As novas de NOVA FANTASIA

Xuño de 2006 - Novembro de 2006


Luz e Escuridade

[23:52 08/06/2006] Após de case catro anos de probas e máis probas, Dark and Light, un novo xogo de rol fantasía multixogador, xa pode ver a luz do día. O xogo está en liña dende a semana pasada cun mundo onde caben até 500.000 habitantes xogando no mesmo servidor ao mesmo tempo. Stephane Quilichini, deseñador xefe do proxecto, dixo que os xogadores poden agardar "total liberdade". Ao comezo, os xogadores terán acceso a un sistema de combate experto, un sistema de navegación profunda e máis de 400.000 monstros presentes no campo. Tamén hai centos de vilas en todo o mundo e un denso e dinñamico sistema de transporte para axudar á exploración.

O mundo de Ganareth ten cinco reinos: Escuridade, Luz, Al Drifa, Ysatis e Agnar, cunha superfície aberta de 29.000 kilómetros cadrados, unhas 32 veces o tamaño do xogo Everquest, e iso após delle incluir os seus nove paquetes de expansión.

Ademáis do modo normal de xogo, de exploración, tamén hai dúas cousas que os xogadores poden facer: manter relacións sociais, enfocándose na política ou no comércio, ou guerrear. O sistema de oficios do xogo é moi profundo e crea un mundo completamente baseado na artesanía: "todos os obxectos están calificados cunha escala que vai de 0 a 100", dixo Quilichini a preguntas dos nosos reporteiros. "Só os obxectos de nivel 0 están dispoñibeis para os vendedores. Facer obxectos tamén require práctica. Para evitar asulagar a economía con obxectos inúteis, "Dark and Light" usa obxectos de práctica, que son necesários para facer cousas de verdade. Así, cantas máis luvas de práctica fagas, máis oportunidades terás de facer un par de luvas de verdade".

O argumento de Dark and Light está baseado nunha bíblia chamada Ganaptheron, que describe as orixes das faccións de Dark and Light. Detalla a era na que governaban os deuses e como 14 inmortais foron chamados para restaurar a paz e preservar a harmonía en Ganareth. Dark and Light está dispoñibel só para PC.


Carl Sagan en Everfree

[22:52 15/06/2006] O escritor de ciéncia-ficción Nick Sagan, fillo do célebre astrónomo Carl Sagan, dixo na presentación da súa última novela, Everfree ("Sempre libre"), que con ela remata a sua triloxía debut e que é un anaco de ciéncia ficción social: "A ciéncia-ficción social é o meu xénero favorito de ciéncia-ficción, e é un priviléxio poder escribir un libro coma este, especialmente nestes tempos perigosos", comentou Sagan nunha entrevista. "En "Cosmos", o meu pai dixo que non hai sinais óbvias de intelixéncia extra-terrestre, e isto fai preguntarnos se as civilizacións coma a nosa corren inevitábelmente cara aá súa autodestrución. Soño con iso... e ás veces son malos soños. Coido que todos soñamos sobre cara a onde nos diriximos como colectivo, e "Everfree" é a miña pequena contribución a ese diálogo".

A triloxía, que comezou en 2003 con Idlewild, narra a história dunha pandémia que mata a miles de millóns de persoas, deixando a nenos alterados xenéticamente como os únicos sobrevivintes. Criados en aillamento por intelixéncias artificiais, os nenos inmuno-optimizados chegan á idade de herdar unha Terra despoboada, onde deben afrontar as enormes tarefas de atopar unha cura para a enfermidade, e logo revivir aos humanos que foran crioxenizados. "É unha responsabilidade abrumadora, e ao longo da série hai unha loita entre o que queren acadar persoalmente e aquilo para o que foron deseñados".

Sagan dixo que en Everfree, os post-humáns xa teñen o andazo baixo control e están no proceso de resucitar a milleiros de humáns crioxenizados. Pero só os máis ricos e poderosos puideron pagar pola súa crioxenización, así que son os xefes das grandews compañías, os xefes de Estado e os ultra-privilexiados os que herdarán a Terra... E mentres que os nenos loitan por establecer unha sociedade igualitária, algúns dos resucitados teñen outras ideias e queren reistalar-se en posicións de poder. A cuestión é se esa sociedade terá os mesmos defectos cá anterior ou non caerá nas mesmas trampas.

Ainda que Everfree remata a triloxía, Sagan dixo que tiña plans para o futuro dos seus persoaxes. "Porque amo estes persoaxes e o universo que habitan, e é duro deixalos atrás. Sei que regresarei ás súas histórias nalgún intre máis adiante".


Candidatos aos IHG

[22:52 15/06/2006] A International Horror Guild ven de anunciar aos candidatos aos seus prémios de 2005 e nomeaou á autora Chelsea Quin Yarbro como Lenda Viva do xénero. Yarbro convírte-se asemade na primeira muller en recibir este galardón. Os prémios anunciarán-se na Convención Mundial de Fantasía que terá lugar ente os días 2 e 5 de novembro en Austin, Texas. Os candidatos nas principais categorías son:

  • [22:56 15/06/2006] O ilustrador Tim Hildebrandt finou o pasado domingo 11 de xuño aos 67 anos por mor de complicacións na súa diabete. Hildebrandt era recoñecido por ser ún dos irmáns Hildebrandt xunto co seu xemelgo Greg; entre as súas obras atópan-se o póster orixinal de A Guerra das Galáxias e unha série de calendários moi populares nos anos 70 sobre a obra de Tolkien.

  • [22:56 15/06/2006] A canle americana por cabo Logo, adicada ao público gai e lesbián, emitirá unha série titulada The Gay Ghost, unha comédia de situación cun espírito chamado Cosmo que está a enmeigar a casa dunha família conservadora.

  • [23:54 08/06/2006] Os gañadores dos prémios MTV Movie foron anunciados o pasado día 3, ainda que non poderemos velo na tele até o vindeiro día 8 de xuño. Na listaxe de gañadores, os que teñen algunha relación co xénero fantástico son: o prémio ao millór falcatruán para Hayden Christensen (A Vinganza do Sith), millor heroe, Christian Bale (Batman Begins), e a interpretación máis sexi, Jessica Alba (Sin City).

  • [22:58 08/06/2006] Seica a produtora Filmax terá que estrear directamente en DVD para o mercado de aluguer a súa série de películas que baixo a denominación Películas para non dormir pretendían nun primeiro intre ter un óco na grella de Telecinco. O proxecto de cinema fantástico, do que xa vos falamos en NOVA hai dous anos, está coordinado por Narciso Ibáñez Serrador e nel participan algúns dos directores do xénero mais importantes de España. A série consta de seis películas independentes dirixidas por Narciso Ibáñez Serrador (A Culpa), Álex de la Iglesia (A habitación do neno), Mateo Gil (Regreso a Moira), Enrique Urbizu (Adiviña quen son), Paco Plaza (Conto de Nadal), e Jaume Balaguerò (Para entrar a vivir).

  • [22:58 08/06/2006] A República Popular China, a derradeira ditadura totalitária do planeta, ven de dar ordes aos cinemas de todo o país para que deixen de proxectar o filme O Código da Vinci. As autoridades do país comunista non deron ningunha razón para esta prohibición fulminante, pero non está moi claro que sexa por respectar as crenzas dos cidadáns relixiosos.


    Os prémios do Terror

    [21:34 22/06/2006] Esta pasada fin de semana tivo lugar a Convención anual da HWA, a asociación americana de escritores de terror, e no decurso da mesma se fixo entrega dos prémios Bram Stoker. Os gañadores son:

    • Novela (empate): Creepers, de David Morrell e Dread in the beast, de Charlee Jacob
    • Novela Curta: In the midnight museum, de Gary Braunbeck
    • Relato Longo: Best New Horror, de Joe Hill
    • Relato Curto: We now pause for Station Identification, de Gary Braunbeck
    • Antología : Dark Delicacies: Original Tales of terror and the Macabre, de Del Howison e Jeff Gelb
    • Colección: Twentieth Century Ghosts, de Joe Hill
    • Novela de debut: Scarecrow Gods, de Weston Ochse
    • Ensaio: Horror: Another 100 best books, de Stephen Jones e Kim Newman
    • Poesía: Freakcidents, de Michael A. Arnzen


    Spielberg desafiará a gravidade

    [22:53 15/06/2006] O cineasta Steven Spielberg regresará ao xénero da ciéncia-ficción cun proxecto ainda sen título pero que vai tratar sobre as teorías do físico do Caltech Kip Thorne sobre os campos gravitatórios.

    Ainda que o proxecto está en fase embrionária, ainda sen guión, e que levará como pouco tres anos rematalo, Thorne xa escribiu un pequeno esbozo coa axuda da produtora e entusiasta da ciéncia Lynda Obst, para pedir a Spielberg que interveña. Obst producirá o filme a través da súa empresa.

    Baseado en ciéncia real, o filme explorará o território ignoto dos buratos negros e das ondas de gravidade e tocará algunha das hipóteses que Albert Einstein sempre perseguíu pero nunca puido probar. Thorne, amigo de toda a vida de Obst, é ún dos líderes mundiais no eido da teoría da relatividade.

    Ainda non se sabe como poderán evolucionar estas espesas teorías para se converteren en cinema, pero o proxecto xa foi definido como "semellante a 2001: unha odiseia do espazo".

    Spielberg, que dirixiu o ano pasado o éxito A Guerra dos Mundos para a Paramount, está arestora envolto con outro proxecto de ciéncia-ficción, When Worlds Collide, para os mesmos estudos.

    Ainda que non se sabe con que proxecto se vai embarcar despóis, Spielberg ten xa moitos filmes agardando na súa axenda Indiana Jones 4 para a Paramount e un filme ainda sen título baseado na vida de Abraham Lincoln para a DreamWorks.


    A TVG estrea Dolmen

    [22:52 15/06/2006] A produción europea, de seis capítulos, dará un toque de mistério ás noites do luns.

    Estraños sucesos ocorren na Bretaña, país de lendas, entre dolmens e menhires, onde adoitan darse acontecementos dramáticos e de difícil explicación.

    Nesta zona da Bretaña francesa, Marie Kermeur, oficial da policía xudicial en Brest, regresa á súa illa natal, Ty Kern, para casar con Christian Bréhat. Pero a véspera da súa voda, o seu irmán é atopado morto ao pé do cantil. Entón é cando rexorde unha vella lenda sobre náufragos, que implica á familia de Marie. Lucas Fersen, da Brigada Criminal de París, especializado en crimes rituais, desembarca na illa para se encargar das investigacións que, xunto con Marie, levará a cabo.

    A beleza salvaxe da illa bretona de Ty Kern é o brutal teatro dos acontecementos tan estraños como dramáticos que están a se producir: numerosas mortes teñen lugar en circunstáncias misteriosas e seguindo un ritual que fai rexurdir unha vella lenda da illa.

    Esta nova produción francesa realizada no ano 2005 está dirixida por Didier Albert e encabezada no reparto, entre outros artistas, por Ingrid Chauvin, Bruno Madinier, Yves Rénier, Xavier Deluc, Jean-Louis Foulquier, Manuel Gelin, Luc Thuillier e Nicole Croisille.


    Agustín Agra obtén o Merlín

    [22:52 15/06/2006] O autor Agustín Agra Barreiro foi o gañador do prémio Merlín que organiza cada ano a viguesa Edicións Xerais, co relato O tesouro da lagoa de Reid'Is.

