O Mormonismo en Resumo
por Fran Morell
Quen
son eses indivíduos de camisa branca, traxe e garavata que mesmo
no verán aparecen por todas as partes detendo á xente na rúa
e tentando convencernos de que o seu deus é o verdadeiro? Nesta reportaxe
imos tentar descobri-lo cunha aproximación moi de preto.
O mormonismo ensina
que deus era antes un home noutro planeta e que chegou a ser un deus por ter
seguído as leis e ordenanzas do seu próprio deus no seu planeta
de orixe. No seu presente estado divino, deus governa o noso mundo.
El ten un corpo
de carne e oso e, segundo o mormonismo, ten unha esposa, tamén divina.
Xa que ámbolos dous son persoas exaltadas, cada unha posue un corpo físico.
No seu estado exaltado, divino, teñen relazóns sexuais das cales
se enxendran espíritos fillos que medran e maturan no ámbito espiritual.
O primeiro fillo nado foi Xesús, e logo viñeron o diaño
e outras moitas criaturas espirituais.
Despóis de que estes fillos nacen da parella divina no ceu, baixan e entran nos corpos dos bebés que nacen na terra. A causa do proceso de "compresión" implicado ao tornarse nenos, toda memória da súa preexisténcia desaparece. Segundo o mormonismo toda a xente primeiro naceu no ceu e logo na terra, onde deben medrar, aprender e retornar a Deus.
Deus o pai, que é chamado Elohim, precisaba un plano para a futura salvación da xente da terra. Xesús ofereceu un plano, e Lucifer outro.
Elohim aceitou o plano de Xesús e rexeitou o plano de Lucifer. Este último volveuse celoso e rebelou-se. Na sua rebelión, persuadiu a un tércio dos espíritos que existian no ceu para que o seguisen e opuxesen-se a Deus. Xa que Elohim era mais poderoso cós rebeldes, maldeciunos e fixo que estes espíritos se tornasen demos.
Dos demáis espíritos, un tercio do total puxo-se do lado de Xesús. Xa que escolleron o mellor, teñen o priviléxio de nacer en famílias brancas.
O tércio restante, que non tomou partido nen por Xesús nen por Satán, sofreu a maldición de nacer en famílias de pel escura.
No plano mormón de salvación requeria-se un salvador, Xesús. Pero el era un espírito no ceu.
Para que pudese nacer na terra, Brigham Young, segundo Profeta mormón, dixo que no canto de permitir que nengun home o fixese por el, Deus o pai enxendrouno de María. Young dixo que a xerazón do Salvador foi tan natural como a dos nosos pais. Isto eséncialmente significa que Deus o pai descendeu do ceo e tivo relazóns sexuais con María, un dos seus espíritos fillas, para producir o corpo de Xesús.
Entón Xesús naceu, casou e tivo fillos. Morreu na cruz, pero en realidade pagou polos nosos pecados antes de ir á cruz, no xardin de Xetsemaní.
Os homes e mulleres mormons teñen a posibilidade de chegar a ser deuses. Un famoso dito mormón di: "O home é como Deus unha vez foi. Como Deus é agora, o home pode chegar a ser". Para atinxir este estado exaltado unha persoa primeiro debe ser un bó mormón e pagar un dezmo completo á sua igrexa.
Posteriormente, pode entrar ao templo e pasar por rituais segredos: bautismo polos mortos, matrimónio celestial e vários xuramentos. Ademais, ao mormón fiel aprenden-se-lle catro apretóns de mans e catro apertas segredas, de modo cando ingrese ao terceiro nível do ceo mormón, o crente mormón no ceo poda apertar as mans de Deus e abrazá-lo segundo este modelo.
Este ritual celestial é esixido para poder acceder a este nível, o mais alto do ceo.
A exaltación, ou divindade, agarda a aquilos que atinxen o ceo máis alto. Entón a el ou ela (en realidade, por parellas) permitirá-se-lles ter o seu própria planeta e ser os deuses dos seus próprios mundos.
A orixe terrea
O mormonismo foi fundado por Joseph Smith, Jr., quen naceu o 23 de decembro de 1805 en Sharon, estado de Vermont, EE.UU. Foi o cuarto fillo de Joseph Smith e Lucy Mack. Joseph pai era coñecido como buscador de diñeiro e tesouros soterrados, en particular o do capitán Kidd. A sua mai era moi supersticiosa.
Joseph Smith, Jr. afirmou ter sido abordado por todas as diferentes denominacións do cristianismo e perguntaba-se cal seria a verdadeira. En 1820, aos 14 anos, foi aos bosques a orar verbo disto, e supostamente apareceron-se-lle Deus o Pai e Xesús, e dixeron-lle que non se unise a nengunha das igrexas denominacionais. Tres anos mais tarde, o 21 de setembro de 1823, cando tiña 17 anos, se lle apareceu o anxo Moroni, quen supostamente era o fillo de Mormón, un líder da aldea chamada nefita, que habitara a antiga América.
