Homepage
O Índice
As novas
Lista de Correio
Procuras
A Tenda
Os xogos
Publicidade
Contactar
O RSS en NOVA

NOVA FANTASIA RSS

O RSS en NOVA

Agora podes estar ao día doadamente con NOVA FANTASIA RSS!

O que é RSS?

É unha tecnoloxía que envía automáticamente os titulares dun médio de comunicación a un programa lector ou engadidor. NOVA FANTASIA incorpora este servizo gratuito na sua páxina Web para que os seus lectores coñezan ao instante as novas máis salientábeis.

O seu funcionamento é sinxelo: existen uns programas chamados lectores ou engadidores, que son os encargados de lér as fontes RSS que conteñen as actualizacións. Grazas a estes engadidores, nun mesmo lugar recibe-se toda a información actualizada dos sítios nos que se suscribiu o usuário, de xeito que evita tér que acudir a multitude de páxinas para obtér esa información.

Grazas á tecnoloxía RSS poderás coñecer se o sítio Web de NOVA FANTASIA foi actualizado recentemente, se hai novas páxinas accesíbeis ou se a páxina das novas contén novidades, todo elo sen necesidade de entrar na nosa Web.

O que necesitas?

1º. Un programa lector RSS

Debes conseguir un lector RSS. Este progrma será a ferramenta que extraerá as novas e te avisará dos novos contidos.

Aquí tes unha listaxe con algúns destes programas, para que poidas elixir segundo a túa plataforma e sistema operativo:

2º. Engadir o seguinte enderezo ao teu lector de RSS:

feed://http//novafantasia.com/novas/feed/

 

linha

Copyright © 2007 DUMBRIA.NET