Homepage
O Índice
As novas
Lista de Correio
Procuras
A Tenda
Os xogos
Publicidade
Contactos

 

As novas longas
Ir ás novas longas

Actualiza esta páxina!
Actualizar contidos

As novas breves de NOVA fantasia
Novas actualizadas o

  • [2:04 08/11/2007] White Noise 2, a secuela do filme de terror sobrenatural de 2005, sairá directamente ao mercado de aluguer de DVD o vindeiro 8 de xaneiro, protagonizado por Nathan Fillion e Katee Sackhoff. Nesta ocasión o filme tratará das "experiéncias preto da morte" ademáis dos supostos fenómenos de psicofonías.

  • [2:04 08/11/2007] Jennifer Connelly e Kathy Bates serán probábelmente as protagonistas de The Day the Earth Stood Still, o remake do clásico de ciéncia-ficción de 1961 da 20th Century Fox. Keanu Reeves xa estaba confirmado para protagonizalo. Scott Derrickson será o director e Ryne Douglas Pearson o guionista.

  • [2:04 08/11/2007] O gañador do prémio Gaylactic Spectrum deste ano, que é outorgado ás obras de ciéncia-ficción que traten ou teñen un punto de vista positivo sobre persoaxes ou temas gais, lésbicos ou bisexuais, foi Hal Duncan pola súa novela Vellum.

  • [2:04 08/11/2007] Josh Lucas (Poseidon) protagonizará Tell-Tale, o thriller psicolóxico da Scott Free Productions que dirixe Michael Cuesta baseado no conto de Edgar Allan Poe O corazón delator.

  • [18:42 28/10/2007] Corre o rumor de que Rupert Evans, o xoven actor inglés coñecido polo filme Hellboy, ven de se facer co papel de Superman no vindeiro filme de George Miller A Liga da Xustiza de América. Outros actores tamén probados para diversos papeis no filme foran Adam Brody, Joseph Cross, D.J. Cotrona, Mary Elizabeth Winstead, Michael Angarano, Teresa Palmer, Max Thieriot e mais o rapeiro Common.

  • [18:42 28/10/2007] Jim Caviezel e Claudia Karvan serán os protagonistas dun remake do thriller de suspense australiano de 1978 Long Weekend. Jamie Blanks (Urban Legend) dirixirá este filme en Austrália a partir de novemebro. O guión, de Everett de Roche, vai sobre unha parella de mozos que están a facer cámping e que se poñen a cazar animais salvaxes por diversión, até que a natureza comeza a súa vinganza.

  • [23:53 14/10/2007] O blog “Días de vino y fándom” convoca a primeira edición do orixinal concurso de artigos relacionados coa fantasía, ciéncia-ficción e/ou terror, na cal premiará-se o peor dos artigos recibidos, segundo afirman, "coa única e sán intención de botar uns risos". Máis información no sítio Web oficial do devandito blogue.

  • [23:53 14/10/2007] Nada de James McAvoy e Paul McGillion: o protagonista de Shaun of the Dead Simon Pegg interpretará a Scotty na vindeira película de J.J. Abrams da saga de Star Trek. John Cho (Harold and Kumar Go to White Castle), pola súa banda, asumirá o papel do piloto Sulu.

  • [23:52 14/10/2007] A creadora de Harry Potter, a escritora J.K. Rowling, vai demandar a un grupo comunitário na Índia por infrinxir os dereitos de autor, acusándoo de recrear a escola de bruxería de Hogwarts para un festival relixioso.

  • [23:52 14/10/2007] Tobe Hooper (Poltergeist) dirixirá a adaptacion á pantalla grande da novela de Stephen King Buick 8. O actor e guionista Johnathon Schaech e Richard Chizmar escribiu o libreto, que contará con produción da Moonstone Entertainment e mais a Amicus Entertainment. Buick 8 vai sobre un misterioso coche gardado nuns barracóns da Policía.

  • [19:23 14/10/2007] A HispaCon 2007 Ishbiliya será en Sevilla os días 2, 3 e 4 de novembre no Pavillón Hassan II da vila andaluza e a un mes da súa celebración conta xa cun programa prácticamente pechado. Os convidados de honra desta HispaCon serán os escritores Rafael Marín (España), Rhys Hughes (Escócia) e Guy Hasson (Israel). Entre as conferéncias máis salientábeis haberá algunhas con títulos coma "A influenza do mundo árabe e mediterráneo na obra de Lovecraft", "O cómic após do 11 de setembro" ou "O libro electrónico: un novo xeito de consumir literatura". Contará-se con presentacións editoriais do Grupo AJEC, Hegemón Ediciones, Parnaso ou Roca Editorial, coa IX Aznarcon, a Asemblea Anual da AEFCFyT e proxeccións de filmes coma Próxima (de Carlos Atanes). A cota por participar é de 15 euros.

