|
 |
O que temos on-line arestora?
|
 |
ENTRE NÓS:
- Entorno reservado: A opinión do Editor
O noso Editor fálanos do último en NOVA fantasia, o que podemos atopar nos artigos on-line dispoñíbeis arestora e o que podemos agardar do futuro da nosa revista favorita.
- Reportaxe: Mil e un logos!
Un percorrido pola intrahistória da nosa revista a través dos logotipos que acompañaron á nosa cabeceira durante dez anos. Todo elo aderezado cos comentários do noso Editor e do que sinificou cada ún deles.
- Concursos: Os DEZ concursos de NOVA
Para celebrar os nosos primeiros dez anos de vida organizamos nada menos ca dez concursos, cos seus respectivos prémios! Apúnta-te a algún deles, coñece as regras... e mais os prémios!
OPINIÓN:
- Ad Litteram
Aquí poderás atopar os libros que veñen de chegar á nosa Redacción e o que opinamos verbo deles.
- Recomendacións para os nosos políticos, por Fran Morell.
Un pequeno artigo que tan só pretende abrir os ollos a todos aqueles que por algún motivo coiden que a aplicación da "Lei de Deus" é o máis efectivo na nosa sociedade.
OS NOSOS XOGOS:
- O Combate dos Robots
O primeiro do agardamos que longa série de xogos que dende NOVA fantasia imos ofrecer aos nosos bequeridos leitores na tecnoloxía Flash, un arcade no que deberás amosar as túas habilidades de loita.
- O Paifillonai
O clásico xogo galego do pai-fillo-nai, tamén coñecido como "As tres en raia", agora en versión JavaScript para o teu computador.
- As damas
As damas é ún dos xogos máis antigos e clásicos sobre o taboeiro de xadrez, e mália a súa procedéncia estranxeira, é ainda moi popular en toda a nosa terra.
ENTREVISTAS:
- Ignacio Agulló
Mantivemos unha amigábel charla en rigorosa exclusiva mundial con Ignacio Agulló, o máximo responsábel dentro do Colectivo Nemo de ter acadado para Vigo a organización da primeira IberCon da história.
- Xesús Manuel Marcos
Falamos co recente gañador do Prémio Merlín de Literatura xuvenil de Xerais con O brindo de ouro, un relato fantástico que constitúe toda unha rareza no noso mundo editorial galego.
RELATOS:
- O Horla, de Guy de Maupassant.
Que fermoso día! Fiquei toda a mañán tendido sobre a herba, diante da miña casa, baixo o enorme plataneiro que a cobre, a resgarda e lle dá sombra. Adoro esta rexión e gústa-me vivir aquí porque botei raíces aquí, esas raíces profundas e delicadas que unen ao home coa terra onde naceron...
- Os gatos de Ulthar, de H.P. Lovecraft.
Disque en Ulthar, unha aldea situada alén do rio Skai, ninguén pode matar un só gato; cousa que acredito firmemente cando contemplo o que teño ronroneando perante o lume. Pois o gato é enigmático, e está familiarizado coas cousas estrañas que os homes non poden ver.
- O Médico, por Francisco Ruiz Fernández .
John ollou o número que aparecia xunto á portiña de entrada. Os enferruxados díxitos de metal cadraban cos que tiña apontados, se se consideraba o nove desbocado e caído coma o seis da nota. Si, ése era o enderezo que lle indicaran por telefone.
- Os Maldonados, por Alfonso Javier Canosa Rodriguez.
Uma das mais singulares antinomias da Idade Média é o culto decidido e constante que os cavaleiros rendiam simultaneamente à religião de Cristo e à religião da Honra, que chegara a ser pouco menos do que um deus para os nossos maiores.
- Os cazademos, por Joseph Remesar.
A sombra, cuberta cunha carapucha que non permitia ver o seu rosto, camiñou a través da chúvia en dirección á modesta igrexa; ésta á penas se albiscaba no meio dunha praderia de incribel verdor xusto diante dunha foresta e ainda que na distáncia as suas pedras e campanário semellaban imaculados notou, a medida que se achegaba, a desolación do lugar.
- Vellos superheroes en descarte, por Francisco Javier Pérez.
O Vingador Prateado chegou cedo aquela tarde. Non é que tivese nada mellor que facer en calquera outra parte, de todos os xeitos. Chegar cedo mesmo lle axudaría a gañar pontos diante de segundo quen.
- M.A.P.R.H.U., por Jorge Maqueda Merchán.
Era meio dia, meio dia dun dia calquera nun planeta calquera. Un forte vento ergueu-se nas vellas instalacións do centro de comunicacións abanando as enormes e enferruxadas antenas instaladas sobre ún dos módulos de administración.
- O'Connell St., por José Arias Taboada.
Para un trasno como Fuco Piñeiro, as cousas na Galiza non ían tan ben como lle parecía aos políticos da zona: a xente non tiña un real, o seu pai morrera e el, pobre pobriño, non encontraba traballo decente. Estudar, tampouco estudara demasiado. Mais o que podía facer?
- Mentireiro, mentireiro espelliño, por Fco. Javier Pérez.
Mentireiro, mentireiro espelliño máxico... Quen son? Quen es? Quen seremos? Os dias de viño e rosas mudaron-se por éxtase e móbeis 3G, foron-se para nunca voltar, porque asi son as cousas na roda supra-revolucionada na que nos movemos os que non queremos cair no hastío.
- Cabal, Príncipe de Dyfed, traducido por Alfonso Javier Canosa Rodriguez.
