Homepage
O Índice
As novas
Lista de Correio
Procuras
A Tenda
Os xogos
Publicidade
Contactar

Aviso legal sobre o acceso ao website de NOVA FANTASIA


Todos os direitos de propriedade industrial e intelectual dos websites novafantasia.com, novafantasia.es e novafantasia.net así coma dos elementos contidos no mesmo (que inclúen, entre outros, imaxes, sóns, áudio, vídeo, software ou textos) pertencen ao seu Editor Fran Morell ou, no seu caso, a terceiras persoas.

O USUÁRIO poderá visualizar tales elementos e mesmo imprimí-los, copia-los e almacena-los no disco duro do seu ordenador ou en calqueroutro suporte físico sempre e cando sexa únicamente para o seu uso persoal e privado, ficando, polo tanto, terminantemente proibida a sua utilización con fins comerciais, a sua distribución, asi como a sua modificación, alteración ou descompilación.

O website de NOVA FANTASIA proporciona o acceso a multitude de informacións, servizos, programas ou dados (en adiante, "os contidos") na Internet pertencentes a terceiras persoas aos que o USUÁRIO pode ter acceso. Se ben NOVA FANTASIA actua de boa fe, non se convirte en editor de ditos contidos nin se fai responsábel directa ou indirectamente de cantas reclamacións podan derivar-se da calidade, fiabilidade, exactitude ou corrección dos mesmos.

O USUÁRIO compromete-se a facer un uso axeitado dos contidos e servizos (como por exemplo servizos de chat, foros de discusión ou grupos de novas) que NOVA FANTASIA oferece a través do seu website e a non empregá-los para: (i) incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrárias á boa fe e á orde pública; (ii) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do feixismo ou atentatório contra os direitos humanos; (iii) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de NOVA FANTASIA, dos seus fornecedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calesqueira outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptíbeis de provocar os danos anteriormente mencionados; (iv) tentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correio electrónico doutros usuários e modificar ou manipular as súas mensaxes.

NOVA FANTASIA reserva-se o direito de efectuar sen prévio aviso as modificacións que considere axeitadas no seu website, puidiendo mudar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se empresten a través da mesma como a forma na que éstos aparezan apresentados ou localizados no seu website.

NOVA FANTASIA perseguirá o contravimento das anteriores condicións asíi como calquera utilización indebida dos seus websites exercendo todas as accións civis e penais que lle podan corresponder en direito.

Copyright © NOVA FANTASIA 2007 | Rúa Toledo 11, 9ºL - 36205- VIGO.

 

0

Copyright © 2007 Dumbría.NET