Os dominios de GolgurCalificación:
John Alonso
Morgante, 2007

Estamos en terras do ducado de Miranda e corre o ano do Noso Señor de… ei, agarden! Non é ano do Noso Señor, porque esta non é terra cristiá, senón un reino onde impera a maxia, onde os humanos conviven cos ananos, coas delsias e cos demos, e onde o duque conspira porque quere ser rei, para o que contratará á clásica compañía roleira, a de seres que representan cadansúa raza.

Polo mapa do noroeste de Galiza tres personaxes percorrerán vilas e aldeas sen termos moi claro as súas motivacións, xa que agás Exerio non coñecemos o que pensan os protagonistas até o precipitado remate; e é que semellaba que aínda ficaban moitas cousas por aclarar antes desa fin.

A trama ten moito máis de descrición que de emoción, literatura doada, de ler e de esquecer, entretida, sen máis pretensións cás de facer pasar unhas horas agradábeis aos moitos afeccionados á fantasía, ao rol e á maxia que desexamos produtos en galego. Porén, o atrevemento da editorial Rinoceronte co seu novo selo Morgante pagarase coa moeda do desprezo polos que só procuran a extrema corrección literaria e non o simple divertimento do que non deixa de ser unha industria ademais dunha arte. John Alonso (A Coruña, 1967) nunca será candidato ao Nobel, pero de contar coa debida axuda por parte das editoriais do noso país si que podería ser o fundador dun segmento do mercado inxustamente esquecido.

Falando desapaixonadamente, hai que facer un balance equilibrado. O libro semella obviamente escrito por e para un roleiro, adoece de fluidez, de redondez e mesmo de sinxeleza, pero no outro prato podemos poñer o galego ben corrixido, o intento pioneiro de facer unha ucronía galega, un what if de Galiza sen cristianismo, e sobre todo o valor de escribir un relato longo con temática fantástica que pode ser clasificado coma novidade moi significativa nas nosas letras.

Popularidade: 31% [?]



Capa do libroCalificación:
Edgar Allan Poe
Urco Editora. Col. Gótica (2007)

O que se pode comentar dun clásico agás suliñar a súa nova publicación? Pois pouca cousa. Este libriño, case un folleto, é o primeiro esforzo da Urco Editora por atraer o galego ao xénero fantástico, un esforzo que habería que considerar titánico tendo en conta as actuais tendéncias que seguen a encadrar mesmo un poema coma este nun suposto pero inexistente xénero infanto-xuvenil, ou “de aventuras” para rapaces.

Esta edición conta co incentivo de ser bilíngüe, polo que non hai ren que temer ao respeito de perdas na tradución, sempre complicada no caso da poesía. The Raven é un poema narrativo, publicado por primeira vez en 1845 polo mestre do terror Edgar Allan Poe. A súa musicalidade, a súa linguaxe estilizada e a súa atmosfera sobrenatural axiña convertírono nun clásico irrepetíbel.

Nel nárra-se a história dun misterioso corvo que visita a un home que ven de perder á súa muller e que está preto da loucura por este motivo. O corvo entra na súa habitación e pon-se a repetir unha e outra vez a frase “Nunca mais” (Nevermore).

O poema foi axiña reeditado, parodiado e ilustrado por autores da talla de Gustave Doré ou Édouard Manet (no caso que nos ocupa, por Doré) e converteu-se nun dos máis famosos xamais escritos en calquera idioma. No número 5 de NOVA FANTASIA (verán de 1998) xa fixeramos unha ampla análise e reportaxe verbo dun dos clásicos que non poden faltar nos andeis de calquera que se prece afeccionado á fantasía, así que alí vos remitimos por se ainda desexades máis información.

Popularidade: 91% [?]



Capa do libroCalificación:
Pedro Ventura
Editorial: Papiro Editora (2007)

Por fin chegou ás nosas mans a segunda parte da Crónica de Feaglar. E se me pedides que vola resuma nunha frase, direi-vos que concordo que as segundas partes non son boas, neste caso, son mellores!

Nesta segunda parte acabaron as presentacións e comeza a aventura sen mais dilacións. Cun desenrolo xa prácticamente liñal e mais lixeiro, a longa viaxe deica Goor vainos esclarecendo moitas das dúbidas ao redor dos personaxes principais, da súa verdadeira orixe e das súas motivacións. Pouco a pouco imos desfiando a madeixa, e imos comprobando como algunha das nosas suposicións eran certas, e tamén, imos sorprendéndo-nos con novas revelacións. É certo que existe o Draidex, e que cómpre acadalo antes de que caia nas mans de Calicíada, unha raiña cobizosa e sen escrúpulos, capaz do pior. Pero tamén é certo que a pesares das profecías, o consegui-lo dependerá da resolución dos homes. Porén, o Draidex é apenas a punta dun iceberg. Arredor del existe todo un mundo xa desaparecido pero que pode influir de forma decisiva no futuro do que xa coñecemos.

Seguir lendo

Popularidade: 98% [?]



Capa do libroCalificación: Calificación Calificación Calificación
Pedro Ventura
Editorial: Papiro Editora (2006)

Antes de vos presentar o meu parecer sobre a novela de Pedro Ventura, A Crónica de Feaglar, coido que deberia aclarar que non son una leitora habitual do xénero fantástico, o que fai que me encare ao texto dende unha perspectiva tal vez menos viciada. Tamén gostaría de facer unha louvanza á capa. Sei que o continente non é o mais importante, pero tamén por deformación profesional coido que ao ser a primeira percepción que temos do libro, esta debe ser boa, e neste caso, tráta-se dunha excelente presentación.

Seguir lendo

Popularidade: 100% [?]




  • Publicidade

  •  

    Enquisas
    • Que tema fantástico é o teu preferido?

      View Results

      Loading ... Loading ...