Homepage
O Índice
As novas
Lista de Correio
Procuras
A Tenda
Os xogos
Publicidade
Contactar

Condicións de compra na tenda


Realizar o pedido

Mercar en NOVA fantasia é sinxelo. Como polo de agora non temos moitos produtos, non é preciso estabelecer ningún carriño de compra, e todo funciona cun simples formulário que podes encher doadamente. Unha vez teñas completado o formulário con todos os produtos que queres só tes que clicar en "Confirmar a compra", co que nós recebiremos o teu pedido, procesarémo-lo e enviaremos-te un email de confirmación de pedido con todos os detalles, para que confirmes o teu pedido e selecciones un método de pago e unha forma de envío.

Unha vez enviado o produto receberás un email de confirmación de envio confirmando-che que o teu pacote está de camiño. Que o desfrutes!

IMPORTANTE: O TEU PEDIDO É UN CONTRATO. Segundo a Orde Ministerial de Comércio Electrónico 34/2002, calquera compra cursada mediante Internet há de ser aceitada, e debe de ser realizada por maiores de idade. Se non tes 18 anos, os teus pais responsabilizarán-se do pedido. No caso de que sexa rexeitado e devolto, poremo-nos en contacto contigo ou cos teus pais e deberás pagar o importe do pedido mais os gastos de devolución e custódio de correos. Pensa ben o que vas pedir; se tes algunha dúbida, envia un mail ou chama por teléfone antes de facer o pedido, porque unha vez feita a confirmación, terás que aceitá-lo.

NOVAfantasia.com reserva-se o direito a rexeitar ou anular calquera pedido no caso de que exista algun tipo de erro alleo á nosa responsabilidade ou exista mala fé por parte do cliente.

Disponibilidade de productos

Se os productos pedidos están DISPOÑÍBEIS no noso almacén, chos enviaremos nun prazo de 24-48 horas e chegará-che noutras 24-48 horas se vives no Estado español (Penínsua e Baleares). Fóra da penínsua o envio pode tardar en chegar entre duas semanas e un mes. Se o produto pedido está esgotado, comunicarémoscho por email o antes posíbel.

Formas de pago

  1. Visa/Mastercard: Oferecemos esta forma de pago a través do noso website. Terás que enviarnos o número do teu cartón e a caducidade. O importe será carregado ao teu cartón no momento e comezaremos a procesar o teu pedido.

    Se es de España, che recomendamos contrates un cartón American Express, cuxo trámite o podes facer por internet, e a cota durante os primeiros 12 meses é grátis.

  2. PayPal: O sistema de pago On-Line líder do mundo. É moi fácil de usar, rápido e seguro. Se ainda non tes a tua conta PayPal e descoñeces as vantaxes deste sistema de pago, podes dar-che de alta de maneira completamente gratuita clicando sobre a imaxe do logo.

    condicionsOllo: o website está en español!

  3. Ingreso ou transferéncia: Se escolliches esta modalidade de pago, cando recebas a confirmación do pedido no teu e-mail terás que ingresar o diñeiro nalgunha oficiña de Caixanova ou realizar unha transferéncia desde calquera banco á conta de Caixanova 2080 0216 94 0000014544, poñendo como beneficiário a FRAN MORELL e indicando no conceito o teu número de pedido. Despois envía un email para confirmar a operación a tenda@novafantasia.com. Encanto confirmemos o teu pago, comezaremos a procesar o teu pedido.

    Se abres unha conta nun banco electrónico como ebankinter a transferéncia che sairá grátis e aforrarás o custe do contra reembulso. Pide mais información ou abre a tua conta en www.ebankinter.es

  4. ePagado.com: Sinxelo sistema de pago a través desta web de Bankinter, para clientes españois. O único requerimento é dispor dunha conta, con independéncia do banco. Deberás dar-che de alto no seu servizo, onde terás que asociar a tua conta bancária de calquera banco á sua sistema e che regalarán 3 euros por o probar.