    Agra escribiu este texto para regalarllo a un sobriño seu, pero segundo dixo, "polo camiño decidín presentalo, pero non pensaba gañar [o prémio]".

    A história que conta Agra, que xa foi gañador en 2004 do XXX certame nacional galego de narracións breves Modesto Rodríguez Figueiredo coa obra Os límites do inimaxinable, "mestura un pouco de lenda, un pouco de fantasía e outro pouco de mito artúrico". A história está orientada para os nenos de dez a doce anos "porque esa é a idade que ten o meu sobriño e sempre escribo pensando en alguén concreto".

    Agustín Agra indicou ademais que "a história aproveita todas as características das lendas e da fantasía; en realidade é un avó que lle vai contando historias aos seus netos".

    Agra indicou que se sentía "lixeiramente sobrepasado pola repercusión do prémio" e porque "en ningún momento pensei en sério que tivese oportunidade de gañalo". O gañador deste premio dotado con 7.500 euros sinalou: "Comecei a escribir para divertirme e para regalar o que escribía aos amigos e aos parentes, sen máis intención".

  • [22:56 15/06/2006] Os finalistas deste ano para os prestixiosos prémios Sidewise aos millores traballos de história alternativa inclúen as novelas de Ian R. MacLeod, Sophia McDougall e Paul Park, e relatos de William Barton, A.M. Dellamonica, Kim Newman e Paul McAuley. Os gañadores serán dados a coñecer na convención mundial de ciéncia-ficción que este ano terá lugar do 23 ao 27 de agosto en Anaheim, Califórnia.

  • [22:56 15/06/2006] A Paramount Pictures e mais a Nickelodeon Movies veñen de se facer cos dereitos sobre un guión para un filme de debuxos animadosd e carácter familiar titulado Mayfly, escrito por Leo Benvenuti e Steve Rudnick. Seica o guión vai sobre a vida nun día dun insecto, que ten que aprender o valor de vivir o momento.

  • [22:56 15/06/2006] A Avenue Pictures anunciou o 9 de xuño o comezo da rodaxe en Los Angeles de Sex and Death 101, unha comédia romántica de carácter fantástico do guionista Daniel Waters e protagonizada por Simon Baker e Winona Ryder. No filme, Roderick Blank (Baker) é un home moderno e de éxito que recebe un e-mail unha semana antes de casar e no que ven unha listaxe de todas as mulleres coas que mantivo relacións sexuais... e de todas coas que as manterá.

  • [22:56 15/06/2006] O filme Cars aparcou no número ún da billeteira americana con 68 millóns de dólares recadados na súa primeira fin de semana. Tras desta estrea situáron-se The Break-Up, X-Men III, A Profecía e Veciños invasores.

  • [22:56 15/06/2006] Outro filme que sofriu as iras da censura chinesa é Misión Imposíbel III, tamén prohibido polo governo comunista segundo se dixo "polo xeito no que se presenta a Shanghai nas escenas chinesas". A película de Tom Cruise amolou moito ás autoridades comunistas porque Shanghai aparece retratado con moita pobreza e violéncia.


    Gañadores dos prémios Locus

    [21:34 22/06/2006] O pasado sábado anunciaron-se os gañadores dos prémios Locus no Salón da Fama. A listaxe completa de gañadores é a que segue:

    • Novela de CF: Accelerando, de Charles Stross
    • Novela de Fantasía: Anansi Boys, de Neil Gaiman
    • Novela de debut: Hammered/Scardown/Worldwired, de Elizabeth Bear
    • Novela xuvenil: Pay the Piper, de Jane Yolen e Adam Stemple
    • Novela Curta: Magic for Beginners, de Kelly Link
    • Relato Longo: I, Robot, de Cory Doctorow
    • Relato Curto: Sunbird, de Neil Gaiman
    • Revista: The Magazine of Fantasy and Science Fiction
    • Editorial: Tor
    • Antoloxía: The Year´s Best Fantasy and Horror: Eighteenth Annual Collection, de Ellen Datlow, Kelly Link e Gavin Grant
    • Escolma: Magic for Beginners, de Kelly Link
    • Editor: Ellen Datlow
    • Ilustrador: Michael Whelan
    • Ensaio: Storyteller: Writing Lessons and More from 27 Years of the Clarion Writers’ Workshop, de Kate Wilhelm
    • Libro Ilustrado: Cathy & Arnie Fenner, eds. Spectrum 12: The Best in Contemporary Fantastic Art

  • [22:57 15/06/2006] O compositor austríaco de orixe húngara Gyorgy Ligeti, finou o pasado 12 de xuño en Viena aos 83 anos. Ligeti foi ún dos autores e teóricos musicais máis importantes da segunda metade do século XX, coñecido polos afeccionados pola inclusión de dúas das súas composicións na banda sonora da película 2001, unha odiseia do espazo.

  • [22:57 15/06/2006] Respondendo a rumores que circulaban pola Internet e nalgúns xornais, incluindo o "Los Angeles Times", o director de Superman Returns, Bryan Singer, tivo que desmentir publicamente que Superman non é gai nin que sairá do armário no seu filme, a estrear o vindeiro día 28. "Superman é probabelmente o persoaxe máis heterosexual dos filmes que eu dirixira", dixo Singer.

  • [22:57 15/06/2006] O pasado venres, George Lucas dixo que vai presionar a Sean Connery para que repita o papel de pai de Indiana Jones na cuarta entrega da saga que está a se proxectar. Mália os rumores de que Connery ía retirar-se como actor, Lucas dixo: "encantaría-me que estivera na seguinte película. Se cadra eu podo convence-lo".

  • [22:57 15/06/2006] A Sony Pictures está a planear para a semana santa de 2007 o lanzamento dun filme que polo de agora leva o título de A Resurrección, e que narrará a história de Xesús Cristo dende o día no que morreu. Concebido coma unha segunda parte de A Paixón de Cristo de Mel Gibson, o filme orixinal remata cando quitan a Xesús da cruz, mentres que A Resurrección comezaría cunha cruz baleira.


    Os fans de "Star Trek" non paran

    [22:41 28/06/2006] Os fans de Star Trek celebran o corenta aniversário da série de ciéncia-ficción creando películas de seu e distribuíndoas gratuitamente pola Internet. Algunhas xa conseguiron millóns de descargas en todo o mundo.

    Dende Finlándia chegara a paródia Star Wreck, que se convertiu na película máis popular de todos os tiempos nese país, superando os 2,8 millóns de espectadores.

    Hai sete anos un grupo de cinco estudantes de Tampere se propuxeron rodar unha paródia da série no seu tempo de lecer. En outubro pasado vía a luz a película e foi un éxito de contado: na sua primeira semana foi descargada en 600.000 ocasións. Star Wreck distribúe-se gratuitamente baixo licenza "Creative Commons" e até se pode comprar un DVD con material extra por 9,90 euros.

    Na película, creada por cinco estudantes, participan 300 extras. Case non gastaron ni un euro na produción: todos os decorados son virtuais e as localizacións realizaron-se en lugares públicos ou nos enderezos particulares dos seus actores. O máis caro foi mantér os computadores actualizados.

    Pola súa banda, en 2003 un grupo de trekkies americanos decidiu proseguir as dúas tempadas da série que ficaran canceladas en 1969 para completar a misión de cinco anos da tripulación orixinal do USS Enterprise, e xa conseguiron que 30 millóns de internautas se descarguen diferentes capítulos gratuitamente e é tan popular que ten de estrelas convidadas a actores da série orixinal coma Walter Koening (Chekov) ou George Takei (Sulu).

    Outro grupo de Los Ángeles creou máis de 40 capítulos e explorou mesmo unha temática gai. A tripulación do Starshipexeter.com ten a desgraza de ser convertidos en sal nun episódio orixinal que agora foi repoboado por texanos. E de Escócia tamén chega a USSintrepid.com.

    Starship Farragut está a sero rodada arestora nos bosques de Virginia (Estados Unidos) por outra equipa de fans cunha cámara de 4.750 dólares. Dúas dúcias de filmes creados por trekkies están en distintasfases de produción no mundo nestes intres.

    O 8 de setembro, data do aniversário oficial do lanzamento da série, chega Borg War, unha película de animación creada por un programador afeccionado a Star Trek utilizando os motores gráficos dos xogos Elite Force 2 e Starfleet Command III. A história da película narra unha invasión dos borg a grande escala no cuadrante Alpha contra a que a Federación terá que loitar.

    A Paramount, que posúe os dereitos sobre Star Trek, tolera estas recreacións de fans da série mentres que os seus creadores non obteñan benefício comercial. Os estudos cinematográficos tamén aproveitan o filón que a mítica série esperta para sacar a poxa obxectos orixinais da saga cinematográfica e televisiva.


    Rowling fará unha masacre final con Potter

    [22:40 28/06/2006] Agárda-se que dúcias de millóns de nenos e adultos corran a mercar o libro séptimo e final da saga de novelas de Harry Potter cando estea rematado, o que acontecerá se cadra antes do previsto, por canto a súa autora, J.K. Rowling, xa dixo que o capítulo final do tomo séptimo está escrito dende hai moito tempo.

    "O capítulo final está agocho, ainda que agora tiven que mudalo un pouquiño", dixo a escritora nunha entrevista concedida á canle inglesa Channel 4 o pasado luns. "Un persoaxe acada un indulto, pero teño que dicir que dous morren e eu non tiña intención de que morresen". Cando se lle pediu que fose máis específica, engadiu: "Non, non me vou traizoar, porque non quero que me cheguen ameazas ou algo así".

    Rowling explicou que entendía o desexo dun escritor de matar ao persoaxe principal dunha série de éxito, o que dá poucas posibilidades de sobrevivir ao mesmísimo Harry Potter: "Nunca estiven tentada de matalo [a Harry] antes de rematar o libro séptimo, porque sempre planeei facer sete libros e aí é onda quero ir".

    "Podo entender completamente, nombergantes, a mentalidade dun autor que se di: "Ben, vou matalo porque iso sinifica que non poderá haber secuelas... así que el rematará comigo, e despóis de que eu morra non poderán resucitar ao persoaxe".

    Rowling, de 40 anos, escribiu a primeira aventura de Harry Potter cando era unha nai solteira e no paro, pero agora mesmo é unha das escritoras máis ricas da história, cunha fortuna persoal estimada en máis de 1.000 millóns de euros. A saga de Harry Potter vendeu máis de 300 millóns de cópias en todo o mundo.


    Krrish, un superheroe na Índia

    [21:34 22/06/2006] A Índia lanzará o seu primeiro filme de superheroes, Krrish, nunha estrea que terá lugar mañán día 23. A película, sobre un superheroe que non só captura aos malvados e salva ao mundo, senón que ademáis canta e baila coma en toda boa película índia, está a ser promocionada pola televisión e con abondoso merchandising naquel país.

    O filme custou 10 millóns de dólares, unha cifra moi alta para os estándares habituais de Bollywood, e é unha secuela do ´xito de 2003 Koi ... Mil Gaya ("Atopei alguén"), considerado o primeiro filme hindú de ciéncia-ficción.

