-
O presente contrato de difusión publicitária ten por obxecto a inserzón da publicidade do ANUNCIANTE nas unidades de espazo acordadas que se atopen dispoñíbeis nos suportes durante o prazo acordado, nos termos e condicións que se indican.
-
Para a validez e eficácia do presente contrato, é requerimento indispensábel a sinatura de aprobación realizada por Fran Morell.
-
En contraprestación pola inserzón da publicidade, o ANUNCIANTE pagará segundo a forma de pago que se indica, incrementando-se os importes cos impostos vixentes. O prezo da publicidade será sempre o que corresponda pola sua natureza, segundo as tarifas en vigor no momento da publicazón, advertindo que cando na orde non se especifique o prezo ou éste non sexa o que corresponde, se poderá entender como erro administrativo, facturando o prezo real do mesmo. Sen prexuizo do anterior, a empresa reserva-se o direito de esixir garantías adicionais cando os informes comerciais do cliente sexan negativos.
-
A falta de pago e o contravimento dos prazos convidos facultará a resolver o contrato e deixar de emitir a publicidade, sen prexuizo de poder exercitar as accións xudiciais oportunas para a reclamación das cantidades adeudadas. Estas cantidades devengarán o equivalente ao interese legal do diñeiro, incrementando en dous pontos dende a data do impago.
-
O material publicitário que se suministrará para as correspondientes inserzóns deberá suxeitar-se ás especificacións técnicas e tamaños que lle sexan indicadas.
-
As ordes publicitárias e o material necesário para as inserzóns de publicidade deberán ser entregados 48 horas antes do início da campaña, salvo nas campañas que comecen os luns, en cuxo caso, a orde e o material deberán estar en poder de Fran Morell o xoves, antes das 14 horas.
-
Calquera modificación de inserzóns publicitárias deberá ser comunicada a Fran Morell con 24 horas hábiles de antelación, adjuntando a correspondiente orde de publicidade de anulación ou modificación.
-
As anulacións terán que ser comunicadas cun mínimo de 5 dias hábiles antes do início da campaña, mediante orde de anulación. En caso contrário o anunciante ficará obrigado ao pago do 50% da campaña anulada.
-
Fran Morell non se fai responsábel do posíbel deterioro do material enviado se éste non foi enviado no mesmo formato de emisón.
-
Fran Morell reserva-se o direito de admisión
de publicidade cando vulnere os princípios de legalidade, autenticidade,
imaxe, veracidade, libre competéncia, ou cando, ao seu xuízo, poda
causar o rexeitamento da publicazón ou do público destinátario,
ou por calquera outra causa xustificada.
-
En caso de imposibilidade legal ou contractual de seguir inserindo a publicidade contratada, Fran Morell reserva-se o direito de suspender a mesma mediante aviso ao cliente sen que por éste se poda reclamar compensación algunha, salvo o direito á devolución das cantidades anticipadas correspondientes á publicidade do ANUNCIANTE non incorporada.
-
Os anuncios serán emitidos baixo a exclusiva responsabilidade do cliente (anunciante ou contratante), correspondéndo-lle o pago de cantas sancións e/ou indemnizacións deriven do conteúdo da publicidade.
-
No suposto de que o cliente fixese uso de obras protexidas pola vixente Lei de Propriedade Intelectual, aportarán cantos permisos, autorizacións ou pago de cánons sexan necesários para a correcta utilizazón da obra, ficando eximida a empresa contratante de calquera reclamación que sobre este xeito puidese reclamar un terceiro.
-
Para calquera xestión litixiosa que xurda sobre a interpretación, cumprimento e efeitos deste contrato, as partes asinantes someten-se á xurisdición dos xulgados e tribunais da cidade de Vigo (Europa), renunciando a outro fóro que lles puidera coresponder.
-
As partes aceitan pleamente este contrato e os seus efeitos xurídicos.