas igrexas americanas que decidiron organizar veladas de Halo 3 para atrair novos fregueses.
O polémico videoxogo, que bateu récords de vendas nas suas dúas primeiras entregas e saiu á venda o pasado 25 de setembro, é unha violenta aventura épica no espazo na que os xogadores tomarán o control do Xefe Mestre nunha misión contra os Covenant e os Flood para salvar á humanidade.
Pero iso non impide aos responsábeis de templos e centros xuvenís de várias confesións protestantes, entre elas igrexas evanxélicas que desaconsellan o lecer violento, celebrar veladas de Halo que gozan de grande aceptación. Os cregos fornecen os seus centros con múltiples consolas de videoxogos para que docenas de adolescentes poidan agolpar-se ao redor de enormes pantallas e disparar aos malos.
Non embergantes, algúns pais, moralistas relixiosos e pastores din que Halo podería ter unha influenza corrosiva: "Se queren conectar cos adolescentes e arrastra-los á igrexa, poden consegui-lo con alcool e películas pornográficas gratis", dixo James Tonkowich, presidente do Institute on Religion and Democracy, un grupo sen ánimo de lucro que avalía as políticas das diferentes confesións. "Na miña opinión, póde-se facer algo millor".</description>
Lucas quere máis guionistas
	<description>George Lucas[0:41 21/10/2007] Calquera cousa que faga George Lucas é nova de interese, e máis se está a se encontrar con guionistas para a súa longamente agardada série televisiva sobre o mundo da Guerra das Galáxias con acción real.
Fontes anónimas ás que tivo acceso NOVA FANTASIA citaron plans de Lucas para recrutar a moitos "freelancers" que pasen unha semana no Rancho Skywalker, a residéncia do cineasta, para que no mes de novembro dean con novas ideias para a série.
Seica Lucas indicou o seu desexo de incluir a guionistas doutros países e non só americanos. Estes guionistas deberán logo espallar-se e escribir os trece primeiros episódios que serían producidos e financiados por Lucas.
Cando Lucas comezou a recrutar guionistas de Hollywood por primeira vez en febreiro de 2006, a súa intención orixinal era producir 26 episódios antes de que logo se puxese a procurar un parceiro nunha canle de televisión.</description>
Actores á procura da Liga da Xustiza
	<description>[0:40 21/10/2007] George Miller, o director da vindeira produción sobre a Liga da Xustiza de América, voóu dende a súa Austrália natal até os Estados Unidos a pasada fin de semana para participar nuns cástings nos que procuraba actores novos para o seu longamente agardado filme de super-heroes.
O maratón de cástings escomezou o 14 de outubro e continuou o día 15, con 35 ou 40 actores a proba por diversos papeis, incluindo Superman, Wonder Woman, Batman, Flash, Aquaman, Lanterna Verde ou o Detective Marciano. Ademáis, tamén se puxeron a proba algúns papeis de persoaxes non super-heróicos.
Entre os participantes no cásting estiveron Adam Brody (O.C.), Joseph Cross (Running With Scissors), D.J. Cotrona (Windfall), Mary Elizabeth Winstead (Destino Final 3), Michael Angarano (Sky High), Teresa Palmer (Wolf Creek), Max Thieriot (Jumper) e mais o rapeiro Common.
O reparto da série da NBC Friday Night Lights tamén estivo prepresentado con Minka Kelly, Adrianne Palicki e Scott Porter nos cástings, nos que non houbo disfraces nin vestiário especial involucrado, senón soamente actores lendo páxinas redactadas, segundo puideron saber os nosos informantes.
Miller está á procura de actores que vaian medrando nos seus papeis ao longo de várias películas. As nosas fontes confirmaron que Miller, coñecido por ser un director moi meticuloso, non está só a probar os papeis en si mesmos, senón tamén a examinar a interactuación dos actores co resto do grupo. Agárda-se que o director dea a coñecer as súas conclusións aos estudos a meiados da semana que ven.</description>
MacKellen faría o Hobbit
	<description>Sir Ian MacKellen[0:40 21/10/2007] Sir Ian McKellen, que está a rematar a parte americana da xira que está a levalo por todo o mundo coa obra O rei Lear, dixo á prensa que non lle importaría repetir o seu papel de Gandalf no proposto filme O Hobbit, se é que se chega a rodar.
As relacións entre a New Line Cinema e mais o director de O Señor dos Aneis Peter Jackson afrouxáron-se un pouco ultimamente, abrindo de novo a porta a Jackson para que poidera dirixir a precuela, baseada tamén nun libro de J.R.R. Tolkien.