    Nel, un álien cuspidiño a E.T. chega á Terra e é salvado por Rohit, un rapaz bondadoso pero imbécil. Antes de regresar á súa casa, o álien transforma ao nervoso, e encirrado Rohit nun poderoso superheroe que se vinga dos seus atormentadores e se liga á rapaza.

    Krrish narra a história do fill ode Rohit, Krishna (Hrithik Roshan), quen nace con todos os superpoderes de seu pai pero non se decata deles até que atopa en Singapur á rapaza do filme, unha reporteira da televisión. A película está dirixida por Rakesh Roshan, que é o pai do actor protagonista, Hrithik Roshan.


    Datas para Iron Man

    [22:41 28/06/2006] É o Home de Aceiro? Non! Se cadra é o Guicho de Ferro. Confirmando anteriores novas do director Jon Favreau, a Marvel e mais a Paramount veñen de anunciar que Iron Man xa ten data de estrea: será o 2 de maio de 2008. Favreau aludira a esta data xa nun post no seu blog en MySpace.

    A película da Paramount Pictures e a Marvel Entertainment será unha adaptación do famoso superheroe con armadura da Marvel Comics. O proxecto marca un fito: será a primeira longametraxe producida pola Marvel baixo a súa alianza cos estudos Paramount.

    Iron Man é o primeiro filme que será producido independentemente pola Marvel Entertainment e tamén marca a primera produción que contará co antigo xefe executivo da Marvel Studios, Avi Arad, agora embarcado nunha compañía de seu, a Avi Arad Productions. Agárda-se contar cun finanzamento da Marvel de 525 millóns de dólares.


    Futurama ten futuro

    [22:41 28/06/2006] A canle Comedy Central ven de resucitar á antiga série de debuxos animados da Fox Futurama, encargando 13 novos episódios que debutarán en 2008. O trato enmárca-se dentro das novas adquisicións realizadas pols canle por cabo, cando o pasado outono mercou 72 episódios.

    As discusións sobre o rexurdimento desta série de capítulos de média hora cadanseu comezara a primeiros deste ano cando a produtora de Futurama, a canle ultraconservadora 20th Century Fox Television e os creadores da série Matt Groening e David X. Cohen. O punto crucial foi que o reparto de voces orixinais para facer a dobraxe, que non traballaba dende o final da série orixinal en 2003, debería regresar íntegramente.

    Os actores de dobraxe Billy West, Katey Sagal e John DiMaggio estarán de volta para os novos episódios, que continuarán as aventuras de Fry (West), un repartidor de pizza que foi conxeado accidentalmente en 1999 e que é espertado 1.000 anos despóis no futuro.

  • [21:36 22/06/2006] Avi Arad, un produtor independente da Marvel Comics, planea facer un novo filme sobre Hulk: "será unha renovación. Gostei moito do filme "Hulk". Foi unha aproximación diferente e non era exactamente o cómic. Queremos ser máis cercanos ao cómic. É o que preferimos facer".

  • [21:36 22/06/2006] >Apple ofrece unha ollada exclusiva ao filme Superman Returns cunha descarga gratuita de dous minutos e médio dunha escena do filme na súa tenda iTunes. Esta descarga póde-se mirar nun computador ou na iPod. Tamén ten xa dispoñíbel a banda sonora do filme e un vídeo do realizador Bryan Singer no que fai unha crónica de como se fixo a película.

  • [22:57 15/06/2006] J.K Rowling, a autora da saga de Harry Potter, foi elixida como a millor escritora inglesa viva, segundo unha enquisa divulgada o xoves pasado. Os lectores da revista "The Book Magazine" prefiriron a Rowling no canto doutros importantes representantes no eido literário, entre eles, Ian McEwan, Salman Rushdie, Harold Pinter e A.S. Byatt. Rowling recibiu case o triplo de votos có escritor clasificado na segunda posición, Terry Pratchett, tamén autor de literatura fantástica.

  • [22:57 15/06/2006] Os distribuidores de cinema en China retiraron O Código da Vinci de todas as salas a pasada semana non polos seus temas polémicos, ni porque se redistribuimos as letras do título sae "Die, Coveted China", sino porque o thriller de Tom Hanks estaba a arrasar nas billeteiras, afundindo ao cinema oficial dos comunistas, segundo indicaron fontes do interior do país. Agora O Código da Vinci xa se pode atopar pirateado en DVD en calquera recuncho de China, cousa que non acontece nunca cos filmes oficiais.


    Botín histórico para Jack Sparrow

    [1:59 14/07/2006] "Xa non se fan filmes de aventuras coma as de antes" é unha das frases mais ouvidas nos últimos anos na indústria do cinema. En 2003, a Disney conseguiu recuperar o espírito aventureiro e desenfadado das antigas produccións de aventuras e dos filmes de piratas en particular con Piratas do Caribe, a maldición da Perla Negra.

    Como era de esperar, ante este éxito, a Disney comezou a preparar non só unha secuela, se non duas. A primeira en chegar ás pantallas, de momento só nos Estados Unidos, foi O cofre do home morto. E na sua primeira fin de semana rachou co récord de despacho de billetes cunha recadación de 135,6 millóns de dólares (106,5 millóns de euros). En Galiza poderá-se ver o filme a partir do 11 de agosto.

    A segunda parte desta saga de pirataría que protagoniza Johnny Depp como o capitán Jack Sparrow, Orlando Bloom e Keira Knightley, rachou mais dun récord. Primeiro fixo história o venres cando nun só dia amasou 55,5 millóns de dólares, a recadación mais alta nunha sóa xornada. Para o sábado, os piratas desta fita xa conseguiran os 100,2 millóns de dolares, o primeiro filme que cruza a barreira dos 100 millóns de dólares en 48 horas. E rematada a fin de semana, O cofre do home morto quitou-lle 21 millóns de vantaxe aos 115 millóns de dólares recadados en 2002 polo anterior campeón do despacho de billetes, Spiderman I. De feito, o único récord que non conseguiu rachar foi o do millor sábado de todos os tempos, que continúa no poder de Shrek 2, ainda que por moi pouco.

    "Sempre pensei que se trataba dun récord insuperábel, así que falar de 132 millóns de dólares me deixa boquiaberto", afirmou á prensa Chuck Viane, presidente de distribución dos estudos Disney, produtores da saga de Piratas do Caribe.

    Os estudos Disney non quixeron entrar polo miudo sobre a posibilidade dunha cuarta entrega para este tesouro cinematográfico tan produtivo. Polo momento os seus protagonistas están a ponto de concluir a terceira entrega, rodada de maneira simultánea coa segunda, ambas por un orzamento de 450 millóns de dólares e que chegará ás pantallas en maio de 2007.


    Os Emmys reparten nominacións

    [18:38 08/07/2006] A série Perdidos (que en Galiza emite TVE) acadou seis nominacións, mentres que a série Battlestar Galactica (do SCI FI Channel) gañou outras tres candidaturas para a 58º edición anual dos prémios Emmy, os Oscars da televisión, que foran dados a coñecer o pasado 6 de xullo en Los Angeles. Os prémios cobren o periodo comprendido entre o 1 de xuño de 2005 e mais o 31 de maio de 2006, e poderán ver-se nunha retransmisión que terá lugar o 27 de agosto dende o Los Angeles Shrine Auditorium, presentados por Conan O'Brien (unha espécie de Pepe Navarro á americana). Perdidos e Galactica recebiron a maior parte das nominacións que puideron rabuñar as séries de ciéncia-ficción e fantasía, que coma sempre tiveron que se contentar coas candidaturas aos prémios "menores", de carácter técnico.

    Galactica tivo nominacións a prémios técnicos, incluindo os millores efectos especiais, vestiário e mistura de són.

    Perdidos foi recoñecido con candidaturas ao millor actor convidado (Henry Ian Cusick) polo papel de Desmond), guión (Carlton Cuse e Damon Lindelof polo episódio O Psalmo 23) e dirección (Jack Bender) por Vivir xuntos, morrer sós), así coma os millores efectos especiais, edición e mistura de són.

    Outras nominación de interese para o xénero fantástico foran para as séries do SCI FI Channel The Triangle (millor tema musical e millor deseño de títulos), Stargate Atlantis pola composición musical e Mammoth polos efectos visuais. Ademáis, recebiron nominacións as séries Alias (da canle Cuatro), Smallville (TVE), Supernatural e The Ten Commandments.


    Cameron planea dúas triloxías de ciéncia-ficción

    [0:55 07/07/2006] James Cameron comentou nunha recente entrevista a unha coñecida televisión musical que non está a desenvolver ún, senón dúas triloxías, que comezarán co logamente agardado Proxecto 880: "teño dúas franquías, se queres, ou filmes que desenvolver dentro dun abano de filmes que vou facer", dixo Cameron durante a estrea de Piratas do Caribe 2: o cofre do home morto en Disneylándia a semana pasada. Cameron confirmou que non vai facelas xuntas, senón unha após doutra, e que logo poderían unha e outra desenvolver secuelas, dependendo de como vaia a primeira delas.

    A primeira triloxía comezará cunha história de amor co decorado de fondo dun planeta no futuro. O realizadordixo que proabelmente Proxecto 880 será desenvolvido baixo o nome de Avatar: "Ainda non temos o título pechado, pero así é como lle estamos a chamar. Haberá posíbeis secuelas se todo vai ben; se estánca-se non". Cameron engadiu que xa está a traballar na preprodución e que el mesmo dirixirá todos os filmes.

    A segunda triloxía comezaría coa xa anunciada Battle Angel, baseada na série de manga xaponés Battle Angel Alita creada por Yukito Kishiro: "Con "Battle Angel", tamén faremos a mesma cousa", dixo Cameron ao respeito deste thriller, que vai sobre unha muller cyborg no século XXVI. "Battle Angel está deseñada realmente como un cicl ode tres películas. Así que a lóxica di que hai que facer unha, e que se funciona, faremos as outras dúas".


    Haberá coches no cinema

    [0:54 07/07/2006] Cars, o novo e agardado produto da distribuidora americana Disney, entrará o vindeir xoves nas salas propiedade de Cinesa, Cinebox, Yelmo e Abaco.

    As catro compañías líderes do sector da exhibición en Galiza proxectarán Cars após de chegar a un acordo coa Disney. O novo filme entrará o vindeiro xoves nas salas propiedade das empresas Cinesa, Cinebox, Yelmo e Abaco, as que se rebelaran contra a multinacional polas suas duras esixéncias económicas e non proxectaron Scary Movie 4.

    A estrea de Cars, que hoxe 6 de xullo instalou-se en moitas pantallas nacionais, forzou as negociacións entre os exhibidores e a Disney, e após do plante con Scary Movie 4, emitirán o que é ún dos títulos máis agardados do verán. Pero hai diverxéncias sobre o grao de compromiso acadado coa multinacional americana porque cada unha das empresas negociou por separado. Así, mentres que ún dos responsábeis dunha das catro compañías manifesta que a situación non mudou, pero "por necesidade imos poñer "Cars" porque sen películas non hai cinema", fontes da Cinebox aseguran que a Disney accedeu a algunhas das súas peticións.


    Johnny Deep úne-se a "Son Lenda"

    [0:54 07/07/2006] O reparto de Son Lenda segue a medrar con actores de renome. Se Will Smith foi o primeiro en se sumar a este proxecto, agora é Johnny Depp o que se dispón a loitar contra os mutantes.