  • [0:49 06/10/2007] O último rumor sobre a proposta cuarta entrega da saga de Terminator é que McG podería ser o seu director. Seica a semana pasada rematou-se o guión, e a Halcyon Company quere comezar a preprodución axiña. O argumento podería basearse nalgún intre após do apocalipse, con John Connor organizando aos humáns supervivintes para resistir ao exército de robots da Skynet.

  • [0:49 06/10/2007] De novo volve escoitar-se o rumor de que o director de O Labirinto de Pan Guillermo del Toro podería dirixir unha adaptación da novela de H.P. Lovecraft Nas montañas da loucura após de que remate o seu actual traballo en Hellboy 2: The Golden Army.

  • [0:49 06/10/2007] Até o día 17 de outubro está ainda aberto o prazo de presentación de obras para o Prémio de Poesía “I Conde de Gondomar” que organiza o Centro de Iniciativas Turísticas do Val Miñor. Este concurso está aberto a calquera persoa maior de 18 anos e recolle dúas categorías: castelán e galego. A temática é libre e a extensión da obra a presentar debe oscilar entre 100 e 300 versos. Os prémios do concurso consisten en estáncias de fin de semana na devandita bisbarra. Además, será editado un libro coas obras gañadoras.

  • [0:49 06/10/2007] O novo rumor sobre a vindeira entrega de Star Trek é que o actor de 28 anos Mike Vogel (Poseidon) é o máximo candidato para interpretar a James T. Kirk neste filme de J.J. Abrams. A data de estrea da película, ainda sen título oficial, é o 18 de xaneiro de 2008.

  • [0:48 06/10/2007] Jessica Biel ven de decidir aceptar o papel de Wonder Woman na vindeira película de acción real da Warner Brothers coa famosa súper-heroína coma protagonista xunto aos restantes membros da Liga da Xustiza de América. Por outra banda, os rumores apuntan a que Tyrese Gibson será Lanterna Verde neste mesmo filme baseado na popular franquía da DC Comics.

  • [0:48 06/10/2007] Os produtores da série de ciéncia-ficción da ABC Perdidos revelaron nunha entrevista exclusiva que están a escoitar as peticións dos fans, e que algunhas delas serán incorporadas ao guión da série. Agardemos que unha desas peticións fora rematar por fin con ela.

  • [19:50 29/09/2007] O Prémio de relato fantástico Domingo Santos 2007 foi este ano para a novela Sem Ezra, presentada baixo o alcume de "Science fiction writer", que resultou ser Felipe Mayoral García, de Parla, Madrid. O xurado estivo presidido por Darío Marimón García e foron vogais Francisco José Suñer Iglesias e Raúl Gonzálvez del Águila.

  • [19:50 29/09/2007] Din que o ex-protagonista da série Stargate Atlantis Paul McGillion podería obter o papel de Scotty na vindeira película de J.J. Abrams, a nova entrega da saga de Star Trek. O actor, nado en Escócia pero nacionalizado canadiano, interpretou ao Dr. Carson Beckett en Atlantis; o seu persoaxe morreu na terceira tempada, pero regresará nuns capítulos da cuarta.

  • [18:17 15/09/2007] Matthew Vaughn, que será o director da versión cinematográfica de Thor, desvelou nunha entrevista que a súa pwelícula terá unha sensibilidade de cómic: "a miña única preocupación é que é outro filme fantástico, pero é diferente no sentido de que ñe un filme de superheroes ambientado nun mundo de fantasía. Tes a Thor e a Odin e están en Asgard. Non vai ser coma O Señor dos Aneis nin coma Nárnia. É importante que sega sendo cómic. Non imos facer o Thor da mitoloxía nórdica. Imos facer o Thor da Marvel".

  • [14:34 23/09/2007] La torre oscura: El nacimiento del pistolero é o título do primeiro número do cómic que narra as aventuras xa noveladas na saga A Torre Escura de Stephen King. É novidade nos quiosques e librarías de Galiza e conta co guión de Peter David e mais o debuxo de Jae Lee.