McKellen confesou que aplaudiría que Jackson se encargase do Hobbit pero que tiña a benzón do director, premiado cun Oscar, para interpretar a Gandalf dun ou doutro xeito.
"Cando Peter anunciou que abandoara o proxecto do Hobbit, envioume un e-mail dicindo 'Porque eu non-o vaia facer, non sinifica que ti teñas que facer o mesmo. Por suposto, ti deberías interpretar a Gandalf xa sexa eu o director coma se non'", dixo McKellen.
McKellen engadiu: "Estou contento de ler que cada vez semella máis probábel... ficaría decepcionado se non queren ao Gandalf orixinal. Supoño que se aínda estou en activo e traballando ben, é moi probábel que me pidan facelo, e se mo piden, estarei encantado de o facer".</description>
O Orfanato, o filme español máis visto
	<description>[0:40 21/10/2007] El Orfanato converteu-se, nos seus primeiros días de exhibición, na película española máis vista do ano. En tan só catro días xa recadou case 6 millóns de euros e ao redor dun millón de espectadores acudiron ás salas de cinema para ver a fita producida por Telecinco.
A película de Fernando Bayona estreou-se o pasado 11 de outubro e nestes catro días xa foi vista por un millón de espectadores, recadando case seis millóns de euros (concretamente, 5.875.000 euros). Estas cifras convirten O Orfanato na segunda millor estrea da história do cinema español e no filme español máis visto do ano.
O filme chegou ás pantallas avalado por excelentes cifras en vendas internacionais e após de se converter nunha das sesións máis aplaudidas no Festival de Cannes, colleitar éxitos nos Festivais de New York e Toronto e inaugurar o Festival de Cinema de Sitges.
O primeiro traballo de Bayona foi seleccionado pola Académia de Cinema para representar a España na 80ª edición dos Oscar na categoría de Millor Filme Estranxeiro.</description>
Pine será Kirk
	<description>Chris Pine[0:40 21/10/2007] Chris Pine é o gañador do cobizado papel do capitán James T. Kirk na vindeira produción de J.J. Abrams da saga de Star Trek, segundo un "post" do director Joe Carnahan no seu blogue oficial.
Carnahan escribiu que Pine abandonou o filme do mesmo Carnahan, White Jazz, para se incorporar ao papel do xoven Kirk en Star Trek. "O homiño que ía interpretar a Junior Stemmons optou por ir 'a onde ningún home chegou antes' e asemade, tivo que abandoar White Jazz", escribiu Carnahan.
O cásting de Pine produciu-se hai unhas semanas e o actorestivo na boca dos rumores dende aquela.
Pine (Just My Luck e Smokin' Aces) úne-se a un reparto que xa inclúe a Zachary Quinto, Leonard Nimoy, Eric Bana, Simon Pegg, Anton Yelchin, Zoe Saldana e John Cho.
Star Trek está prevista para escomezar a se producir o mes que ven, coa vista posta nunha posíbel estrea para o día de nadal de 2008.</description>
O cinema perde espectadores por mor de HALO 3
	<description>[0:40 21/10/2007] A indústria cinematográfica americana xa non sabe o que facer para excusar-se e ven de acusar directamente ao videoxoego supervendas Halo 3 (da consola Xbox 360 de Microsoft), lanzado en todo o mundo a finais de setembro, da baixada de espectadores que sufriron as salas de cinema do país este mes.
Os mozos non van ao cinema por xogar na casa con Halo 3, segundo a indústria do cinema. Os seus ingresos foron duns 90 millóns de dólares na primeira fin de semana de outubro, un 27% menos do que se ingresou en 2006, o que supón a billeteira máis pobre dende outubro de 1999.
Segundo a indústria, o público do xogo Halo 3 comprende a mozos de entre 18 e 34 años, un espectro que coincide coa audiéncia maioritária das salas de cinema.
Con este dato queren dar a entender que os habituais espectadores do cinema deixaron de acudir ás salas por ficar na casa xogando á consola.
Pola sua banda, Microsoft pide a Hollywood que se preocupe por coidar a calidade dos guións das suas películas no canto de acusar a outros sectores do entretimento dos seus fracasos.</description>
A Universal deixa Barbarella
	<description>Barbarella[0:39 21/10/2007] A Universal Pictures podería ter abandoado o proxecto de Robert Rodriguez de facer o remake do clásico da ciéncia-ficción dos anos 60 Barbarella, á súa vez baseado no persoaxe do cómic francés.