    A fita ven-se fraguando dende hai vários anos, pero agora seica entrou na sua fase definitiva coa confirmación de que Francis Lawrence será o director da mesma.

    A longametraxe presentará-nos un mundo post-apocalíptico no que un virus desencadeado por unha guerra bacteriolóxica provoca unha terríbel mutación nos humanos. Só uns poucos sobrevivirán na ciudad de New York, e deberán facer frente a múltiples perigos.

    Johnny Deep asumirá o papel de Ben Cortman, o primeiro dos homes que se ve infectado polo virus. Deste xeito, Cortman converterá-se no líder dos vampiros, que sementarán o terror nas rúas. Frente a estes seres, algúns valentes coma Will Smith desatarán unha cruzada na procura da salvación da humanidade.

    Akiva Goldsman, guionista de O Código da Vinci, será o encargado de desenvolver a trama da película a partir dunha novela de Richard Matheson.


    Ecos, terror psicolóxico en Vigo

    [9:19 29/06/2006] Cun orzamento de 800.000 euros, Ecos, o primeiro filme do director catalán Oriol Paulo, abriu a série de catro películas para televisión titulada A sombra do mistério, unha coprodución galego-catalá que ten ao terror psicolóxico como eixo central.

    As actrices catalás Nùria Prims e Sílvia Sabaté e os actores galegos Chete Lera e Carlos Blanco encabezan o cartace de Ecos, unha história que arrinca co accidente de Alba (Núria Prims), que a deixa xorda, e a desaparición da sua filla de cinco anos, e que se vai adentrando nun inquedante mundo de ruidos e voces procedentes do pasado e que desacougan á protagonista.

    Segundo Oriol Paulo, Ecos débelle moito a Ameaza na sombra (1973), de Nicolas Roeg, pero tamén ao cinema de mistério oriental: "O cinema xaponés ten un ritmo que me gusta moito e ese ritmo é o que quixen que adoptasen os actores", explicou o realizador, de 31 anos, quen eludiu moi coidadosa e específicamente a verba "fantástico" para se referir ao filme ou a calquera aspecto desta série que onte comezou. No tocantes ao reparto, recoñeceu sentirse encantado porque son os actores cos que quixo facer esta película.

    Das catro histórias de "A sombra do mistério", dúas terán realizadores galegos e outras dúas, coma a estreada onte en Vigo, directores cataláns. As catro rodarán-se en castelán, ainda que serán dobradas ao galego para a sua emisión na Televisión de Galiza. Segundo adiantou o director de programas da TVG, Eduardo Galán, poderá mirar-se este filme a finais deste ano ou princípios do vindeiro.

    Xavier Villaverde, produtor executivo, adiantou que a vindeira película desta série, O espello, que dirixirá o galego Álex Sampaio, comezará a se rodar este outono entre Barcelona e A Coruña. Ainda que está por decidir que realizador galego dirixirá Aire negro, baseada na novela homónima de Agustín Fernández Paz, Villaverde afirmou que probabelmente se trate, coma nas outras tres longametraxes, dun director novel.

    "Temos unha nova xeración de directores enormemente intelixentes á hora de construir guións e visualmente moi preparados, e as películas para televisión lles permiten porse na tesitura de contar unha história para un público máis amplo, polo que coido que á un xénero de saida interesante para os novos directores", asegurou Villaverde, que tamén destacou a inclusión nos créditos dos dobradores: "Un acto de xustiza", dixo.

    A sombra do mistério está coproducida polas televisións catalá e galega e polas produtoras Continental (Galiza) e Oriol (Cataluña), e conta coa colaboración da Xunta, a Generalitat e "Caixa Galicia".


    Snyder dirixirá Watchmen

    [22:41 28/06/2006] Zach Snyder ven de ser contratado para desenvolver e dirixir Watchmen, un filme baseado na série de cómics que Alan Moore e Dave Gibbons realizaron para a DC Comics nos anos 80. A Warner Brothers financiará este longamente agardado proxecto, que terá a Alex Tse como guionista e a Larry Gordon e Lloyd Levin como produtores.

    Watchmen tivo un proceso de desenvolvemento case tan épico coma a história que conta o cómic. O proxecto xa pasou polos estudos Fox, Universal e Paramount e contou entre os seus posíbeis directores con Terry Gilliam, Darren Aronofsky, Paul Greengrass e mais co guionista David Hayter.

    As nosas fontes aseguran que Snyder impresionou á Warner con 300, unha adaptación da novela gráfica homónima de Frank Miller, que el dirixiu e coguionizou. Snyder rodou este filme, unha fantasía épica grega sobre a batalla das Termópilas no ano 480 antes de Cristo, en escenários de Montréal, usando decordados parciais e pantallas verdes, un procedemento semellante ao utilizado por Robert Rodriguez en Sin City. Snyder tamén dirixiu o éxito de 2004 Dawn of the Dead.

    Watchmen é unha das séries máis aclamadas pola crítica no xénero fantástico e é unha história de conspiracións e crimes que tentan botar unha ollada á "realidade" do que hai por atrás da vida dos superheroes máis arquetípicos.

  • [21:37 22/06/2006] A Disney anunciou que Brittany Murphy proporcionará por primeira vez unha voz a Campanela, a fada de Peter Pan, nunha vindeira película de debuxos animados que será lanzada directamente en DVD en outono de 2007. En Tinker Bell ("Campanela"), a Disney traerá á vida a novos compañeiros da famosa fada.

  • [21:37 22/06/2006] Superman Returns estreara-se o vindeiro 28, pero os principais actores xa dixeron que lles gostaría facer unha secuela, sempre que o seu director Bryan Singer esté implicado na mesma. Singer podería agora comezar a pensarse o proxecto desta segunda parte ou facer o remake de A fuga de Logan, tantas veces adiado.

  • [21:37 22/06/2006] O álien de A Ameaza Pantasma Jar Jar Binks foi votado como o persoaxe máis molesto do cinema de todos os tempos. Nunha enquisa que se fixo entre 5.000 afeccionados polo sítio Web inglés LoveFilm.com, este persoaxe xerado por ordeador gañou a outros coma Carrie (interpretada por Andie MacDowell en Catro Vodas e un Funeral. O terceiro foi Mr. Bean, de Rowan Atkinson, seguido no cuarto posto por Ace Ventura, o persoaxe de Jim Carrey.

  • [21:37 22/06/2006] Vincent Sherman, ún dos clásicos directores de Hollywood dos anos 40, finou o pasado 16 de xullo cando só lle quedaba menos dun mes para cumprir os cen anos de idade. Entre os fans do fantástico será relembrado polo seu filme O regreso do Dr. X.

  • [21:37 22/06/2006] O filme O Código da Vinci mantívo-se esta semana coma a líder das billeterias do mundo, cunha recadación cumulada de case 689 millóns de dólares. A longametraxe custou 125 millóns e mália as críticas adversas e as campañas negativas organizadas por grupos relixiosos, xa é o filme máis visto do ano.

  • [21:37 22/06/2006] A Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo prepara para o vindeiro venres, día 23, várias actividades destiñadas á celebración do día de Sanxoán. Nesa xornada haberá un pasarrúas polo bárrio ás 22:30 horas con bruxas, cabróns, fachos e música, a representación dun aquelarre unha hora máis tarde e unha fogueira que se instalará na praza do Berbés, con sangría e baño purificador. Os veciños realizaron o pasado martes un ensaio aberto da representación do aquelarre. O colectivo pide figurantes que queiran participar.

  • [21:36 22/06/2006] Superman Returns recebiu xa magníficas críticas da prensa especializada mesmo días antes da súa estrea oficial. O xornal Variety loubou ao director Bryan Singer como "Sincera, con elegáncia artística e xenuina inversión emocional no material". O "Newsweek" dixo: "podes sentir que Singer ten auténtico amor e respecto polo máis salientábel superheroe dos cómics". O "Hollywood Reporter" escribe que "Superman Returns é unha estupenda película de Superman dirixida a unha audiéncia moi ampla".


    Miller adaptará ao Spirit

    [23:09 20/07/2006] Antes de que saia ao coñecemento público o vindeiro 22 de xullo na Comic-Con International en San Diego, xa vos podemos adiantar que Frank Miller (Sin City) adaptará e dirixirá para a pantalla grande o clásico cómic de Will Eisner, The Spirit.

    Deborah Del Prete e Gigi Pritzker, da Odd Lot Entertainment, co-finanzarán e producirán The Spirit. Tamén producirá a compañía Batfilm Productions de Michael Uslan. O co-fundador da Batfilm, Benjamin Melniker, será o produtor executivo.

    Ao contrário ca moitos heroes dos cómics, o Spirit (de nome real Denny Colt) non spoúe poderes especiais nin moitos cartos: é un tipo normal que seica morreu por mor dos experimentos levados a cabo por un superfalcatruán, pero que regresou da tumba para combater ao mal dende o seu agocho secreto no cemitério. Eisner creou o cómic hai máis de corenta anos.

    A produción podería non comezar até dentro dun ano, pero ainda que Miller xa está a traballar nun borrador, prmeiro deberá rematar o seu traballo en Sin City 2.


    Leterrier dirixirá o Incríbel Hulk

    [23:09 20/07/2006] Continuando coa súa estratéxia de desenvolver e producir cinema baseado nos seus persoaxes, a Marvel Studios, unha compañía filial da Marvel Entertainment, Inc. contratou ao realizador Louis Leterrier para que dirixa a nova adaptación á pantalla grande do Incríbel Hulk, o lendário superheroe verde. O anúyncio realizouno hoxe Michael Helfant, Presidente de Marvel Studios e Kevin Feige, Presidente de Produción da mesma empresa.

    Leterrier dirixiu recentemente Transporter 2, así coma a aclamada Unleashed, que protagonizaran Jet Li, Morgan Freeman e Bob Hoskins.

    O Incríbel Hulk regresará ás raíces da súa série nos cómics, combinando un argumento baseado no persoaxe con moita acción e diversión, segundo dixeron. Zak Penn, quen xa colaborara préviamente coa Marvel en X2 e X-Men III: A decisión final, será o guionista. O proxecto será producido por Avi Arad, Kevin Feige e Gale Ann Hurd, coa produción executiva de Michael Helfant e Ari Arad. A Marvel Studios comezará o cásting de contado.


    Del Toro producirá Deadman

    [23:08 20/07/2006] A Warner Brothers adaptará o cómic da DC Comics Deadman á pantalla grande, coa produción de Guillermo del Toro (Hellboy), Don Murphy e a súa sócia na compañía Angryfilms Susan Montford.

    O persoaxe é unha pantasma que cando estaba viva era un trapecista do circo chamado Boston Brand. Foi asasinado durante unha actuación por un descoñecido, pero o seu espírito ten agora o poder de posuir aos vivos para poder así procurar ao seu asasino e axudar aos inocentes.

    Os produtores están a traballar para lle dar a Deadman un toque máis contemporáneo e están a procurar un guionista que lles adapte o cómic ao cinema.

    A última película de Del Toro, O Labirinto de Pan, que competiu en Cannes, será estreada nos Estados Unidos dentro dun mes após da súa presentación no Festival de Cinema de Toronto (Canadá).


