NOVA fantasia
Preguntas e Respostas
(Facendo clic nunha ligazón, a páxina se desprazará até a sección pertinente)
- Como contactar con NOVA fantasia?
- Poden-se mandar cartas ao Editor?
- Como poñerme en contacto coa equipa Web de NOVA fantasia?
- O que debo facer se quero traballar en NOVA fantasia?
- A quen pertence NOVA fantasia?
- Onde se atopa a sé de NOVA fantasia?
- Como podo enteirarme das últimas novas?
- Cada canto tempo se actualizan as últimas novas?
- Como podo recibir as novas de NOVA fantasia?
- Teño problemas para descargar a páxina de NOVA fantasia
- Dispoñedes dalgun arquivo para consultas?
- Como podo obter unha cópia dos números atrasados de NOVA fantasia?
- Poden-se adquirir os CDs, fascículos, números atrasados, etc. de NOVA FANTASIA?
- Que browser preciso para ver o sítio Web de NOVA fantasia?
- Que debo facer para ver as novas de NOVA fantasia?
- Que novas podo atopar no sitio web de NOVA fantasia?
- Podo cargar as novas e reportaxes de NOVA fantasia no meu ordenador?
- Como podo engadir o sítio web de NOVA fantasia aos meus favoritos?
- Como podo converter a páxina de NOVA fantasia na miña páxina de acceso?
- Podo anunciar-me nas vosas páxinas?
- É perigoso navegar polo website de NOVA fantasia?
1. Como podo contactar con NOVA fantasia?
Podes contactar con NOVA fantasia enviando un e-mail, por teléfone o por correio. Estes son os enderezos:
E-mail: info@novafantasia.com
Teléfone: +34.667.567.204
Por correio:
NOVA fantasia
Rúa Toledo 11, 9ºL
36205 VIGO (Galiza)
España
Tamén temos unha páxina especial de contactos.
2. Poden-se mandar cartas ao Editor?
Ao Editor e a calquera sección ou redactor de NOVA FANTASIA. Para que a tuas misivas cheguen ao enderezo axeitado, preparamos unha páxina onde che informamos do enderezo de correio electrónico axeitado para cada cousa, incluindo as cartas ao director, para o que debes facer constar na carta os teus dados persoais. As cartas poden enviar-se ao enderezo web cartas.director@NOVA fantasia (tamén podes utilizar un formulário).
O enderezo postal da revista é: NOVA FANTASIA - Sección Cartas ao Editor. R/ Toledo, 11 9º-L, 36205 Vigo. Se o desexas, tamén podes enviá-la por fax ao número 886.113.137. Se chamas desde fóra do Estado español lembra que o prefixo de España é o 34.

3. Como podo poñerme en contacto coa equipa Web de NOVA fantasia?
Podes poñerte en contacto connosco por teléfone, por e-mail ou por correio.
E-mail: info@novafantasia.com
Teléfone: +34.667.567.204
Por correio:
NOVA fantasia
Rúa Toledo 11, 9ºL
36205 VIGO (Galiza)
Spain
Tamén temos unha páxina especial de contactos.

4. O que debo facer se quero traballar en NOVA fantasia?
Se desexas colaborar de calquera xeito con NOVA fantasía, envíanos os teus relatos, artigos ou opinións. Admíten-se escritos en calquera normativa. Os que non estean en galego (ou portugués, xa que ámbalas dúas son unha mesma língua), serán traducidos polo noso gavinete de tradución. Aceptamos escritos en galego, portugués, español e inglés, así que se non te atreves a escribir en galego, non desacougues. Iso si, ten en conta que NOVA soamente publicará material en galego, non haberá excepcións para ninguén.
Á parte, tes unha páxina onde todo isto é explicado moito máis profundamente.
Envía o teu material a:
NOVA fantasia
Rúa Toledo 11, 9ºL
36205 VIGO (Galiza)
Spain
Podes envialo tamén por e-mail a: redaccion@novafantasia.com

5. A quen pertence NOVA fantasia?
NOVA fantasia é unha marca propriedade
de Fran Morell, actual Editor e fundador de NOVA fantasia. Non hai accións
nin cotizamos na Bolsa, pero se queres participar podes facelo poñéndote
en contacto connosco. Temos a intención de constituirmos en asociación
de conformidade coa Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora
do Dereito de Asociación.

6. Onde se atopa a sede de NOVA fantasia?
O centro de operacións de NOVA fantasia
atópa-se
na cidade de Vigo, ao suroeste de Galiza.

7. Como podo enteirar-me das últimas novas?
NOVA fantasia actualiza-se as 24 horas do dia,
para que non che perdas nada do que acontece polo mundo do fantástico.
A información de última hora poderá-la atopar na páxina
das novas, organizada por seccións. Pódes-te apuntar a algunha canle
RSS para estares máis ao día, pero se buscas algunha história
antiga, ou non sabes en que sección pode estar localizado, o noso buscador che
axudará a atopar o que estás a procurar.

8. Cada canto tempo se actualizan as Ultimas Notícias?
O servizo de Últimas Notícias actualiza-se as 24 horas do dia, en tempo real. Recomendamosche que utilices o botón de relectura (Reload) do teu navegador cada vez que te conectes. O teu programa garda na memória as páxinas que visitou e poderia mostrar-te unha versión anterior.

9. Como podo recibir as novas?
Polo de agora, NOVA fantasia non envía
as novas ao teu e-mail, senón soamente avisos de que a páxina das
novas foi modificada, e así tí mesmo podes acceder a elas tan só facendo
clic na ligazón que che enviaremos no mesmo e-mail. Consideramos
que é millor
para non teres que aturar un e-mail demasiado longo na túa caixa de correio.
Se queres aboarte a este servizo, podes facelo tan só premendo
nesta ligazón.
Asimesmo, dispoñemos de várias canles
RSS onde
podes apuntar-te a recibir minuto a minuto as últimas novidades.