Moroni dixo ao xove que el, Joseph, fora eleito para traducir o Libro de Mormón que fora escrito e compilado por Moroni máis de mil anos antes. O libro estaba escrito sobre pranchas de ouro, e agocho preto de onde Joseph vivia por entón, en Palmyra, Estado de New York. Joseph dixo que o 22 de setembro de 1827 recebeu finalmente as pranchas e o anxo Moroni instruiu-lle para que comenzase a tradución.
Esta última foi finalmente publicada en 1830 co título de O Libro de Mormón. Segundo Joseph, durante o proceso de tradución apareceu-se-lle Xohán o Bautista e ordenou-lle realizar a obra divina de restaurar a verdadeira igrexa por meio da predicación do verdadeiro evanxeo que, supostamente, desapareceria da terra.
O Libro de Mormón aparece como un relato de tribos que viñeron ás Américas desde o Oriente Médio. Cobre o período desde 600 a.C. até 400 d.C. (tamén a história dunha migración anterior, dos xareditas, povo da época da torre de Babel, que emigraou a Centroamérica pero pereceu a causa da súa própria inmoralidade). A trama principal trata dun grupo de hebreos que fuxiron da persecuzón antes da caída de Xerusalén e, guiados por Deus, chegaron a América baixo o liderazgo dun home chamado Nefi.
A história relatada
Segundo o Libro
do Mormón, o povo sagrado dos mormóns son os xareditas, quen chegaron a América ao redor de 2247 a.C. após da destrucción da Torre de Babel, e alí construiron unha civilización. Os xareditas foron destruidos na batalla de Hill Cumorah (a cuíña de Cumorá), pero hai moito debate dentro da igrexa mormona verbo de onde está situada esta cuiña, nalgures entre o golfo de México e New York.
Aos xareditas seguiunos en 600 a.C. outro grupo de israelitas, chamados lamanitas e nefitas, quen supostamente foron os constructores dos túmulos índios do leste americano.
Cando comezou a guerra entre os lamanitas e os nefitas, os lamanitas finalmente gañaron e borraron do mapa aos nefitas.
Non embargantes, os lamanitas foron maldicidos por Deus polo seu comportamento pecaminoso e foron convertidos en índios de pel vermella.
Lóxicamente, e inda que os mormóns contan esta história como se fose unha verdade histórica, non hai nin a menor proba de que canto din sexa certo. Non hai probas arqueolóxicas que apoien minimamente este conto, que máis ben semella un patético esforzo por xustificar a supremacía do home branco sobre os nativos americanos: os lamanitas (que serían os nativos americanos) non soamente non son os habitantes orixinais de América, xa que os primeiros foron os xareditas, senón que cometeron un terrible pecado por mor do cal levarán a marca do crime para sempre: a súa pel vermella.
É exactamente o mesmo argumento que usaron os cristiáns brancos de Sudáfrica para xustificar o apartheid.
A chegada destes xudeus mariñeiros (que percorreron supostamente todo o mar Mediterráneo e despóis o Atlántico coma se tal cousa 3.700 anos antes ca Colón) non se corresponde nin coa chegada dos primeiros humanos a América do Norde (datada ao redor de 13.000 anos antes de Cristo) nin co florecemento de ningunha civilización americana. Isto causa problemas aos arqueólogos mormóns, que non poden detectar que ningunha civilización en Norteamérica teña a data correcta ou posúa as características atribuidas polo seu "libro santo" para encaixala dentro da súa fe.
O Libro do Mormón e a Arqueoloxía
As partes narrativas dentro do Libro do Mormón están adicadas ás supostas migracións dende a antiga Xudea a América. Supostamente aconteceron tres migracións: a primeira en 2247 a.C. dos xareditas, quen morreron en 600 a.C. na batalla de Hill Cumorah; a segunda e terceira migracións, dos nefitas e dos lamanitas, aconteceu após do ano 600 a.C. entre os tempos das victórias dos asírios e os babilónios sobre Israel e Xudá.
Os nefitas gardaron a Lei de Moisés, pero os lamanitas esqueceron as súas ancestrais crénzas, dando como resultado que "O Señor Deus provocou que unha negrura de pel caera sobre eles" (2 Nephi 5.21). De novo os nefitas foron eliminados en 421 d.C. nunha segunda batalla de Hill Cumorah.
Se estas afirmacións tan disparatadas sobre a história de América que narra o Libro do Mormón fosen certas, poderíamos ter a esperanza de atopar algún resto arqueolóxico que as confirmase.