    A Warner fará a Doom Patrol

    [23:08 20/07/2006] A Warner Brothers quere dar-lle unha nova vida ao clásico da DC Comics Doom Patrol, un cómic sobre un grupo de superheroes con poderes moi estraños, con Akiva Goldsman producindo a adaptacion á pantalla grande a través da súa filial Weed Road Pictures. Os estudos xa contrataron a Adam Turner para que escriba o guión.

    A Doom Patrol, ou Patrulla Condeada en versión española, debutou en 1963, e foi comparada moitas veces coa Patrulla X da Marvel, e isto por ser amábel, porque para moitos non é máis ca unha mala cópia. Ambos cómics van sobre un grup ode heroes condeados ao ostracismo por mor duns poderes que son alleos ao resto do mundo.

    E o mesmiño cá Patrulla X, a Patrulla Condeada adíca-se a loitar contra o mal e é liderada por un xefe que vai nunha cadeira de rodas. Os persoaxes inclúen a Elasti-Girl, Negative Man e Robotman.

    A série foi creada por Bob Haney, Arnold Drake e Bruno Premiani, e deixou de se publicar en 1968 após de fracasar nas súas vendas. A DC reviviu a série algunhas veces ao longo dos anos, pero con encarnacións moito máis escuras e tenebrosas, tentando cada vez máis imitar á Patrulla X.


    Gañadores do Prémio Xatafi

    [1:59 14/07/2006] Durante a Asturcon que se celebrou esta pasada fin de semana fíxo-se entrega dos Prémios Xatafi-Cyberdark da crítica de literatura fantástica, concedido ás mellores obras de literatura fantástica, ciéncia-ficción e terror editadas durante 2005 segundo un xurado. Os gañadores foron:

    • Novela española (prémio dotado con 350 euros): Eduardo Vaquerizo, por Danza de tinieblas.
    • Novela estranxeira: Kazuo Ishiguro, por Nunca me abandones.
    • Relato español (dotado con 150 euros): Lorenzo Luengo, por A cotorra de Humboldt.
    • Relato estranxeiro: Mike Resnick por Toquei o ceo.
    • Iniciativa editorial destacada do ano: Gigamesh, por Ven e tolea, e outros contos de marcianos e Lua de mel no inferno, e outros contos de marcianos, de Frederic Brown.

  • [1:00 07/07/2006] O magnate Sir Richard Branson aparecerá no vindeiro filme de 007, Casino Royale, nun pequeno cameo. Branson e a súa empresa, a liña aérea Virgin Atlantic, aparecen nunha secuéncia no aeroporto de Miami co novo James Bond, Daniel Craig. O famoso multimillonário dixo: "James Bond é orixinal, guai e sofisticado, xusto coma a miña liña aérea". Branson, de 55 anos, tamén aparece brevemente en Superman Returns e tamén intervira na série da tele Friends.

  • [1:00 07/07/2006] Algúns sítios Web na Internet están a informar de que o persoaxe de Silver Surfer na vindeira secuela do filme Os Catro Fantásticos non será interpretado por un actor, senón que será xerado por computador. Tim Story, director de Fantastic Four 2, dixo que Silver Surfer estará na película, pero non será interpretado por Vin Diesel, como se rumoreaba. Silver Surfer (a Estela Prateada en versión española) é un defensor galáctico do Ben, que posúe forza sobrehumán, pero está atrapado na Terra e non pode voltar ao seu fogar alén do espazo.

  • [1:00 07/07/2006] Superman Returns non só acadou 121 millóns de dólares de recadación na súa primeira semana nas billeteiras dos Estados Unidos, senón que xa é o número 1 nos once países onde foi estreado o filme.

  • [21:36 29/06/2006] Superman Returns comeza con forza no seu primeiro día de exhibición: 21 millóns de dólares o mesmo día da estrea non está nada mal, tendo en conta que non é fin de semana, ainda que fica moi lonxe do récord absoluto, ostentado por Spiderman 2, cun pouco menos do dobre. Algúns botáron-lle a culpa aos partidos da Copa do Mundo de fútbol.

  • [23:25 28/06/2006] A compañía canária Eqlipse PC S.L. envía-nos unha nota para anunciar o remate do seu filme de terror La Hora Fria, escrito e dirixido polo realizador español Elio Quiroga. O deseño dos efectos especiais levou-lles dez meses de traballo, que axiña poderemos ver, se cadra a través dun tráiler en Youtube. A película vai sobre un grupo de oito persoas ailladas nunhas instalacións derruídas, que viven coa ameaza dalgo que hai fóra do complexo. Entre os actores atopamos a Silke, Carola Manzanares, Jorge Casalduero e Julio Perillán.

  • [22:38 28/06/2006] A organización da Hispacon 2006, a celebrar en Córdoba, comunica que a súa aportación á organización habitual da convención estará baseada principalmente nestes dous puntos: 1º, propon-se un achegamento da literatura dos xéneros de ciéncia-ficción, terror e fantasía á literatura xeral (mainstream), e 2º, quére-se que a Hispacón2006 sexa un evento de portas abertas para que participen todos os interesados no mundo literário, no cinema, a arte e a cultura en xeral. As datas propostas son o 3, 4 e 5 de novembro, e entre os convidados xa se atopan persoaxes senlleiros coma John C. Wright, Thomas M. Disch, Michel Houllebecq ou Antoine Volodine.

  • [22:38 28/06/2006] O xurado do prémio Pablo Rido de literatura fantástica proclamou aos seguintes finalistas: Rafael Marín, Sergio Mars Alcart, Juan Carlos Pereletegui, Samuel Sebastián e Ángel Torres Quesada. O gañador anunciará-se na cea de entrega que terá lugar o vernes 30 nun restaurante chinés da capital de España.

  • [22:38 28/06/2006] O prolífico e grandemente exitoso produtor televisivo Aaron Spelling finou o pasado venres 23 de xuño na súa casa de Los Angeles após de sofrir un ataque cardíaco o pasado 18 deste mesmo mes. Na súa carreira, que abrangue máis de seis décadas, Spelling produciu máis de 3.000 episódios de distintas séries, 140 telefilmes e 10 películas para o cinema. Entre as séries máis relembradas polos afeccionados ao fantástico destacan Os anxos de Charlie, Enmeigadas, Satan's School for Girls, ou Séptimo Ceo.

  • [22:38 28/06/2006] O realizador alemán Uwe Boll está tan farto de recebir malas críticas aos seus filmes de terror que vai desafiar aos seus destractores a un duelo filmado. Boll, cuxos filmes Alone In The Dark e House Of The Dead están baseados en videoxogos, dixo que quere regalar un vóo aos seus críticos para que se atopen con el nun "ring" de boxeo. O director conta con 13.327 sinaturas recollidas pola Internet de xente que lle pide que deixe de facer películas. Boll, que tamén invitou a Roger Avary e mais a Quentin Tarantino a se unir á súa loita, planea emitir estes duelos pola Internet, e aproveitar parte da metraxe para o seu novo filme Postal.


    Stephen King pide a J.K. Rowling que Potter non morra

    [22:23 03/08/2006] Dous dos escritores máis famosos dos Estados Unidos, John Irving e Stephen King, pediron antonte á autora dos libros de Harry Potter, a inglesa J.K. Rowling, que non mate ao seu personaxe principal na que será a derradeira novela do neno meigo. Rowling contestou que non pode prometer nada. "Os meus dedos están cruzados por Harry", dixo Irving nunha rolda de prensa prévia a un acto de caridade no que participaron os tres escritores. Rowling está xa a traballar no séptimo e derradeiro libro da série de Harry Potter e anunciou hai unhas semanas que dous dos personaxes principais morrerían.

    Stephen King, autor de Carrie, It ou O relostro, dixo que confía en que Rowling sexa "xusta" co seu heroe. "Non quero que el (Harry Potter) vaia á fervenza de Reichenbach", dixo King en referenza ao lugar fictício no que Arthur Conan Doyle tentou rematar coa sua maior creación, Sherlock Holmes. A presión dos seguidores do detective máis famoso da literatura obrigaron a Conan Doyle a resucitar a Holmes nun libro posterior.

    A escritora inglesa, que xa vendeu máis de 300 millóns de cópias en todo o mundo dos seus libros de Harry Potter, dixo que o derradeiro libro está xa nun proceso moi avanzado. "Sínto-me bastante liberada", dixo. "Agora podo resolver a história e é divertido dunha forma que antes non-o era porque finalmente cheguei a unha solución, e coido que a algunhas persoas o odiarán e a otras lles encantará, pero así é como debería de ser".

    "Estamos a traballar co final que tiña planeado, pero un par dos personaxes principais que pensaba que ían sobrevivir morreron e outro foi indultado", comentou Rowling sen ganas de profundizar. Preguntada pola conveñéncia de matar aos seus personaxes fictícios, Rowling dixo que non disfrutou matando ao personaxe que morre no sexto libro pero que as convencións do xénero lle pedían que o heroe avanzara na história só. "Entiendo por que un autor pode matar a un personaxe dende o punto de vista de non permitir a outros continuar escribindo despóis de que o autor orixinal morra", dixo a escritora, deixando a porta aberta aos piores medos dos seguidores da saga, que Harry morra.

    A escritora destacou que Irving, nas suas novelas, matou a máis personaxes ca ela. "Cando os fans me acusan de sadismo, algo que non acontece tan decote, sinto que os estou a endurecer para que vaian e lean libros de John (Irving) e Stephen (King)", comentou Rowling. "Coido que se teñen que endurecer dalgunha forma. Hai un mundo cruelmente literário aí fóra".


    Roger Corman de novo en marcha

    [22:22 03/08/2006] O lendário produtor e guionista de filmes "B" Roger Corman, dixo nunha recente entrevista que ainda ten vários filmes no peto e que non pensa na retirada, mália levar máis de 50 anos ao pé od canón con toda caste de películas de terror ás súas costas: "Veño de rematar un filme titulado 'Super Gator'", dixo Corman mentres promocionaba os seus novos proxectos na recente Comic-Con International en San Diego a semana pasada. "Ten unha orixe estraña. Mirando cara atrás, xusto antes de 'Parque Xurásico', eu fixen unha película chamada 'Carnosaur', que era unha história semellante, pero baseada nunha novela escrita realmente antes de 'Jurassic Park'. O que aconteceu é que fixemos todos os filmes até 'Carnosaur 4: Raptor'. Funciona moi ben que fagas o primeiro filme e que os benefícios sexan os máis altos, e co derradeiro, o benefício é o mesmo cós gastos que custou facelo. Así que con 'Carnosaur 4: Raptor', tivemos un longo camiño... e nunca faremos 'Carnosaur 5'. Hai dous anos mirei un artigo en L.A. Times sobre científicos que atoparon o fósil dun crocodilo prehistórico dúas veces máis grande có crocodilo actual, e pensei 'Xa estamos de novo en marcha!'".

    Super Gator, o filme do crocodilo, está interpretado por Brad Johnson (O vóo do Intruder) e Kelly McGillis (Top Gun)


    Kenan na cidade de Ember

    [0:18 28/07/2006] O director de Monster House, Gil Kenan, dixo que o seu seguinte proxecto, The City of Ember, baseado no libro de 2003 de Jeanne DuPrau, será un filme de ciéncia-ficción con actores reais: "É ciéncia-ficción, e iso é todo o que vou dicir", dixo nunha recente entrevista, pero logo engadiu que "é un filme post-apocalíptico de nenos".