  • [14:34 23/09/2007] En celebración do 25º aniversário do clásico filme de terror Poltergeist, a Warner Home Video e mais a National CineMedia presentarán unha proxección especial o vindeiro 4 de outubro ás 7:30 nalgúns cinemas de Los Angeles. O resto dos mortais teremos que agardar á versión remasterizada en DVD que hai prevista para o día 9 do mesmo mes.

  • [14:34 23/09/2007] A Dimension Films ven de anunciar o reparto completo da comédia Superhero e de designar o 28 de marzo para o lanzamento do filme, que foi escrito e será dirixido por Craig Mazin, autor do guión da 3ª e 4ª parte da saga de Scary Movie. No reparto estarán Drake Bell, Sara Paxton, Christopher McDonald, Leslie Nielsen, Kevin Hart, Marion Ross, Ryan Hansen, Jeffrey Tambor e Brent Spiner, coa produción de David Zucker e Robert K. Weiss.

  • [14:34 23/09/2007] O vindeiro 1 de nadal terá lugar o III Torneo de Valadares do xogo de rol Warhammer Fantasy. Todos aqueles interesados en participar e/ou que queiran saber máis, poden pasar-se pola tenda "Banda Deseñada" en Vigo ou tamén poden visitar este fóro onde se irá proporcionando toda a información sobre o torneo.

  • [17:57 15/09/2007] O director de anúncios Joseph Kosinski, que está por asinar o contrato coa Disney poara desenvolver unha secuela do clásico de 1982 Tron, describiu o proxecto coma "o seguinte capítulo" da película orixinal. Kosinski, que o mes pasado comprometeu-se a dirixir un remake de A fuga de Logan, supervisará os efectos especiais e tomará parte na escritura do guión xunto a Eddie Kitsis e Adam Horowitz.

  • [1:15 09/09/2007] A editorial Panini ven de lanzar o cómic A gorida do horror, do debuxante Richard Corben. Por se non fora pouco contar con Corben, hai que sumar a Edgar Allan Poe porque o guión de Margopoulos adapta unha série de relatos e poesías do mítico escritor americano. Coa base dos textos orixinais de Poe, os autores alternan histórias que siguen ao pé da letra o texto orixinal, limitándo-se a poñe-las en imaxes, con outras nas que o original só serve de inspiración para crear algo totalmente novo. Xunto a cada história publica-se tamén o texto orixinal de Poe, dándo-lle ao lector a opción de comparar orixinal e adaptación.

  • [17:57 15/09/2007] O escritor de novelas de ciéncia-ficción e especialista en abduccións Whitley Strieber ven de anunciar no seu sítio Web oficial que o director Wolfgang Petersen vai facer un filme baseado na novela de Strieber The Grays. Seica a Sony escolleu ao realizador alemán para que faga a versión cinematográfica do popular thriller que é unha espécie de continuación de Communion, o relato da suposta abducción que sofriu o mesmo Strieber por parte de maléficos seres dop espazo exterior (os "grises").

  • [17:57 15/09/2007] Kevin McKidd, o protagonista da série Journeyman, confirmou que podería ser o protagonista da versión para a pantalla grande do popular cómic da Marvel Thor. Nunha rolda de prensa o pasado día 6, McKidd dixo que os rumores son "semi-certos" e que o seu axente estivo a falar coas produtores, ainda que eles seica querían a alguén moito máis novo (18-19 anos) para o persoaxe. Matthew Vaughn será o director do filme, e quere contar con McKidd para o papel principal ou alomenos para algún outro salientábel.

  • [17:57 15/09/2007] A Universidade Carlos III de Madrid, xunto á Asociación Cultural Xatafi organizarán o I Congreso Internacional de Literatura Fantástica e de Ciéncia-Ficción, o que suporá un punto de encontro entre profesores, investigadores e escritores e un espazo académico dende o que trabajar conxuntamente sobre a literatura fantástica, de ciéncia-ficción e terror. Os interesados en participar de calquera xeito terán que se dirixir á devandita Universidade a rtavés dun correio electrónico antes do 15 de febreiro de 2008.

  • [17:57 15/09/2007] Após de non poucas especulacións, xa hai título oficial para a cuarta entrega da saga de Indiana Jones: Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull (Indiana Jones e o Reino da Caveira de Cristal), segundo anunciou o coprotagonista do filme, Shia LaBeouf, no decurso da entrega dos prémios da MTV o pasado 9 de setembro en Las Vegas. O filme será estreado o 22 de maio de 2008.

  • [17:57 15/09/2007] A vindeira secuela de X-Men, o filme sobre Lobeto, escomezará a se rodar axiña, no mes de novembro, en Sydney (Austrália), con Hugh Jackman repetindo no papel do mutante das poutas de adamantium. O director do proxecto será Gavin Hood.