  5. Contra reembulsos: (Só para España) Este servizo ten un custe adicional de 3 euros. Se escolles o contra reembulso, o mensaxeiro che levará a pedido á tua casa e che cobrará no momento. É a forma mais cómoda, e se non estás na casa a empresa de mensaxería porá-se en contacto contigo por teléfone para saber a que hora poden entregarcho; o mesmo farán se nese momento non dispós do importe do pedido. Debido a que é un importe cobrado pola empresa de mensaxería, non é sufragado por NOVAfantasia.com á hora de conseguir o envio gratuito.

Tipos e gastos de envio

Os gastos de envio dependen do peso/volume e o número de pacotes asi como do lugar de destino. Nós recalculamos ditos custes para cada pedido, polo que saberás perfeitamente de antemano o prezo final do pedido cando recebas o e-mail de confirmación. O envio dos productos está garantido por NOVAfantasia.com, e son empaquetados cun acolchamento que evita que o pacote chegue en más condicións.
  • Servizo de Mensaxería urxente: Se temos os productos pedidos no almacén coa mensaxería urxente chos enviamos á tua casa en 24 horas, polo que os receberás ao dia seguinte para capitais de províncias españolas e unha grande parte de cidades grandes e 48 horas se vives nunha cidade ou vila mais pequena. Se o temos que pedir ao noso proveedor, porque se nos esgotou, a demora pode prolongar-se mais dunha semana dependendo do tipo de producto (se necesitas algo con urxéncia e queres mais información podes chamar-nos antes de nos facer o pedido urxente para che asegurar).

  • Recollida nas nosas oficinas: Se vives en Vigo, tes un amigo/a ou pasas pola nosa cidade, podes recoller os teus pedidos nas nosas secretarias, co conseguinte aforro en gastos de envio.

    IMPORTANTE: Como moitas cousas boas, o servizo urxente pode ser moi caro se o teu pedido é moi pesado ou volumoso. Ao ser moi difícil de calcular os portes urxentes, reservamo-nos o direito a comunicar-che un extra nos gastos de envio urxentes sobre o cálculo se o mensaxeiro nos aplicase un recargo por grande volume ou peso do teu pedido. Neste caso pedirá-se-che confirmación e poderás cancelar ou modificar o tipo de envio se non estás de acordo.

Impostos e aranceis

  • Clientes da Unión Europea (agás Canárias, Sebta e Al-Melil): Os prezos anunciados nos productos do noso web xa incluen o I.V.E. O tránsito de mercadorías dentro da Unión Europea é de libre circulación, polo que non existe nengun pago adicional á chegada da mercancia a destino. O cliente é facturado polo importe dos artigos solicitados e os gastos de envio segundo a opción selecionada.

  • Clientes de Canárias, Ceuta e Melilla, Andorra e non europeos: As compras que realicen persoas físicas ou xurídicas morantes en paises extracomunitários estarán exentas do pago do I.V.E. Sen embargo, o prezo dos productos mantén-se debido ao maior custe de envio. Non se servirán pedidos en Apartados de Correos. Para este sistema de compra/envio e debido ao seu rexime fiscal, son considerados territórios extracomunitários os ámbitos xeográficos de Canárias, Ceuta e Melilla.

  • Taxas arancelárias para paises extracomunitários: Normalmente as camisetas, CDs e libros non teñen taxas arancelárias, pero é difícil afirmar isto en xeral e/ou concretar as taxas arancelárias ás que poden ser sometidos os pedidos, xa que cada país ten unha táboa de aranceis diferente para cada artigo e ademais ésta varia dependendo da procedéncia do mesmo. En xeral estes aranceis abalarán entre un 2-15%. Se desexas coñecer a taxa arancelária do teu país che recomendamos que che dirixas á secretaría postal ou de aduanas da tua localidade, província ou Estado. Todos os custes, tarifas e impostos asociados á compra corren pola túa conta, de acordo coas disposicións legais vixentes no teu país. Non necesitas coñecé-los para facer un pedido, pero che avisamos para que os teñas en conta.