    Kenan dixo que estará fortemente baseado na novela. A história será adaptada pola guionista de Eduardo Manstesouras e O cadáver da noiva, Caroline Thompson, e será producido pola Playtone e por Walden Media (As crónicas de Nárnia).

    A novela The City of Ember ten lugar no futuro, cando a superfície da Terra foi destruida por axentes tóxicos e os humanos viven baixo terra. Dous rapaces de 12 anos, Doon Harrow e Lina Mayfleet, deciden que van ir á superfície cando a súa única fonte de luz comeza a decair. Nunca ninguén se venturara fóra da seguranza de Ember, pero a vida na cidade está a se esgotar e alguén ten que facer algo.

    Kenan dixo que o filme asemélla-se a Monster House e ao seu curto The Lark, que teñen grandes obxectos inanimados que se apoderan da alma dos humáns. "Xa sabes que "Monster House" vai sobre unha casa que é un personaxe na história". E este montro dá un pouco máis de medo có de Monster House, engadiu.


    Brad Pitt, o curioso caso

    [0:18 28/07/2006] Brad Pitt comprometeu-se a protagonizar The Curious Case of Benjamin Button, baseado nunha história de F. Scott Fitzgerald sobre un home que ao chegar aos 50 anos comeza a cumprir anos ao revés, é dicir, a perdelos.

    Esta coprodución da Paramount e da Warner Brothers será o seguinte filme de Pitt após de que unha vez máis volvaa facer o mesmo papel no filme de Steven Soderbergh, Ocean's Thirteen.

    Button volverá a unir a Pitt co director de O Clube da Loita, David Fincher e con Cate Blanchett, a coprotoagonista de Babel. O proxecto foi desenvolvido ao longo de máis dunha década baixo diferentes encarnacións.

    Cun guión de Eric Roth, O Curioso caso de Benjamin Button será producido por Kathleen Kennedy e Frank Marshall e comezará a súa andaina a finais de outono.


    Singer quere que Superman regrese... en 2009

    [0:18 28/07/2006] O realizador Bryan Singer, quen abandoou a súa exitosa saga mutante X-Men para se facer cargo da franquía de Superman, falou cos fans na Comic-Con International en San Diego e dixo que xa mantivera conversas coa Warner Bros. ao respeito de dirixir unha secuela, que chegaría ás salas de cinema en verán de 2009: "planeo poñer toda a ira de Khan nisto", dixo Singer, abraiando á súa audiéncia ciéncia-ficcioneira.

    Superman Returns, con Brandon Routh echendo as mallas que préviamente levara postas Christopher Reeve, e con Kate Bosworth como Lois Lane, e Kevin Spacey coma Lex Luthor, acadou 21 millóns de dólares de recadación no seu primeiro día de estrea no cinema o pasado 28 de xuño, e 52,1 millóns de dólares na súa primeira fin de semana.

    Pero mália as boas críticas, Superman Returns non puido facerse co primeiro posto nas listas dos filmes máis vistos. A súa recadación é boa, pero non salientábel, e após dun mes nas carteleiras, xa leva 170 millóns recadados só nos Estados Unidos, ainda moi lonxe dos 250 millóns que a distribuidora, a Warner Bros, consideraba xa tería a estas alturas.

    Ainda que a Warner iniciara o desenvolvemento dunha secuela mesmo antes de que a primeira parte se rematara de rodar, asumindo que o filme acadaría o nivel da saga de Spiderman, Singer admite agora que o futuro non é tan bó como debería: "ainda non temos un trato, dixo o director, quen engadiu que se a secuela recibe a luz verde, a intención é facela contra 2009. E daquela, Singer sinalou a súa intención de poñerse após das cámaras.

    "Eu só sei que hai certas cousas que se estableceron neste filme, certos aspectos das relación entre os persoaxes", dixo Singer en declaracións aos xornalistas. "Agora que o persoaxe foi establecido, gostaría ter a oportunidade de traer un elemento máis ameazador, un elemento máis terríbel, un elemento premonitório".

    Pero o realizador non quixo mollar-se cando foi cuestionado acerca de se o persoaxe favorito dos fans, o malvado Brainiac, sería o seguinte en medir as súas forzas co Home de Aceiro na pantalla grande, e limitou-se a dicir que "quizais".

    Singer podería recrutar a Brainiac, a Bizarro, a Doomsday e mesmo a Mister Mxyzptlk, pero agora mesmo Superman ten que se enfrontar a un inimigo moito pior e case imbatíbel: unha escasa audiéncia, moi lonxe das espectativas do xefes dos estudos.

    Segundo fontes ben informadas, a Warner agarda a ver se Superman Returns cruza a nestes intres case imposíbel barreira dos 200 millóns de dólares de recadación nos Estados Unidos antes de tomar unha decisión.


    Abrams confírmao: haberá outro filme de Star Trek

    [21:15 21/07/2006] O realizador de Misión: Imposíbel III, J.J. Abrams, ven de confirmar que está disposto a salvar a franquía de Star Trek após de asinar o contrato polo que se compromete a producir a vindeira entrega desta popular saga de ciéncia-ficción. O creador de séries coma Perdidos, de 40 anos de idade, é un fan de toda a vida de Star Trek e das séries e filmes posteriores, e está a considerar dirixir el mesmo en persoa a seguinte película trekkie.

    Nunha entrevista, Abrams dixo: "É un pouco surrealista pero marabilloso. Vou producir e pode que dirixir. Teño todos os DVDs de todos os episódios de Star Trek de todas as séries. Non mirei todos os episódios de todas as séries pero de certo que a coñezo abondo para traballar no filme". Abrams, que axiña há-se axuntar co tamén fan de Star Trek e co-creador de Perdidos Damon Lindelof para este novo proxecto, amolára-se moito cando fora cuestionado inicialmente sobre a súa participación neste filme, pero seica foi porque el non-o anunciara ainda. Agora admite que lle levou un tempo convencer-se de entrar no proxecto: "Xa goubo dez películas e todas esas séries de televisión, así que era unha cuestión de descubrir o que agardaban os directivos da Paramount".

    Abrams insiste en que o culto que hai arredor da súa série Perdidos axudou-lle a tomar decisións sobre o argumento que deberá seguir a nova película de Star Trek. Segundo dixo, "Os fans de "Perdidos" non son comparábeis aos fans de "Star Trek", pero traballar en "Perdidos" dá-me un punto de vista sobre o importante que é respectar aos fans".

  • [2:00 14/07/2006] Un xuiz federal de Colorado ve de dar un novo pau aos grupos cristiáns que pretendían distribuir versións recurtadas (segundo eles, "sanadas") de famosos filmes de Hollywood, aos que lles quitaron as escenas de sexo, violéncia ou calquera outra que eles considerasen inmoral, todo elo sen o consentemento dos seus creadores e dos donos dos dereitos de autor. Directores coma Robert Altman, Martin Scorsese, Steven Speilberg foran censurados por estes grupos, que de todos os xeitos xa distribuiron dende hai catro anos filmes coma King Kong ou Indiana Jones, para axeitalas ao que eles chamaban "cinema familiar". O xuiz determinou que o tribunal "non é libre para determinar o valor social das obras con dereitos de autor", e o que se protexe é "o dereito do creador a protexer a súa creazón na forma na que foi creada".

  • [1:01 07/07/2006] A TVG aposta forte no prime time dos xoves coa estrea do serial americano Invasión, produción de 2005 que acadou un éxito no seu país de orixe. Para facer boca, emiten os dous primeiros episódios dunha tacada. Invasión súma-se ao filón entre sobrenatural que ten en Perdidos ao seu referente máis coñecido, e céntra-se nunha família que se ve afectada por unha chea de acontecementos a partir do furacán que afecta a unha vila do sur da Florida, con dramáticas consecuencias para os seus habitantes, que comezarán a ser abducidos polos tripulantes das naves extra-terrestres que aterran aproveitando o desastre natural.

  • [1:01 07/07/2006] O cameo de Keith Richards en Piratas do Caribe 3 rodará-se cando remate a xira europea dos The Rolling Stones en setembro, após meses de especulacións. Todo o mundo sabe que Johnny Depp baseou o seu persoaxe do Captitán Jack Sparrow no guitarrista, e Richards leva moito tempo na boca de todos porque agardába-se que interpretara ao pai de Depp nunha das secuelas deste filme. Agora o director Gore Verbinski vende confirmar que Richards aparecerá na terceira parte, e todo isto ainda que en abril Richards sofriu unha caída dende unha palmeira que requeriu pasar polo quirófano e cancelar algúns concertos da súa xira.

  • [1:00 07/07/2006] O venres 30 de xuño tivo lugar a cea de entrega da decimoquinta edición do Prémio Pablo Rido de relato fantástico, que orgaiza a Tertúlia Madrileña de Literatura Fantástica cunha dotación económica de 666 euros e mais unha estatuiña conmemorativa. O xurado declarou gañador do galrdón ao conto Los mil dioses de Hatti, de Juan Carlos Pereletegui.

  • [1:00 07/07/2006] O realizador Kevin Smith ven de facer xurdir as dúbidas sobre unha posíbel participación de Matt Damon para facer o papel do capitán Kirk que interpretara William Shatner orixinalmente. Seica o director de Misión Imposíbel III, J.J. Abrams quere que Damon faga o lendário papel na vindeira película da saga de Star Trek, na que supostamente aparecerían Kirk e mais Spock cando eran novos, na académia do espazo. Nombergantes, Smith, que xa dirixiu a Damon en Dogma, insiste en que é difícil que o xove actor queira aceptar o papel, porque adoita interpretar outro tipo de persoaxes nos seus filmes. O director dixo: "Pregúnto-me se Matt o faría. Non adoita estar está interesado en pasar por onde outros xa trotaron. Gósta-lle rachar chan novo".

  • [1:00 07/07/2006] Ainda que en NOVA non adoitamos informar sobre as revistas en español, que xa teñen a súa boa dose de publicidade por aí adiante, faremos unha excepción co número 2 do magazine SCIFI.ES. Nas suas 120 páxinas atoparedes todas as novidades do xénero fantástico, reseñas das últimas estreas cinematográficas, un repaso á triloxía de "Regreso ao Futuro", un espectacular especial adicado a Superman, e sobre todo, un interesantísimo artigo sobre Carl Sagan, motivo este último abondo como para se descargar gratuitamente a revista dende esta ligazón.

  • [1:00 07/07/2006] Os actores Brendan Fraser e Dominic Purcell son os máximos favoritos nestes intres para interpretar o papel do alter-ego do Incríbel Hulk, Bruce Banner, na secuela do filme de 2003, após de que o protagonista daquela, Eric Bana, decidira desembarcar do proxecto. Bana fixo o papel do doutor Banner e ainda que estaba inicialmente interesado en regresar ao papel, agora seica xa non quere facelo, polo que Fraser (A Mómia) e Purcell son os que parten nos postos de saída para se converteren no monstro esmeralda.


    Tim Allen quere unha secuela de Galaxy Quest

    [1:40 11/08/2006] Tim Allen comentou nunha recente entrevista que lle encantaría facer unha secuela da súa comédia de ciéncia-ficción Galaxy Quest, e que o seu vindeiro filme, Zoom, contén parte do humor que levou a aqueloutro filme de 1999 a se converter nun éxito.

