Red MarsA canle de televisión AMC está a desenvolver Red Mars, unha série baseada na novela homónima do ano 1982 de Kim Stanley Robinson, e que nesta ocasión conta cun guión e a produción executiva de Jonathan Hensleigh (o mesmo de Armageddon).

O famoso libro de Robinson, gañador do prémio Nebula, narra a história da primeira colónia humana asentada no planeta vermello. Ademáis de Hensleigh, na produción executiva estarán Michael Jaffe e Howard Braunstein da Jaffe Braunstein Entertainment e Vince Gerardis, Ralph Vicinanza e Eli Kirschner da Created By.

A AMC non é nova nisto de facer séries de ciéncia-ficción: a mesma canle está a preparar un remake da série dos anos 60 O Prisioneiro, que protagonizarán Jim Caviezel e Sir Ian McKellen.



George RomeroO mítico director de A noite dos mortos vivintes, George Romero, non se rinde no seu intento de destruir a todos os zombis, porque está a comezar a produción doutro thriller, ainda sen título, peroque tamén terá como macabros protagonistas aos non-mortos.

O filme máis recente de Romero fora Diary of the Dead, o polo de agora último capítulo da súa franquía de zombis.

Respeito ao seu novo filme, Romero é o autor do guión e comezou a rodaxe esta semana en Ontario (Canadá). O argumento vai sobre os habitantes dunha illa afastada da costa de Norte América que descubren que os seus devanceiros érguen-se das súas tumbas para devoraren aos seus descendentes. Os líderes da illa non saben se matar de novo aos seus antergos reanimados ou se mante-los prisioneiros mentres procuran unha cura ao seu mal.

O reparto inclúe a Alan Van Sprang, Kenneth Welsh, Kathleen Munroe, Devon Bostick, Richard Fitzpatrick, Stefano Colacitti e Athena Karkanis.



Indiana JonesA ideia sobre unha quinta película baseada no persoaxe de Indiana Jones xa ronda a cabeza de George Lucas, de cuxo enxeño naceron todas as fitas do popular arqueólogo, segundo revelou hoxe Harrison Ford, o protagonista da saga.

É unha loucura, pero é xenial“, dixo Ford, de 66 anos. “George atópa-se no modo pensativo agora mesmo“.

A cuarta película da franquía, Indiana Jones e o reino da caveira de cristal, estreada o 22 de maio nos Estados Unidos, recadou uns 770 millóns de dólares nos cinemas de todo o mundo.

É algo automático, de verdade, fixémo-lo ben coa última e ao ser unha experiéncia positiva non é abraiante que algunhas persoas queiran volver face-lo“, explicou o actor.

O intérprete, nombergantes, non quixo especificar a quen se lle ocurriu a ideia de volver rodar un filme máis da saga, se a el mesmo, a Lucas ou ao director Steven Spielberg, que foi o realizador das catro fitas rodadas até de agora sobre ese persoaxe.

(A ideia) ven da mesma natureza das cousas (…), por suposto o éxito ofrece oportunidades…“, comentou Ford.

Nombergantes, o actor non quere saber ren dun posíbel Indiana Jones en debuxos animados, camiño que recentemente tomou a saga da Guerra das Galáxias, tamén creada por Lucas.

Non estou filosóficamente en contra de facer papeis animados, pero non con Indiana Jones“, asegurou. “Odiaría ve-lo reducido dese xeito a partir das películas que fixemos e a maneira na que as fixemos“.



Jonathan LiebesmanJonathan Liebesman está en negociacións para dirixir Battle: Los Angeles, un filme de ciéncia-ficción de acción que producirá Neal Moritz e mais a súa compañía, a Original Films, para a Columbia Pictures.

A história vai sobre os encontros dun pelotón de marines nunha feroz batalla contra unha invasión extraterrestre polas rúas de Los Angeles.

Liebesman derrotou a moitos outros futuríbeis para este traballo grazas a unha fantástica presentación que amosou a súa visión específica e a súa paixón polo proxecto, que describiu coma unha mistura entre Black Hawk Derrubado e Independence Day.

En agosto, Liebesman saira á procura de localizacións por Santa Monica, Califórnia, e polo centro de Los Angeles, rodando secuéncias e ilustracións e engadindo áliens creados por computador. Ademáis tamén creou unha secuéncia de invasión alieníxena para previsualizar.

O realizador sudafricano xa dirixira anteriormente The Texas Chainsaw Massacre: The Beginning and Darkness Falls.



O oso YogiA Warner Bros. Pictures está a desenvolver unha longametraxe que versionará a clásica série de televisión en debuxos animados da Hanna-Barbera O oso Yogi.

Ash Brannon (Surf’s Up) dirixirá este filme, mistura de acción real con debuxos animados pero que será esencialmente realizado con actores de carne e óso. Tan só o oso Yogi e mais o seu compañeiro Bubú serán realizados con debuxos animados por computador.

O mesmo cá popular série dos anos 60, as peripécias de Yogi terán lugar no parque de Jellystone, onde el e mais Bubú terán que procurar evitar ao seu rival, o Ranger Smith mentres viven aventuras de humor lixeiro apto para todos os públicos.

Os produtores executivos da série That ’70s Show Joshua Sternin e Jeffrey Ventimilia serán os encargados de escribir o guión para a De Line Pictures.