10. Teño problemas para descargar a páxina de NOVA fantasia
Moitas veces os que facemos páxinas web esquecemos que a meirande parte dos usuários da Internet seguen a utilizar módems telefónicos normais, sen conexión por cabo ou ADSL. NOVA fantasia ten esta continxéncia prevista e non é unha páxina especialmente difícil de descargar porque ningunha delas é máis pesada de 50 ou 60 Kilobytes coma máximo.
Antes de pensar se hai algún problema
connosco, fíxate ben que non esteas tentando acceder a unha páxina
que xa non existe no website. Isto pode pasar se tentas descargar algunha páxina
con contido antigo (artigos atrasados que xa non están on-line, por exemplo). Nese
caso, accederías a unha páxina especial, a 404, que temos preparada para estas
ocasións.
Inda así, se tes problemas é seguramente porque a nosa páxina está a ser visitada por un número demasiado grande de persoas (máis de 100 ao mesmo tempo). Agarda un chisco e regresa dentro de uns minutos: a túa conexión irá moito millor.

11. Dispoñedes dalgun arquivo para consultas?
O servidor WWW mantén todas as notícias aparecidas no resumo desde o 14 de maio de 1998. No Arquivo
de NOVA fantasia poderás atopar todas as revistas atrasadas, e co buscador poderás localizar a información que che interesa.

12. Como podo obter unha cópia dos números atrasados de NOVA fantasia?
Con NOVA fantasia tes pleo acceso aos nosos arquivos de números atrasados. O que estás a procurar seguramente poderás atopalo nesta páxina, e se non, ponte en contacto connosco e che enviaremos unha cópia de contado.

13. Poden-se adquirir os CDs, fascículos, números atrasados, etc. de NOVA FANTASIA?
Pon-te en contacto no fax +34.886.113.173
ou neste enderezo e aí tomarán
os teus dados persoais para che enviar o material contrarreembolso. Se chamas
desde fóra do Estado Español, lembra que o prefixo de España é o
34. Tamén podes facer outras consultas.

14. Que navegador preciso para ver o sítio web de NOVA fantasia?
Para visualizar correctamente o noso sítio
web, precisas alomenos Internet Explorer 4.1 ou Firefox 1.0. Se traballas cun
computador Macintosh non deberías ter dificultades para visualizar axeitadamente
o noso sítio. De calquera xeito, se coidas que hai algún fallo
ou atopas algún erro ao utilizares o teu navegador favorito, por favor comunícate
connosco e
tentaremos de arranxalo de seguido. Agradecerémos-che moito a túa
colaboración!

15. O que debo facer para ver as novas de NOVA fantasia?
É ben doado: tan só premer nesta
ligazón e xa estarás aí de contado. Se o que queres é suscribir-te ás
novas, consulta a pregunta número 6.

16. Que novas podo atopar no sitio web de NOVA fantasia?
Podes atopar as últimas novidades no eido da fantasía, en dúas seccións diferenciadas: as novas normais, con titular e un artigo, e máis as novas en breve, que nunhas poucas liñas narran toda a información que precisas. Na páxina atópanse sempre as novas máis recentes, de entre 10 e 20 días atá hoxe mesmo. As novas atrasadas están na súa páxina correspondente.

17. Podo cargar as novas no meu ordenador?
Dende logo que si, e animámoste a facelo. A páxina das novas e as reportaxes son de acceso libre e gratuito. Nembergantes, se a túa intención é utilizalas para poñelas na túa páxina ou distribuilas nalgún outro médio de comunicación, por favor non esquezas indicar a túa fonte mediante un texto descriptivo e unha ligazón á páxina das novas de NOVA fantasia ou á páxina coa reportaxe específica que copiaches.

18. Como podo engadir a páxina de NOVA fantasia aos meus favoritos?
Fai clic no botón 'favoritos' e logo
no botón 'engadir'.

19. Como podo facer de NOVA fantasia a miña páxina de início?
Tan só tes que facer clic neste enlace:
Fai clic aquí para converter a NOVA fantasia na túa páxina de início

20. Podo anunciar-me nas vosas páxinas?
Podes consultar as tarifas e a información sobre tamaños de anúncios e niveis de audiéncia na páxina de publicidade. Se tes algunha dúbida, envia unha mensaxe ao enderezo web publicidade@novafantasia.com.

21. É perigoso navegar polo website de NOVA fantasia?
Navegar polas páxinas de NOVA
fantasia non che fará correr risco algún! Non temos publicidade
abusiva, nin che meteremos "cookies" no sistema nin imos ler os teus
dados persoais de xeito algún. As páxinas de NOVA fantasia están
totalmente libres de virus e son aptas para todos os públicos, maiores
e cativos (ainda que estes últimos se cadra pode que non entendan todos
os contidos). Se tes instalado o Windows XP SP2 e che aparece unha mensaxe do
tipo "Para ayudar a mantener su seguridad, Internet Explorer impidió que
este archivo mostrara contenido activo que podría tener acceso al equipo",
fai clic na barra marela e preme en "Permitir contenido bloqueado".
O "contido activo" do que fala o Windows XP no caso de NOVA
fantasia só son rutinas en JavaScript sen ningún perigo
para o teu equipo e que só serven para amosar cousas como a data na que
foi modificado un ficheiro ou botóns de navegación feitos con Flash.
Nada has de temer!



Copyright © 2007 DUMBRIA.NET |