Homepage
O Índice
As novas
Lista de Correio
Procuras
A Tenda
Os xogos
Publicidade
Contactar

Os DEZ concursos DEZ de NOVA FANTASIA!


 

En NOVAFANTASIA tiramos a casa pola fiestra!

Para celebrar os nosos primeiros dez anos de vida imos organizar nada menos ca DEZ CONCURSOS, cos seus respectivos prémios! Participar éche ben doado. Tan só tes que seguir lendo e coñecer cales son os nosos concursos, para apuntar-te a algún deles, coñecer as regras... e mais os prémios!

Lembra que o prazo para participar en todos eles remata o 1 de marzo de 2008.


1. Vota pola nosa mascota: un super-heroe!

O noso primeiro concurso é ben doado. Temos que escoller á nosa nova mascota, e coidamos que non hai ren millor ca un superheroe para unha revista adicada, coma a nosa, ao xénero fantástico. Xa temos dous deseños e mais un nome: SUPERNOVA. Pero ainda dubidamos entre estes dous. Cal é o teu?

Vota por ún deles!

Envía o teu voto a: superheroe@novafantasia.com

Entre todos os participantes sortearemos un lote de libros e CDs de NOVAFANTASIA!

 

2. Consígue un novo sócio para NOVAFANTASIA

Continuamos cos nosos concursos doados, porque para participar neste segundo tan só debes enviarnos o e-mail dun amig@ que queira recibir as nosas novas na súa caixa de correio todas as semanas, o mesmiño ca ti. Queremos ampliar a nosa base de dados de lectores de NOVA e coidamos que tí podes axudarnos, enviando o enderezo web e mais o nome do teu amigo a: novosocio@novafantasia.com. Entre todos os participantes sortearemos un lote de libros e CDs de NOVAFANTASIA, así que cantos máis envíes moitas máis oportunidades terás!

 

3. Concurso de mini-relatos

No concurso de mini-relatos poderán participar todos aqueles lectores de NOVA que o desexen, con tantos relatos coma quixer. Os únicos requisitos son: que o relato non debe superar as 100 palabras, que o tema sexa fantástico e que estea escrito en galego. Debido a que se o escribes noutras línguas o número de palabras pode variar enormemente, só se admitirán os relatos escritos en galego, en calquera normativa (incluido por suposto o portugués).

Envía o teu mini-relato a: minirelato@novafantasia.com.

O relato gañador será publicado en NOVA e o autor recebirá unha placa conmemorativa, e mais un lote de libros e CDs de NOVAFANTASIA!


4. Vota pola túa NOVAFANTASIA. Como gostarías que fose NOVA?

a) Que editen libros
b) Que se constitúa en asociación
c) Que forme un clube de sócios
d) Que organice tertúlias e festas
e) Que se organicen os prémios NOVA anuais
f) Todo o anterior!

Envía-nos a túa resposta a anovanova@novafantasia.com. Entre todos os participantes sortearemos un lote de libros e CDs de NOVAFANTASIA!


5. A millor foto de tema fantástico. Envía-nos a túa!

Só tes que facer unha foto que tí consideres que é dalgún xeito adaptábel ao xénero fantástico: a estátua do teu escritor favorito, unha mansión tenebrosa, unha paisaxe bretemosa... a ideia é tua! Toma a foto coa túa cámara, a dixital ou a de toda a vida, e envíano-la a: foto@novafantasia.com. O autor da foto recebirá unha placa conmemorativa, e mais un lote de libros e CDs de NOVAFANTASIA!

 

6. Vota pola millor película fantástica de 1997-2007

a) O Señor dos Aneis (triloxía)
b) A Guerra das Galáxias (episódios I ao III)
c) Spiderman
d) Matrix (triloxía)
e) V de Vendetta
f) O show de Truman
g) Outra

Envía-nos a túa resposta a pelicula@novafantasia.com. Entre todos os participantes sortearemos un lote de libros e CDs de NOVAFANTASIA!

 

7. Vota polo millor libro fantástico de 1997-2007

a) Canzón de xeo e lume (triloxía), de George R.R. Martin
b) Harry Potter (tomos 4 ao 7), de J.K. Rowling
c) Eragon (triloxía), de Christopher Paolini
d) A triloxía de Bartimaeus, de Jonathan Stroud
e) A Torre Escura (tomos 4 ao 7), de Stephen King
f) Outro

Envía-nos a túa resposta a libro@novafantasia.com. Entre todos os participantes sortearemos un lote de libros e CDs de NOVAFANTASIA!

 

8. Concurso de deseño gráfico. A millor ideia fantástica para NOVA!

Un logo? Un deseño web? Un póster? Un banner? Calquera ideia é benvida para o noso concurso de deseño gráfico. Envíanos o teu deseño a desenhografico@novafantasia.com!

O prémio será unha placa conmemorativa para o gañador e mais un lote de libros e CDs de NOVAFANTASIA!

 

9. Vota pola millor iniciativa no eido do xénero fantástico 1997-2007

Cal é ao teu xuizo a millor iniciativa dirixida a fomentar o xénero fantástico en calquera eido da que oiches falar estes últimos dez anos? Unha nova revista? Unha partida de rol? Unha película, un curto, un documental? Unha asociación? Unha subvención? Tí tes a palabra!

Envía-nos a túa resposta a iniciativa@novafantasia.com. Entre todos os participantes sortearemos un lote de libros e CDs de NOVAFANTASIA!

 

10. Vota pola nova do futuro: cal é a nova que veremos en NOVA dentro de DEZ ANOS?

Benvido ao noso concurso para meigos, videntes, adiviños e iluminados diversos. Ainda que non posúas ningún poder sobrenatural, se cadra estás en disposición de nos dicir cal coidas que será algunha nova fantástica do futuro: a voda gai de Tom Cruise? Unha película sobre as conspiracións do 11-M? Un escritor fantástico galego gaña o Nóbel?

Ollo, porque este concurso vai ficar sen prémio... até dentro de dez anos! Temos toda a intención de comprobar se os teus presáxios van ser bós, e se o son... prepára-te a recebir un prémio por todo o alto! O noso prémio serán TRESCENTOS EUROS contantes e soantes! Se cadra coa inflación dentro de dez anos non serán moitos... pero tí, que és capaz de adiviñar o futuro, xa podes prevelo!!

Envía-nos a túa resposta a futuro@novafantasia.com. E ainda que dentro de dez anos haberá outro prémio, mentres tanto, entre todos os participantes sortearemos un lote de libros e CDs de NOVAFANTASIA!

 

linha

Copyright © 2007 DUMBRIA.NET