Homepage
O Índice
As novas
Lista de Correio
Procuras
A Tenda
Os xogos
Publicidade
Contactar

Recomendacións para os nosos políticos

Xa que logo inda existen grupos supostamente políticos, coma os organizadores de recentes manifestacións en España, que pretenden que a lei civil do Estado debe axeitarse á lei de Deus (entendendo "lei de Deus" como equivalente á Bíblia), aquí temos unhas cantas recomendacións que a devandita lei divina esixe aos seus créntes, e que polo de agora, que nós saibamos, inda non foron abolidas polas autoridades cristianas, polo que son de obrigado cumprimento para todos os cristiáns:

  1. O matrimónio consistirá na unión entre un home e unha ou mais mulleres. (Xéne 29:17-28; 2 Sam 3:2-5) O matrimónio non debe impedir o direito dun home para tomar concubinas ademáis da sua esposa ou esposas. (2 Sam 5:13; 1 Reis 11:3; 2 Crónicas 11:21).

  2. Un matrimónio só será considerado válido se a esposa é virxe. Se non o é, ela será executada. (Deut 22:13-21) O matrimónio dun cristián e unha pagá (ou viceversa) estará proibido. (Xéne 24:3; Num 25:1-9; Ezra 9:12; Neh 10:30).

  3. Xa que o matrimónio é de por vida, nen a Constituizón nen as leis poderán permitir o divórcio. (Deut 22:19; Mar 10:9)

  4. Se un home casado morre sen fillos, o seu irmán deberá casar coa viúva. Se rehúsa casar coa viúva do seu irmán ou non lle dá a ela un fillo, el deberá pagar unha multa dun zapato e ser castigado adicionalmente da forma que determine a lei. (Xéne. 38:6-10; Deut 25:5-10)

  5. A lei debe preservar o deber de cada cidadán de queimar un boi en sacrifício, a fin de que o seu cheiro compraza aos seus viciños (tal como compraze a Deus) ou non. (Lev 18:22)

  6. Cada cidadán terá o direito de vender a(s) sua(s) filla(s) como escravas, fixando o prezo que crean convinte. (Éxodo 21:7)

  7. Todos os cidadáns poden posuir escravos, coma nos bos vellos dias, tanto homes coma mulleres, sempre e cando sexan estranxeiros. (Lev 25:44)

  8. Calquera cidadán que atope a un viciño traballando o domingo debe matá-lo. (Éxodo 35:2)

  9. Comer mariscos de calquera clase debe considerar-se "unha abominación", con penas estabelecidas polos responsábeis de facer cumprir a lei. (Lev 11:10)

  10. Todo cidadán que padezca mala visión e que sen embargo asista á igrexa será culpábel dunha abominación. (Lev 21:20)

  11. Curtar-se o pelo ao redor das vidallas será un crime capital. (Lev 19:27)

  12. Xa que tocar a pel dun porco morto o convirte a ún en "impuro", ninguén pode usar luvas de pel de porco. (Lev 11:6-8)

  13. Calquera persoa que prante dous tipos de cultivo nun campo, que use prendas de duas teas distintas, ou que maldiga ou blasfeme, debe ser apedreado até morrer. (Lev 19:19, 20:14)

linha

Copyright © 2005 Dumbría.NET