BlindnessO filme Blindness (A cegueira), adaptación cinematográfica da exitosa novela Ensaio sobre a cegueira (1995) de José Saramago, estrea-se nos Estados Unidos este venres entre as protestas vertidas por unha federación de invidentes. O seu presidente, Marc Maurer, declarou á canle CNN que “o filme representa aos invidentes coma monstros“. O filme, inspirado no romance do prémio Nobel de Literatura, conta o caos que se apodera da sociedade cando unha enfermidade deixa cegos aos seus cidadáns.

O cineasta brasileiro Fernando Meirelles quixo reflectir con fidelidade a trama ideada polo escritor portugués: un mundo dominado de súpeto polos instintos mais primários dos seus povoadores despois de que todos agás un, o personaxe interpretado por Julianne Moore, ficasen cegos por mor nun andazo.

Plantexa cuestións sobre a evolución humana, representa-nos de forma crítica, pero non sinala nunha dirección concreta cara onde ir“, asegurou Meirelles. “É unha história que debe xerar preguntas, non respostas“, aclarou o director do filme, nominado este ano á Palma de Ouro do Festival de Cannes.

Pero a Federación Nacional de Cegos de Maryland (NFB) rexeita o dilema ético plantexado e anunciou que planea protestar nos cinemas americanos onde se estree Blindness con cartaces con lemas coma “Eu non son un actor pero interpreto a un cego na vida real“.

Blindness foi un proxecto que estivo enriba da mesa de numerosos produtores dende que José Saramago publicase Ensaio sobre a cegueira, ainda que o autor portugués rexeitou moitas propostas antes de converter en filme a súa novela.

Sempre resistin, porque é un libro violento sobre degradación social e non queria que caise en mans enganadas“, dixo Saramago nunha entrevista en 2007, ainda que finalmente accedeu á oferta dos estudos independentes Rhombus Media, con sede en Toronto. Segundo o guionista e actor, Don McKellar, o escritor queria evitar que a sua trama se convertese nun filme de zombis.




Breves
  • O xurado do undécimo Prémio Manuel de Pedrolo ven de declarar o prémio deste ano deserto. Segundo o voceiro, Miquel Barceló, "ningún dos orixinais tiña calidade abondo para ser proclamado gañador, polo cal e despois de intensas deliberacións, o xurado preferiu deixa-lo deserto". Este é o primeiro ano que este prémio, o principal en língua catalana adicado á narrativa de ciéncia-ficción, fica desierto.

  • Os fans de Superman recadaron 100.000 dólares para salvar a casa en ruinas de Cleveland onde hai máis de 70 anos foi creado o Home de Aceiro polo guionista Jerry Siegel e mais o debuxante Joe Shuster. Os cartos foron recadados ao longo dun mes grazas a unha inciativa do novelista Brad Meltzer e a un programa na canle de televisión NBC. Ainda que o obxectivo eran 50.000 dólares, finalmente recadou-se máis do dobre, o que se aproevitará para reformar a casa por dentro e por fóra.

  • O festival "Obuxo, Festival de Cine Extraño y Agroterror", que se desenvolveu en Huesca (España) do 29 ao 31 de agosto, outorgou o segundo premio a Da man da Raíña Vermella de Omar Rabuñal, unha curtametraxe galega experimental que aborda a multidimensionalidade do tempo dentro dunha estrutura de thriller fantástico.

  • Onte 25 de setembro ás cinco da tarde (coma non podía ser menos, tratándo-se de España) arrincou en Almería a 26ª edición da convención nacional do xénero fantástico español, a Hispacon. A inauguración oficial tivo lugar ás 7 e média do serán baixo a presidéncia do Reitor da Universidade de Almería Pedro Molina e mais o escritor José Carlos Somoza.

  • Brisingr, o terceiro volume do ciclo fantástico A Herdanza de Christopher Paolini, vendeu 550.000 exemplares no seu primeiro día de lanzamento nos Estados Unidos, que foi o pasado 20 de setembro, o que o convirte no récord de vendas máis salientábel da editorial Random House. Paolini ten previsto escribir unha cuarta entrega da súa saga para remata-la, pero ainda non hai data de publicación prevista.

  • Billy Crystal unirá-se a Dwayne Johnson no reparto de Tooth Fairy, a comédia fantástica da Fox que comezará a se rodar o luns en Vancouver, Canadá, baixo a dirección de Michael Lembeck. Johnson é o protagonista xunto a Ashley Judd, Julie Andrews, Stephen Merchant e Ryan Sheckler.

  • Búsca-se un "superheroe" para a curtametraxe Xogo de nenos, de Pachi Baranda. A produtora Os filmes da pintega está á procura de nenos e nenas de 6 a 9 anos para participaren nunha curtametraxe centrada no mundo infantil. A cita para este casting é o sábado, día 4 de outubro, no Coléxio de Boborás (Ourense), ás 16:00.

  • A segunda cadea de TVE (La 2) estreou anoite a série Plutón BRB Nero cun seguemento do 5,8%. Un total de 844.000 espectadores viron o capítulo El origen de Roswell. A série logrou superar a média diária de La 2. Antes, as reposicións de Perdidos tiveron que se conformaren con médias do 3% (552.000) e do 3,5% (624.000).

    •  

  • Publicidade