Segundo o Libro do Mormón, o povo xudeu transatlántico espallouse de norde a sul e de mar a mar (Mormon 1.17), construindo cidades fortificadas e sinagogas (Helaman 3.8-9). Posuían metalúrxia (Jarom 1.8, 2 Nephi 5.15, Alma 43.18-19), trigo e cebada (Mosiah 9.9), acuñaban moedas (Helaman 3.7-12, Alma 11.5-20), domesticaron elefantes (!?), cabalos, vacas, ovellas, cabras e porcos (Ether 9.17-19), tiñan unha relixión organizada baseada ao redor dos templos e sinagogas (Jerom 1.8, Helaman 3.9), seda e liño (Alma 4.6, Ether 10.24), unha linguaxe escrita coñecida coma "exípcio reformado" (Helaman 3.15, Mormon 9.32) e unha tecnoloxía militar que incluía arcos e carros (3 Nephi 3:22).
Algúns membros da igrexa mormona apuntan a certos festivais estacionais índios e a outras xuntanzas dos nativos americanos como proba de que o Libro do Mormón é auténtico. A antiga vila de Kaminaljuyu (a actual Cidade de Guatemala) foi identificada con Nefi, unha vila mencionada no Libro do Mormón, mentres que unha cuíña no Estado de New York é identificada con Hill Cumorah (inda que hai algúns mormóns non ortodoxos que afirman que Hill Cumorah está en El Cerro Vigia, unha cuíña no sul de México).
A moderna ciéncia da xenética permitiu aos arqueólogos examinar os devanceiros dos actuais nativos americanos. Se foran descendentes dos lamanitas mencionados no Libro do Mormón, daquela atoparíamos fortes semellanzas entre o seu ADN e o dos actuais xudeus ou palestinos.
Pero o certo é que
non hai ningunha semellanza. O ADN dos actuais índios americanos só semélla-se
ao do actuais habitantes de Sibéria.
E ainda as cousas póñense pior. Non hai ósos nin sementes
das espécies descritas polo Libro do Mormón en ningunha excavación
realizada nos lugares precolombinos. Ademáis, inda que hai algunhas probas
de que os índios usaron antigos martelos para achantar o cobre ou o ferro,
non hai probas de que practicasen a metalúrxia antes da chegada dos europeos.
Non hai restos de ningún templo xudeu; e ademáis, as sinagogas
non existían no tempo histórico do que fala o Libro do Mormón
(escrito evidentemente por un iñorante), pero de todas formas, ningunha
sinagoga foi xamáis descoberta en América. A tecnoloxía
para facer arcos e frechas non existiu en América até o ano 1000
d.C., uns 600 anos despóis da suposta segunda batalla de Hill Cumorah.
Os únicos
sistemas de escritura usados en América algunha vez foron os dos máias
e os aztecas, ningún dos cales seméllase o máis mínimo
ao dos exípcios, inda que Joseph Smith, o fundador da relixión
mormona, escribiu algúns papiros con hieroglíficos e logo dixo
que estaban escritos en exípcio reformado polo patriarca Abraham.
Outro problema nunca explicado é por que os xudeus escribirían
en exípcio, a língua dos seus odiados opresores, no canto de usar
a súa própria língua!
E inda que algúns afirman ter atopado milagrosas probas de que o Libro
do Mormón non minte, coma a Pedra de Bat Creek, as planchas de Kinderhook,
as pedras de Newark ou os Dez Mandamentos fenícios (tamén coñecidos
coma a inscripción de Los
Lunas), ningunha de todas estas probas puido pasar o máis mínimo
exame e non son outra cousa ca falsificacións realizadas no decurso do
século
XIX.
O Libro do Mormón é un conxunto de relatos compilados polo líder nefita Mormón, que trata da súa história, cultura, civilización, e a aparición de Xesús en América despóis da sua resurreizón. Após da publicazón do Libro de Mormón constituiu-se a Igrexa fundada por Joseph. Tras unha rápida medra inicial, e debida en parte a que a nova relixión se apartaba considerabelmente do cristianismo - pluralidade de deuses, poligámia (disque Joseph tivo 27 esposas; outros contan 48), o seu rexeitamento de todas as demáis igrexas, etc. - a persecuzón forzou-nos a se mudar de New York a Ohio, logo a Missouri, e finalmente a Nauvoo, Illinois. Joseph e o seu irmán Hyrum foron prendidos por crebantar a lei. Unha turba asaltó o cárcere e asasinou-nos a ambos.
Despóis do asasinato, a igrexa dividiu-se en dous grupos: ún foi liderado pola sua viúva, Emma Hale (primeira e lexítima esposa), de volta a Independence, Missouri. Este grupo é coñecido como a Igrexa Reorganizada de Xesús Cristo dos Santos dos Derradeiros Dias. Afirman ser a verdadeira continuación da igrexa e a sucesión legal que foi outorgada sobre o fillo de Joseph por éste.
O outro grupo
foi guiado por Bringham Young, Segundo Profeta e presidente, e dirixiu-se ao
que hoxe é o
Estado de Utah, onde en 1847 chegaron ao lago Salgado (Salt Lake) e fundaron
Salt Lake City. Brigham tivo 25 esposas e amasou unha considerabel fortuna.
|