Era Cabal, Príncipe de Dyfed, o senhor das sete comarcas de Dyfed. E um dia estava em Arberth, um dos seus primeiros paços, e veio-lhe ao pensamento e à mente ir caçar. Eis a parte do seu reino a qual ele quis para a sua caçaria: Clyn Cuch.
- Depósito baleiro, por Francisco Ruiz.
A estrada estendia-se perante min nunha infinita recta cando notei que o piloto da reserva brillaba no salpicadeiro. Aquilo dába-me ao redor de vinte quilómetros de marxe antes de que o coche se detivese.
- O reloxo, por Rafael Avendaño.
Todo comezou cando eu tiña trece anos. Atopaba-me nesa difícil idade na que inadvertidamente deixas atrás a nenez para encarar a complicada etapa da adolescéncia. Vivia con miña nai nun pequeno chalet...
- O.A. Ominisciencia Artificial, por Rafael Avendaño.
Jim Kaviezel non puido evitar sentir un formiguiño no estómago cando comezou a escoitar a ladaíña de instruccións recitada por Dave, o seu amigo e director do Proxecto de Transferéncia Mental.
- Destino, por José Arias Taboada.
Chovía e as rúas de Compostela encontraban-se molladas a causa da choiva que cae aburrida e monótona no pavimento empedrado desta cidade máxica. Os nenos, doce espertar da noite fría, saían dos seus fogares para se dirixiren cara a escola.
- As colunas, por Santiago Eximeno.
Outro relato terrorífico dos nosos autores predilectos, Santiago Eximeno, quen vai levar-nos até un espazo onírico onde o máis espantoso pode estar agocho após dunha coluna... ou se cadra enriba dela!
- Aire frío, por H.P. Lovecraft.
Continuamos a vos ofrecer clásicos lovecraftiáns, e desta volta cun relato que non vai server para que gostemos máis dos tempos fríos que están por vir...
- A chamada de Cthulhu, por H.P. Lovecraft.
O clásico entre os clásicos lovecraftianos, por fin traducido ao galego e coma non podía ser menos, nas páxinas de NOVA fantasia!
- Em benefício de Mr. Clive!, por Alexis Lemos.
Un relato que explora nun ambiente de história alternativa o que tería acontecido se un tal Clive Sinclair crease o PC...
- The Cats, por H.P. Lovecraft.
Unha poesía lovecraftián en versión bilíngüe, adicada aos máis fermosos animais da creazón.
ARTIGOS E REPORTAXES:
- Mundos á parte, por A. Xabier Canosa
Boa parte dos lectores de NOVA fantasia coñecerán as aventuras gráfico-conversacionais da década dos 80. Estes xogos, orixinados a partir da Aventura Orixinal, viñan adubiados dun compoñente de ambientación de fantasía heroica por defecto...
- A noite de Sanxoán, por Fran Morell
A noite de Sanxoán é hoxendía unha das festas máis ricas en lendas, supersticións e costumes que acocha a nosa cultura. A noite de Sanxoan é en Galiza a noite dos milagres e dos feitizos.
- FC, Ciências Ocultas e Mitos Nazistas, por Manfred Nagl (traduzido por Alexis B. Lemos)
No nacional-socialismo, as contradições e irracionalidades de um sistema sócio-econômico clássico capitalista e suas estruturas de poder, foram transmutadas em uma ideologia e apologia aparentemente "naturais".
- Samaín e Santa Compaña, por Fran Morell.
As tradicións máis clásicas das culturas galega e celta fúnden-se nunha data moi especial do ano, a noite do 31 de outubro, ese que chaman o "día dos defuntos".
- A máxia das árbores, por Fran Morell.
Acompañáronnos ao longo da nosa história, pero elas teñen unha história de sea e non lle importan as nosas loubanzas e adoracións difrazadas de supersticións... ou si?
- O ovni de 1896, por Fran Morell.
Un mistério que nos axexa dende o pasado: foi o primeiro ovni da história, un fraude ou algo inda máis terrible? Milleiros de testemuñas dan fe do que viron.
- O que aconteceu co Arca perdida?
A lenda da Arca da Alianza que fai o relato bíblico, examinada para descobrir o que non puideron atopar máis ca na fantasía do cinema.
- De Lovecraft a J.J. Benítez.
Unha macrorreportaxe sobre o mistério dos mistérios, sobre todo aquelo que subxaz na mentalidade da nosa actual sociedade coma simples fantasía ou ás veces coma terríbel realidade.
- Poderes Extra-Sensoriais, por Tom Harris.
Descobrimos o que son os poderes extra-sensoriais, se existen, se poden existir e mesmo se poden ser practicados polos non iniciados.
- Guía do Mahometanismo.
Analisamos a fondo a fe relixiosa máis de moda na actualidade, seguida por millóns de fanáticos en todo o mundo e que mesmo seica están dispostos a morrer matando.
- O Mormonismo en resumo.
Os mormóns fannos graza cando pasean pola rúa cos seus traxes, garavatas e fasquías de estranxeiros algo despistados, pero o que é o que agochan após dese disfraz?
- Contos de nadal.
Unha pequena reportaxe que analisa algunhas das máis benqueridas tradicións de nadal, e revela a crúa verdade respeito delas.
- O Planeta X: O apocalipse xa está aquí!, por Fran Morell.
O que é o planeta X do que moita xente fala? Hai un décimo planeta no noso sistema solar? Pode supoñer un perigo para a nosa civilización?
- Os tres meigos, por Fran Morell.
Recén superada a festa dos reis meigos (ou "magos", segundo quen nos fale en galego) temos que analisar con sinceridade o que sabemos respeito deses tres indivíduos que ano após ano traen agasallos aos nenos españois.

Copyright © 2007 DUMBRIA.NET |