  • [1:15 09/09/2007] Seica a Disney está a loitar duramente para obter os dereitos de emisión da vindeira série de debuxos animados de George Lucas Clone Wars sobre a Guerra das Galáxias. A Disney pretende converter unha parte de "Tomorrowland" na Disneylándia de Florida para que a Lucasfilm a utilice para un novo parque temático baseado na súa franquía. Polo de agora non hai ningún acordo pechado entre as dúas empresas.

  • [1:15 09/09/2007] O guionista e director do clásico Tron, Steven Lisberger ven de vender Soul Code, o guión dun filme de ciéncia-ficción sobre un pioneiro da tecnoloxía que perfeccionou un xeito de se descargar e transferir a memória dunha persoa. O mesmo Lisberger dirixirá o filme, xa que a secuela do seu Tron nunca chegou ter o visto bó da Disney.

  • [1:15 09/09/2007] O prémio Prometheus que concede anualmente a Sociedade Futurista Libertária foi este ano para a novela Glasshouse de Charles Stross. No seu particular Salón da Fama entraron It Can't Happen Here de Sinclair Lewis e True Names de Vernor Vinge, e o prémio especial foi para o filme V for Vendetta.

  • [1:15 09/09/2007] A EON Productions e mais a Columbia Pictures veñen de contratar ao deseñador de efectos especiais dos filmes A Supremacía de Bourne e O ultimato de Bourne, Dan Bradley, para a vindeira 22ª entrega da saga de James Bond. Bradley é o responsábel das abraiantes escenas de persecución de coches nos filmes de Bourne e agarda poder facert o mesmo ou algo ainda millor na nova aventura do axente secreto, cuxa rodaxe escomezará probábelmente neste inverno.

  • [1:15 09/09/2007] Alice Braga ven de ser contratada para interpretar o papel feminino principal xunto a Jude Law e Forest Whitaker no thriller futurista da Universal Repossession Mambo. Miguel Sapochnik dirixirá seguindo un guión de Eric Garcia e Garrett Lerner. Baseada nunha novela de Garcia, a história vai sobre un tal Remy (Law), un home embargado feito de anacos de órganos artificiais que recibe un trasplante de corazón. Mentres loita por pagar as súas débedas, debe fuxir do seu antigo sócio. Braga fará de Beth, a ex-muller de Remy.

  • [18:21 01/09/2007] John Williams, o compositor cuxa música xa estivo presente nas dúas primeiras películas da saga de Harry Potter, ten postas as súas esperanzas, segundo din, en regresar para Harry Potter and the Deathly Hallows. Nicholas Hooper compuxo a música do último filme de Potter, A Orde do Fénix, e Patrick Doyle o anterior, O cáliz de fogo.

  • [18:21 01/09/2007] A Dark Horse está a desenvolver unha comédia de ciéncia-ficción e terror titulada War Monkeys, cun guión de Cleve Nettles baseado nunha história do produtor Chris Patton. O filme irá sobre un bedel que, durante unhas vacacións de nadal, fica atrapado nunhas instalacións militares xunto a un mono adestrado polo Exército.

  • [18:21 01/09/2007] A Warner Brothers ven de chegar a un cordo co director de 300, Zack Snyder, para que faga un remake de The Illustrated Man, baseado na clásico escolma de relatos de Ray Bradbury. Snyder está arestora a facer Watchmen para os mesmos estudos. El mesmo dirixirá e producirá este remake, co guionista de Watchmen Alex Tse facendo o libreto da adaptación. Rod Steiger protagonizou unha primeira versión do conto de Bradbury en 1969.

  • [18:21 01/09/2007] Dwayne "The Rock" Johnson protagonizará Witch Mountain, a segunda parte do filme da Disney de 1975 Escape to Witch Mountain. Andy Fickman dirixirá e a produción escomezará en marzo. Johnson sería un taxista de Las Vegas que recolle a un par de irmáns con poderes máxicos. Matt Lopez é o autor do guión máis recente.

  • [16:32 25/08/2007] A protagonista de Ghost Rider Eva Mendes uniu-se ao reparto de The Spirit que dirixirá Frank Miller. Scarlett Johansson, Samuel L. Jackson e Gabriel Macht xa asinaran previamente para este filme, baseado no cómic clásico de Will Eisner.


    Fai clic aquí para ir ás novas de NOVA fantasia!

Copyright © 1997-2007 Dumbría.NET