Segundo fontes anónimas, a Universal rexeitou o proxecto porque Rodriguez (Sin City) insistiu en incluir no reparto á súa nova moza, Rose McGowan, e nada menos que no papel protagonista que no seu día fixera Jane Fonda en 1968. Daquela, Fonda tamén fora dixirida polo seu home, Roger Vadim. McGowan xa foi a protagonista doutro filme de Rodriguez, o recente Planet Terror, que é a súa metade do proxecto Grindhouse.
Barbarella, baseado nun cómic francés, vai sobre unha astronauta que viaxa pola galáxia, conquistando todo coas súas dotes coma seductora polo camiño.
Pola súa banda, Rodriguez dixo que os estudos non quixeron facer a película por mor dos cartos que lles ía custar.</description>
"The Fall" gaña en Sitges
	<description>[23:51 14/10/2007] O filme The Fall, de Tarsem Singh, levou onte o prémio á millor película do Festival de Cinema de Sitges, ainda que Rec, dos españois Jaume Balagueró e Paco Plaza, foi a gañadora moral ao se levar os Prémios á Millor Actriz e ao Millor Director, o da crítica e mais o do público.
A película gañadora da sección competitiva Fantàstic do festival, The Fall, exhibiu-se en Sitges o primeiro día de proxeccións e é a segunda longametraxe de Singh, un realizador de vídeo-clips nacido na Índia en 1961.
Rec levou dous prémios da sección competitiva Fantàstic e está dirixida polo catalán Jaume Balagueró e mais o valenciano Paco Plaza e a sua protagonista feminina é Manuela Velasco.
O filme español acadou tamén o Grande Prémio do Público e mais o da Crítica, ademáis dunha mención especial do prémio Meliès d'Argent, o galardón europeo ao millor cinema fantástico.
O filme xaponés Sukiyaki Western Django, de Takashi Miike, acadou tamén dous prémios, o do Millor Deseño de Produción e a Millor Fotografía.</description>
O novo Capitán América
	<description>[23:51 14/10/2007] A Marvel Comics ven de desvelar o novo look para o seu clásico súper-heroe Capitán América, só seis meses despóis de que nas páxinas dun cómic Steve Rogers (a identidade secreta do heroe) resultara asasinado.
O premiado artista Alex Ross deseñou ao novo capitán e creou unha nova capa para o número 34 da série, correspondente ao mes de xaneiro, e que marcará o debut do novo Capitán América.
"O Capitán América é ún dos auténticos super-heroes representativos do noso tempo, e para deseñar a nova fasquía dun novo Capi tivemos que ir a polo máis representativo e eminente debuxante do noso tempo, Alex Ross", dixo nun comunicado oficial o presidente da división editorial da Marvel, Dan Buckley.
O número 34 do Capitán América sairá con dúas capas representando ao Capitán: unha de Ross e outra do debuxante habitual da série, Steve Epting.</description>
A Salvación chega para o Terminator
	<description>[14-Out-2007 19:20] A Warner Brothers ven de adquirir os dereitos de distribución para América do Norde de Terminator Salvation: The Future Begins, dando comezo a unha produción para primeiros de 2008 dun filme que pretende reinventar a famosa saga dos cyborgs cun argumento que será narrado ao longo de tres películas.
O filme pretende relanzar a franquía cunha história ambientada no futuro, en plena guerra entre os robots da Skynet e a humanidade. A Warner planea lanzar Terminator Salvation no verán de 2009.
O guión xa foi completado polos mesmos escritores de Terminator 3 John Brancato e Michael Ferris, e agárda-se que axiña haxa un director para o proxecto. Non está claro se Arnold Schwarzenegger, o Terminator orixinal e actual governador de Califórnia, terá un papel no filme.
Os produtores dixeron que o novo filme terá o tamaño e mais o orzamento dos que dispuxera Terminator 3, o que suporá uns 200 millóns de dólares.
Asimesmo, a Warner está a producir unha adaptación da saga para a pequena pantalla, Terminator: The Sarah Connor Chronicles, que emite a canle Fox.</description>
Bule-bules trekianos
	<description>[14-Out-2007 19:20] Roberto Orci, quen xunto ao seu parceiro Alex Kurtzman é o autor do guión, confirmou que o filme está baseado nos persoaxes principais do capitán Kirk, Spock e mais o Dr. McCoy.
"Esa é unha grande parte do que estamos a facer", revelou Orci. "Tedes razón en que a súa interacción e o xeito no que se enfrontan ao imposíbel é o tema principal de Star Trek, e iso non é diferente na nosa película".
Nembergantes, Orci declinou comentar os rumores sobre o cásting. "Temos ideias, e algunha das que se rumoreou xa foi considerada [para Kirk]", dixo. "Non estamos a agochar ren, coma estades a especular. Non é raro e tentamos acadar o millor reparto posíbel, mentres os teñamos para a rodaxe, iso é o que nos desacouga".