    "Si, ["Zoom"] vai sobre todo iso, pero foi moi difícil porque "Galaxy Quest" foi moi delicada, unha paródia e a realidade sobre ela", dixo Allen. "Digo que hai que respectar á Sony, porque foi duro dicirlles sobre vai todo isto, porque estaba aqueloutro filme por atrás. Ainda son conservador, pero hai un 85% de "Galaxy Quest" neste filme de superheroes. Querían que lle désemos un xiro de máis para que os nenos non-o entenderan, pero deixamos unha chea de referéncias adultas nela".

    Galaxy Quest, unha paródia sobre o mundo da ciéncia-ficción, estivo protagonizada por Sigourney Weaver, Sam Rockwell, Tony Shalhoub e Alan Rickman, interpretando ao reparto xa maduro dunha série de CF cancelada hai moito tempo, e que de súpeto atópan-se envoltos nun conflito intergaláctico auténtico. Allen dixo que presentara unha secuela á DreamWorks, pero ainda non tivo resposta.

    "Teredes que preguntar aos da DreamWorks", dixo Allen aos xornalistas. "Hai ún aí. Até hoxe, non entendo de que vai isto. Pero son todo movidas dos estudos. Realmente teño que afastarme destas cousas". really have to stay out of that stuff."

    Zoom está coprotagonizado por Courteney Cox, Chevy Chase, Rip Torn e Spencer Breslin e vai sobre un grupo de rapaces con super-poderes que se axuntan nunha escola especial baixo a titelaxe dun superheroe anticuado (Allen) e deben salvar ao mundo. A súa estrea será este venres.


    Candidatos aos Prémios Mundiais da Fantasía

    [1:40 11/08/2006] Veñen de se anunciar os candidatos aos Prémios Mundiais da Fantasía 2006, cuxos gañadores serán dados a coñecer no decurso do Congreso mundial de Fantasía que terá lugar en Austin, Texas entre o 2 e o 5 do vindeiro mes de novembro.

    Este ano o xurado está composto por Steve Lockley, Barbara Roden, Victoria Strauss, Jeff VanderMeer e Andrew Wheeler.

    A listaxe completa dos finalistas vai de seguido:

    • Novela:
      • Kafka on the Shore, de Haruki Murakami
      • The Limits of Enchantment, de Graham Joyce
      • Lunar Park, de Brent Easton Ellis
      • Odd Magic, de Patricia A. McKillip
      • A Princess of Roumania, de Paul Park
      • Vellum, de Hal Duncan

    • Novela curta:
      • Another War, de Simon Morden
      • The Imago Sequence, de Laird Barron
      • In the Machine, de Michael Cunningham
      • Magic for Beginners, de Kelly Link
      • UOUS, de Tanith Lee
      • Voluntary Committal, de Joe Hill

    • Conto:
      • Best New Horror, de Joe Hill
      • CommComm, de George Saunders
      • The Other Grace, de Holly Phillips
      • La Peau Verte, de Caitlin R. Kiernan
      • Two Hearts, de Peter S. Beagle

    • Antoloxía:
      • Adventure Vol. 1, de Chris Roberson
      • The Fair Folk, de Marvin Kaye
      • Nova Scotia: New Scottish Speculative Fiction, de Neil Williamson e Andrew J. Wilson
      • Polyphony 5, de Deborah Layne e Jay Lake
      • Weird Shadows Over Innsmouth, de Stephen Jones

    • Escolma de relatos:
      • 20th Century Ghosts, de Joe Hill
      • In the Palace of Repose, de Holly Phillips
      • The Keyhole Opera, de Bruce Holland Rogers
      • Magic for Beginners, de Kelly Link
      • To Charles Fort, with Love, de Caitlin R. Kiernan

    • Artista:
      • Kinuko Y. Craft
      • James Jean
      • Dave McKean
      • Edward Miller (Les Edwards)
      • John Jude Palencar


    Potter 6, en novembro de 2008

    [1:39 11/08/2006] Ainda que sen un director para o proxecto e co reparto por confirmar, a Warner Brothers ven de anunciar que o 21 de novembro de 2008, o Día de Acción de Grazas nos Estados Unidos, será a data de estrea da sexta parte da saga de Harry Potter no cinema, Harry Potter e o príncipe de sangue mesturado.

    A Paramount Pictures, pola súa banda, tamén puxo na súa axenda para o 8 de novembro de 2008, o lanzamento para a secuela do filme de debuxos animados da DreamWorks Madagascar. Ben Stiller, Chris Rock, Jada Pinkett-Smith e David Schwimmer repetirán os seus papeis facendo as voces dos persoaxes na versión orixinal, que coma sempre non poderemos ver en Galiza.

    A data en novembro para a estrea do filme de Harry Potter sinifica un regreso ao mes de Acción de Grazas para a franquía do neno meigo, xa que a quinta entrega, Harry Potter e a Orde do Fénix, será estreada no vindeiro mes de xullo. Das catro películas xa estreadas, tan só a terceira tivo unha data de estrea que coincidira cos meses do verán.


    O biopic de PKD

    [1:39 11/08/2006] O actor Paul Giamatti (O show de Truman, O planeta dos símios) está en negociacións para interpretar ao mítico escritor de ciéncia-ficción Philip K. Dick nunha película biográfica que axiña será producida pola compañía Touchy Feely Films xunto coa Anonymous Content.

    A biografía autorizada tamén contará co apóio financeiro dos herdeiros de Philip K. Dick a través dunha emprsa que montaron hai temp oe que se chama Electric Shepherd Productions. Tony Grisoni (Medo e Noxo en Las Vegas) escribirá o guión.

    Dick, quen finou en 1982, escribiu máis de catro dúcias de libros e numerosas histórias curtas, das que alomenos sete xa foron adaptadas á pantalla grande, incluindo Blade Runner, Desafío Total, Minority Report e A Scanner Darkly, ainda por estrear en Galiza.

    O filme será, segundo din, "non tradicional" e nel terán lugar as moitas e moitas veces absurdas andainas deste escritor ao longo da súa vida real, que se misturará con elementos de ficción extraídos da súa última novela sen rematar, The Owl in Daylight.

    A produción executiva correría a cargo do mesmo Giamatti mais aos propietários da Anonymous Content, Steve Golin e Lenny Bekerman. Giamatti está arestora nas pantallas de médio mundo por ser o protagonista do filme de M. Night Shyamalan Lady in the Water, ademáis de ter prevista axiña a estrea do seu filme O Ilusionista.


    Shatner procura persoalidades de CF

    [1:39 11/08/2006] A estrela protagonista da série orixinal de Star Trek, William Shatner, vai patrocinar un concurso on-line para atopar á persoalidade con máis talento da ciéncia-ficción nos Estados Unidos. Para participar, os concursantes deberán crear un vídeo clip no que tenten explicar por que eles son o perfeccto herdeiro do capitán James Kirk.

    Os finalistas serán elixidos polo público, e os dez máis votados serán os candidatos aos que se lles dará a oportunidade de gañar o Desafío de Ciéncia-Ficción de William Shatner.

    Sete xuices elixirán cadenseu finalista (o que fará un total de 17 candidatos), e o mesmo Shatner en persoa elixirá ao gañador. Entre os xuices haberá reprsentantes de sítios web adicados ao mundos fantástico, coma StarTrek.com, Ain't It Cool News, Planet Magazine, The Slice of Sci-Fi Podcast e VideoDetective.com, así coma a protagonista de Star Trek: Deep Space 9 Chase Masterson e Patrick Lee, editor de SCI FI Wire.

    O gañador do grande prémio recebirá unha importante recompensa en metálico e será nomeado voceiro oficial do clube de DVD de Ciéncia-Ficción de William Shatner.


    Director para Halo

    [1:39 11/08/2006] Microsoft ven de anunciar que o director Neill Blomkamp dirixirá a moi agardada versión para a pantalla grande do seu videoxogo Halo. O realizador sudafricano fará asemade o seu debut en longametraxes, xa que até agora só dirixira anúncios e algunhas curtas.

    Halo estará producido por Peter Jackson e Fran Walsh baixo a súa compañía WingNut Films para a Universal Pictures e a 20th Century Fox. Os efectos especiais, as miniaturas e mais o deseño de creaturas correrá a cargo da empresa de Jackson situada en Nova Celándia Weta Digital e Weta Workshop (as de O Señor dos Aneis).

    Blomkamp dirixiu a curtametraxe de 2005 Alive in Joburg, que debuxaba un futuro no que os extra-terrestres se convertiran en refuxiados. Blomkamp tamén chegou a dirixir un episódio da série de televisión Dark Angel.

    Halo ten data de estrea fixada para o verán de 2008 e será rodada en Wellington, Nova Celándia.


    Volven os nenos do Brasil

    [1:39 11/08/2006] Brett Ratner (X-Men: a decisión final) dirixirá un remake do clásico filme de ciéncia-ficción de 1978 Os nenos do Brasil para a New Line Cinema. Richard Potter e Matthew Stravitz escribirán o guión.

    A New Line negociou a compra dos dereitos á Granada Films, que os adquirira cando mercou un paquete da ITC. Os nenos do Brasil será producida por Rob Green da Granada, xunto cos sócios da Rat Entertainment, Ratner e Ray Stern.

    Baseada nunha novela de Ira Levin, o filme orixinal estaba protagonizado por Laurence Olivier no papel dun home que debía encubrir un complot mundial organizado polos nazis para revivir ao terceiro Reich usando clons de Adolf Hitler. Gregory Peck interpretaba ao maléfico doutor Josef Mengele.

    Os guionistas farán un libreto o máis cercano posíbel ao orixinal de Levin, pero ambientndo a acción no presente.

  • [2:01 14/07/2006] Robert J. Sawyer gañou o prémio John W. Campbell Memorial á millor novela de ciéncia-ficción de 2005 polo seu libro Mindscan, dado a coñecer nunha cerimónia celebrada o pasado 7 de xullo na Universidade de Kansas en Lawrence. Na mesma cerimónia, Paolo Bacigalupi levou-se o prémio Theodore Sturgeon Memorial ao millor relato de ciéncia-ficción de 2005 por The Calorie Man.

  • [2:01 14/07/2006] A actriz June Allyson, quen se fixo popular nos anos 40 e 50 por interpretar á perfecta muller casada en multitude de comédias no cinema, finou o sábado aos 88 anos na súa casa de Ojai, Califórnia por mor dun fallo respiratório agudo. Entre os afeccionados ao fantástico será relembrada polas súas aparicións na série de TV O Incríbel Hulk.

  • [2:01 14/07/2006] Os dous "historiadores" que perderon o caso de pláxio contra os editores ingleses da novela O Código da Vinci, após de toda a publicidade que acadaron para as súas novelas, agora seica queren máis e anúncian que pensan recurrir a setenza que lles condeou, ainda que non teñen claro en que intre facelo.

  • [2:01 14/07/2006] A Universal vende adquirir os dereitos sobre un boceto de guión titulado Dracula Ano Cero, dos escritores Matt Sazama e Burk Sharpless e pretende convertilo en película da man do produtor Michael De Luca. A história explora as orixes de Dracula, misturando a fantasía dos vampiros coa realidade histórica do príncipe Vlad o Empalador, todo coa clásica história de amor como trasfondo.