As nosas garantías e condicións

  • Seguranza no pago con cartón: A confidencialidade dos teus dados está plenamente garantida, tanto respecto aos teus dados persoais como aos dos cartóns de crédito para a realización dos pagos. Pero esta confidencialidade afécta-nos só a nós en NOVAfantasia.com. É dicer: polo de agora non contamos cun servidor seguro (SSL), así que os teus dados son enviados por e-mail ordinário, sen codificar. Nós tratarémo-los con absoluta confidencialidade, pero non podemos saber se un hacker está a espiar o teu e-mail! Polo tanto, se tés a máis mínima dúbida, podes utilizar calquera outro médio de pago.

  • NOVA fantasia garante a protección e confidencialidade dos dados persoais, domiciliários, de pago e de calquera outro tipo que nos proporcionen os nosos clientes de acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de Decembro de Protección de Dados de Carácter Persoal.

  • NOVA fantasia, con enderezo en Vigo, Toledo 11 9ºL e código postal 36205 e como responsábel do arquivo, garante o exercício dos direitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos dados facilitados, para o exercício dos anteditos direitos o usuário pode escreber a este enderezo de correo electrónico. De igual modo, compromete-se, na utilizazón dos dados incluídos no arquivo, a respeitar a sua confidencialidade, a non cedelos a terceiros sen o seu consentimento e a utilizá-los de acordo coas finalidades descritas.

  • Devolucións: Oferecer a máxima calidade e a mellor garantía é o noso compromiso permanente. Por iso todos os artigos oferecidos no noso web teñen a máxima calidade. Se a pesar de todos os nosos cuidados en oferecer a máxima calidade e controlo nos nosos envios, tiveses algun problema, poderás efectuar a correspondiente devolución nun prazo máximo de 10 dias desde a recepción do pedido tras informar por e-mail a tenda@novafantasia.com e obter a autorización para iso.

    Se por erro de NOVAfantasia.com che enviamos un producto distinto ao solicitado, incompleto ou roto, éste será-che retirado e enviará-se-che o antes posíbel o produto correcto/completo sen nengun cargo adicional.

    Sempre e cando os productos non fosen abertos nen usados e conserven o seu precinto e embalaxe orixinal dispós dun prazo de sete dias desde a recepción do pedido para resolver o contrato e realizar a devolución do producto precintado que mercases en novafantasia.com. Nestes casos, NOVA fantasia, devolverá-che o diñeiro da compra a través dun abono no teu cartón de crédito ou mediante unha transferéncia bancária á conta que nos indiques tras comprobar o perfeito estado do producto e a sua embalaxe. O importe de devolución non incluirá gastos de envio nen de contra rembulso e o gasto de envio a NOVA fantasia correrá pola tua conta.

    Para calquera incidéncia relacionada coa devolución de artigos da nosa tenda podes contactar co noso departamento de Atención ao cliente via email, ou chamando por telefone ao 667 567 204.

Condicións Xerais de Contratación

As presentes condicións xerais de contratación aplican-se a todas as transaccións comerciais realizadas no noso sítio web, novafantasia.com, domínio do que é titular Fran Morell (NIF: 36077545-K): NOVA fantasia reserva-se o direito a modificar a oferta comercial do website (modificacións sobre productos, prezos, promocións e outras condicións comerciais e de servizo) en calquera momento, se ben ditas modificacións non se aplicarán ás contratacións xa realizadas.

NOVA fantasia fai todos os esforzos dentro dos seus meios para oferecer a información contida no website de forma veraz e sen erros tipográficos. No caso que nalgun momento se producise algun erro deste tipo, alleo en todo momento á vontade de NOVA fantasia, procederia-se imediatamente á sua corrección. De existir un erro tipográfico nalgun dos prezos mostrados e algun cliente tomase unha decisión de compra baseada en dito erro, NOVA fantasia comunicará-lle ao cliente dito erro e o cliente terá direito a rescindir a sua compra sen nengun custe pola sua parte.

Os contidos do website NOVA fantasia poderían, en ocasións, mostrar información provisional sobre a natureza dalgúns productos. No caso que a información facilitada non correspondera ás características do producto o cliente terá direito a rescindir a sua compra sen nengun custe pola sua parte.

NOVA fantasía faise responsábel das informacións, contidos, afirmacións e expresions que conteñan os productos comercializados no seu web.

Xa estou enterado! Agora quero voltar á Tenda

linha

Copyright © 2007 DUMBRIA.NET