Os penúltimos rumores especulan coa posibilidade de que o recén chegado Chris Pine estea en conversas para interpretar ao capitán James T. Kirk no vindeiro filme de Star Trek que dirixirá J.J. Abrams, uníndo-se asemade a Eric Bana, xa recrutado para interpretar ao principal malvado, Nerón.
Non está ainda aclarado se Bana interpretará a un persoaxe humano ou a un membro dalgunha raza álien, coma un Klingon.
O traballo máis salientábel de Pine até de agora fora o de protagonista masculino no filme de 2006 de Lindsay Lohan Just My Luck. Tamén interpretou a un asasino neo-nazi en Smokin' Aces.
Entre os membros xa confirmados do reparto están Anton Yelchin coma Chekov, Zachary Quinto coma Spock e Zoe Saldana no papel de Uhura.
Orci deixou caer que outros persoaxes menores da série poderían aparecer tamén, coma o caso do axudante Rand ou a enfermeira Chapel. "Si", engadiu, "non podo dicir cales. Preocúpannos todos, pero tede en conta que non podes meter a todos nun primeiro filme só por metelo. A nosa espranza é que este sexa o noso 'primeiro filme' de moitos, así que todo o mundo omitido estará decontado na lista para o segundo filme. É un factor de que pode tolerar un filme e como de ben pode funcionar un persoaxe, e se non pode funcionar axeitadamente, preferimos metelo despóis que tratalo mal agora".
Orci dixo que Kurtzman e el completaron un novo boceto para o guión do filme. "É millor", dixo. "É máis forte. O malvado é moito millor; nun primeiro esbozo tendes a te enfocar nos teus heroes. E teño que dicir que unha chea de cousas que limos nos portais de fans da Internet axudounos moito para este segundo esbozo".
As nosas fontes indícannos que este Star Trek comezará a se rodar en novembro e rematará en marzo. O filme ten prevista a súa estrea para o día de nadal de 2008.</description>
Halcyon fai-se cos dereitos de Dick
	<description>[14-Out-2007 19:20] A empresa Halcyon ven de adquirir os dereitos para desenvolver filmes, séries de televisión, e outras producións baseadas nas obras do lendário escritor de ciéncia-ficción Philip K. Dick en conxunción coa Electric Shepherd Productions, a compañía que posúe os dereitos da herdanza de Dick. Os detalles deste acordo, ao que tivo acceso en primícia NOVA FANTASIA, ainda non foron dados a coñecer.
As obras de Dick xa foran adaptadas anteriormente en nove filmes, entre os que se inclúen Blade Runner, Desafío Total, Minority Report e A Scanner Darkly.
Estas obras inclúen máis de 120 contos e 45 novelas, verdadeiros clásicos coma Ubik, The Man in the High Castle, The Three Stigmata of Palmer Eldritch e The Transmigration of Timothy Archer.
"A biblioteca e mais o legado do noso pai é moi importante para nós, e esforzarémonos en obtér os máis altos niveis de integridade para cada proxecto que produzamos baixo este novo acordo coa compañía Halcyon", dixo nun comunicado a filla de Dick, Isa Dick Hackett, quen xunto coa súa irmá Laura Leslie é a propietária da Electric Shepherd.</description>
Unha Nobel de ciéncia-ficción
	<description>Un Nóbel de ciéncia-ficción
Doris Lessing[18:01 11/10/2007] A escritora inglesa Doris Lessing é a gañadora do Prémio Nóbel de Literatura 2007, segundo ven de anunciar a Académia Sueca.
Doris Lessing naceu o 22 de outubro de 1919 en Kermanshah, Pérsia (actualmente Irán), e é filla de pais ingleses. O seu pai, oficial do exército inglés, foi vítima da Primeira Guerra Mundial, na que sofriu graves amputacións. Cando contaba con seis anos, a súa família, atraída pola promesa de facer fortuna cultivando millo, tabaco e cereais, trasladou-se a Rhodésia, unha antiga colónia inglesa, hoxe Zimbabwe, onde pasou a súa infáncia e mocidade.
En loita constante con súa nai, Doris desexando fuxir do seu autoritarismo abandonou aos quince anos os seus estudos, que proseguiu de maneira autodidacta, e púxo-se a traballar coma auxiliar de clínica. Frustrada polos desenganos dalgunhas aventuras amorosas pasaxeiras, empezou a escribir as suas primeiras novelas plagadas de pantasmas, das que vendeu dúas a unhas revistas sudafricanas.
En 1939, cando tiña 19 anos, casou cun funcionário, Frank Wisdom, co que tivo dous fillos. En 1943 divorciou-se e uniu-se a un grupo de ideias comunistas. En 1944 casou por segunda vez, con Gottfried Lessing, co que tivo o seu terceiro fillo.
A obra de Doris Lessing ten moito de autobiográfica, inspirándo-se na súa experiéncia africana, na súa infáncia e nos seus desenganos amorosos e políticos. Adoita tratar temas coma os conflitos culturais, a desigualdade racial, a contradición entre a consciéncia individual e o ben común. En 1956, os governos racistas prohibíron-lle a entrada en Sudáfrica e Rodésia.
Nos anos 70 e 80, Lessing comeza a explorar outros eidos, animada polo remate case místico do seu persoaxe Anna Wulf en O caderno dourado, a súa novela máis famosa, e polo de Children of Violence. A súa "ficción espacial interior" trata de fantasías cósmicas (Briefing for a Descent into Hell, 1971), paisaxes de ensoño e outras dimensións (Memoirs of a Survivor, 1974), e análises en clave de ciéncia-ficción de outros planos da existéncia (Canopus in Argos: Archives, 1979-1983). Todo isto reflicte o interese de Lessing dende os anos 60 en Idries Shah, autor cuxos escritos sobre misticismo sufí enfatizan a evolución da conciéncia e a crenza de que a liberación individual só pode chegar se a xente comprende os vencellos entre o destino de seu e mais o da sociedade.
Capa dun dos seus libros en portuguésDoris Lessing converteu-se nunha escritora de ciéncia-ficción case exclusivamente coa súa saga de 5 tomos Canopus in Argos. O primeiro libro da série, Re: Colonised Planet 5, Shikasta, foi publicado en 1979. O cuarto, The Making of the Representative for Planet 8, mesmo foi adaptado por Philip Glass e convertido nunha ópera, con libreto da autora.
Este xiro de Lessing cara á ciéncia-ficción non foi ben acollido polos críticos, aos que respondeu que do que non se decatan [os críticos] é que na ciéncia-ficción está algunha da millor ficción social do noso tempo. E tamén admiro a ciéncia-ficción clásica, coma a de 'Blood Music' de Greg Bear. É un grande escritor.
O ano pasado, nunha conferéncia que ofreceu en Segóvia (España), dixo: A conciéncia no mundo que vivimos téñena os científicos, e nembergantes, non queremos escoitalos. Lessing defendeu a literatura de ciéncia-ficción para tratar as circunstáncias e os problemas do mundo actual: A fantasía é o millor vehículo para falar do mundo que nos rodea.
O Nóbel de Literatura está dotado con 10 millóns de coroas suecas (1,1 millóns de euros) e entregará-se xunto ao resto dos galardóns o 10 de decembro, no aniversário da morte do seu fundador, Alfred Nobel. A Académia calificou a Lessing de autora épica da experiéncia feminina, que con escepticismo, paixón e poder visionário someteu a unha atenta ollada a unha civilización dividida.</description>
Os creadores de Halo abandoan Microsoft
	<description>Halo 3[20:16 07/10/2007] Bungie Studios, a empresa que creou en colaboración con Microsoft a exitosa saga de videoxogos Halo, ven de anunciar que volverá funcionar coma compañía independente, ainda que seguirá colaborando estreitamente co xigante informático.
Microsoft manterá unha pequena participación na nova compañía, e seguirá publicando as novas entregas de Halo que poidan producirse no futuro. Bungie, en todo caso, anúncia xa a sua intención de non se centrar únicamente na produción de títulos para a Xbox 360 (que pertence a Microsoft), e lanzará xogos tamén para outras plataformas.
A empresa de Bill Gates mercou Bungie en 2000, nun intre no que preparaba o lanzamento da primeira versión da sua consola Xbox e precisaba dar-lle púlo á súa liña de videoxogos.
Sete anos despois, Halo 3 converteu-se, segundo fontes da mesma compañía informática, no videoxogo que máis vendeu nos seus primeiros días nas tendas. En tan só unha semana (o xogo chegou ás tendas de todo o mundo o pasado mércores) compraron-se unidades de Halo 3 por valor de 300 millóns de dólares, uns 212 millóns de euros.
Un xugoso pastel do que Microsoft non quere desprender-se. Manterá a propiedade intelectual do xogo, ao tempo que apoia "o desexo de Bungie de volver ás suas raíces independentes", segundo explicou o presidente da división de xogos da compañía de Redmond.</description>