    Christensen telepórta-se

    [0:15 18/08/2006] A estrela da Guerra das Galáxias, o actor Hayden Christensen (Anakin Skywalker) protagonizará Jumper, un filme de grande orzamento de ciéncia-ficción producido pola Regency Enterprises e dirixido por Doug Liman. A Regency asociou-se coa 20th Century Fox para finanzar a produción, que contará cun orzamento de ao redor de 100 millóns de dólares.

    A contratación de Christensen fai escomezar asemade a produción, que tiña previsto escomezar a rodaxe a princípios deste verán pero que foi adiándo-se. Tom Sturridge era quen ía interpretar o papel protagonista de David, que agora fará Christensen, xa que a decisión foi contratar a un actor máis importante. Samuel L. Jackson, Jamie Bell e Teresa Palmer ainda están entre os membros do reparto.

    O filme, que a Regency e mais a Fox esperan que se convirta no primeiro dunha triloxía, comezará a se rodar a finais deste mes en Toronto, Roma e Tóquio.

    Baseada na novela de Steven Gould, Jumper vai sobre un rapaz procedente dunha família rota que descobre que ten o poder de se teleportar. Na súa procura do home que coida que é o responsábel da morte da súa nai, o rapaz chamará a atención da Axéncia Nacional de Seguranza (NSA) e doutro rapaz coas mesmas habilidades.

    Christensen fai o papel do xove que pdoe teleportar-se. Jackson fai dun axente da NSA, e Bell é o chimpador (jumper) que aprende a usar a Christensen os seus poderes.

    Lucas Foster e Simon Kinberg serán os produtores xunto con Jay Sanders. Ralph Vicinanza e Vince Gerardis serán os produtores executivos. David Goyer (Batman Begins) escribiu o guión orixinal, que foi reescrito por Kinberg (O Sr. e a Sra. Smith).


    Piratas do Caribe 2 bate todos os récords

    [0:15 18/08/2006] O cofre do home morto bateu todos os récords de billeteira en España ao recadar 8.822.111 euros tan só na súa primeira fin de semana de exhibición, unha cifra astronómica coa que se impón a O código da Vinci, que acadara 8,7 millónes, e que até agora mantiña o récord.

    A segunda entrega da saga dos Piratas do Caribe fíxo-se nada menos que co 76% da recadación nas billeteiras totais da fin de semana, periodo no que levou ás salas a 1,6 millóns de persoas. A superprodución interpretada por Johnny Deep e Orlando Bloom lanzou-se con 787 cópias o pasado venres, día no que fixo unha recadación de 2,6 millóns de euros, a millor apertura da história.

    Segundo dados da distribuidora Buena Vista, as novas aventuras do capitán Jack Sparrow, que nos Estados Unidos xa traspasou a barreira dos 400 millóns de dólares, polo que a sua recadación mundial ascende a 809 millóns de dólares, conquistaron á case totalidade do público que acudiu a unha sala de cinema en España. Nun complexo en Madrid, por exemplo, das 40.000 persoas que pasaron polo multicinema, 31.000 elixiron O cofre do home morto. En Marbella (no sur de España), o cinema que proxectaba una cópia en versión orixinal, acadou unha recadación histórica de 6.700 euros en só tres días.


    McCormack entrará na habitación 1408

    [0:15 18/08/2006] Mary McCormack protagonizará para a Dimension Films a adaptación da novela de Stephen King 1408, sobre un hotel enmeigado.

    A protagonista de Anatomía de Grey, Kate Walsh, non será a protagonista por mor da incompatibilidade co seu papel para a série de televisión. A Touchstone advertíra-lle que o seu papel televisivo tiña releváncia sobre calquera outro, pero a actriz aceptara protagonizar o filme de todos os xeitos coidando que a súa axenda permitiríallo. 1408 comezará a se rodar o ano que ven en Inglaterra.

    John Cusack e Samuel L. Jackson tamén están no reparto deste filme, que vai sobre un escéptico adicado a demostrar a falsedade dos trucos dos videntes, que un día atópa-se envolto nun terror auténtico na habitación 1408 do hotel Dolphin. Walsh ía interpretar á ex-muller de Cusack.

    O relato 1408 de Stephen King foi publicado orixinalmente como parte dun libro en áudio.


    007 terá outra novela

    [0:15 18/08/2006] En 2008 aparecerá unha nova novela da saga de James Bond para celebrar o centenário do nacemento do seu creador, Ian Fleming, pero a identidade do seu escritor fica polo de agora no segredo.

    Fleming escribiu alomenos 13 das 14 novelas de Bond, comezando con Casino Royale en 1953 e rematando con Octopussy e Living Daylights en 1966, dous anos antes de morrer. A autoría da novela que faría o número 14, Thunderball, ainda está en disputa.

    Ian Fleming Publications non identificou ainda ao editor do libro, que aparecerá en maio de 2008, e o seu autor seguirá no segredo até a súa publicación.

    O anúncio chega un día despóis de que Michael Wilson e Barbara Broccoli, produtores da saga de filmes de James Bond, anunciaran os seus plans para que a 22ª entrega desta franquía vexa a luz contra o mesmo mes de maio de 2008.

    O actor inglés Daniel Craig protyagonizará a vindeira versión de Casino Royale, prevista para o mes de novembro, e regresará co papel de 007 neste 22ª película,que pol ode agora ainda non ten título.

    Vários escritores foron autorizados pola Ian Fleming Publications para escribir novelas de James Bond dende que Fleming finou en, incluindo a Kingsley Amis e John Gardner.


    Novo videoxogo de Star Trek

    [0:15 18/08/2006] Os cinco capitáns que pasaron pola nave Enterprise, Kirk, Picard, Sisko, Janeway e Archer embarcaron-se nunha nova misión: a de Star Trek: Legacy, o novo videoxogo que sobre a famosa saga galáctica conmemora o 40 aniversário da franquía e chegará ás tendas o próximo mes de outubro.

    Producido polos estudos Bethesda Softworks, o xogo é o primeiro proxecto que conta coa colaboración simultánea dos cinco intérpretes que deron vida a algúns dos capitáns mais famosos da história da televisión, os que desfiaron polo universo Star Trek.

    Os xogadores poderán navegar en até 60 naves distintas na sua loita contra inimigos como os Klingons ou os Borg.

    William Shatner, Patrick Stewart, Avery Brooks, Kate Mulgrew e Scott Bakula emprestarán as suas voces aos personaxes que interpretaron na popular série: os Capitáns James T. Kirk, Jean-Luc Picard, Benjamin Sisko, Kathryn Janeway e Jonathan Archer, respectivamente.

    Aproveitando o lanzamento da Legacy, Shatner, que manifiestou a sua intención de se introducir no mundo dos videoxogos da man do seu neto, espera que o novo produto sirva para manter viva a etiqueta trekkie: "O interese por Star Trek esvaeceu-se nos últimos anos. Mantivo-se durante longo tempo, está totalmente vencellado á vida americana e coido que necesitamos algo novo e diferente que o relance", afirmou o actor, que admite que non puido resistir-se a interpretar unha vez mais o papel que lle valeu a fama mundial: "Non podia imaxinar-me a ninguén mais facendo do Capitán Kirk, nen sequera nun videoxogo, asi que se pode dicir que me vovín un pouco territorial".

    Tanto Shatner coma o resto dos intérpretes que compoñen o reparto non terán unha presenza real no xogo de estratéxia: serán os seus alter-egos animados os que coas suas voces oferecerán consello e detalles ao xogador sobre o desenvolvemento da trama.

    "Se é un bo xogo, que se manteña fiel aos personaxes na medida do posíbel, e cunha história complexa, coido que será unha boa forma de aportar unha nova frescura a unha franquía como esta", declarou Shatner, que xa emprestou a sua voz para un videoxogo sobre a série editado en 1997, Star Trek: Starfleet Academy.

    Non é a primeira vez que o intérprete participa nos esforzos por insuflar nova vida á franquía. Shatner escribeu nove novelas de Star Trek que detallan as viaxes de Kirk e os seus sócios na procura de novas civilizacións.

    Desde a sua creazón, a carrego do autor Gene Roddenberry, en 1966, Star Trek deu lugar a seis tempadas da série de televisión, dez filmes e toda unha comunidade de seguidores, os "trekkies", que dotaron de estatus de culto á saga.

    Ademais da Legacy, outros títulos de vindeira aparición sobre o universo Star Trek inclúen un xogo online no que multitude de xogadores poderán unir-se na procura de novas civilizacións e formas de vida.

  • [0:15 28/07/2006] O protagonista de Brokeback Mountain, Heath Ledger, podería deixar as afastadas pradeiras do Oeste americano máis gai para se converter nada menos que no Joker, o arqui-inimigo de Batman, na secuela de Batman Begins. O actor seica recebiu unha proposta para facer o persoaxe a pasada semana e participar na vindeira entrega desta saga, que aparecerá en 2008. O gañador dun Oscar Robin Williams tamén está segundo din case desesperado por acadar este papel, mentres que ún dos protagonistas de O Código da Vinci, Paul Bettany, tamén anda atrás do cobizado papel. Pero seica os produtores desexan que o papel sexa para algún actor que teña aproximadamente a mesma idade que Christian Bale, 32 anos.

  • [21:17 21/07/2006] A interpretación de Christopher Reeve coma o Home de Aceiro será immortalizada cando as catro películas que conforman a súa saga reciban axiña un tratamento especial en DVD que aparecerá o vindeiro 14 de novembro, e que incluirá unha nova versión de Superman II, o único filme que mudou de director na metade do rodaxe, cando Richard Lester foi sustituido por Richard Donner, quen lle deu un toque máis cómico ao filme. Donner agora terá a última palabra, porque a nova versión incorporará o seu material rodado pero nunca antes visto, no que hai un comezo e mais un final diferentes, e 15 minutos de escenas nas que aparece Marlon Brando no seu papel de Jor-El falando con seu fillo.

  • [23:12 20/07/2006] O actor Haley Joel Osment, que fora nominado ao Oscar pola súa actuación dun neno morto en O Sexto Sentido, tivo que ser hospitalizado este xoves após de sofrir un accidente mentres circulaba a grande velocidade co seu coche novo preto de Los Angeles. Osment, de 18 anos, bateu contra unha columna pola autoestrada co seu coche recén comprado.

  • [23:12 20/07/2006] Daniel Craig ainda non fixo o seu debut como James Bond (haberá que agardar até novemebro), pero os produtores da vindeira Casino Royale xa están ocupados facendo plans para o seguinte capítulo da popular franquía de 007. O realizador inglés Roger Michell está a negociar a posibilidade de dirixir o filme que virá despóis de Casino Royale, que polo de agora leva o título de traballo Bond 22. A Columbia Pictures, que produce Casino Royale e Bond 22 xunto a MGM, declinou facer comentários.

  • [23:12 20/07/2006] Steven Spielberg recebiu un Golden Hugo, un prémio á laboura de toda unha vida que mália o seu nome non ten ren que ver cos populares prémios Hugo, senón que é concedido polo Festival de Cinema de Chicago e presentado pola World Science Fiction Society. Spielberg recebiu felicitacións gravadas en vídeo de Harrison Ford, Catherine Zeta-Jones e George Lucas, mentres que Tom Cruise fixo unha aparición por sorpresa na honra de Spielberg.

  • [23:12 20/07/2006] A Sociedade Cooperativa Galega Pegadas organiza o II Festival Multimedia da Galiza. A convocatória esta encadrada dentro do Festigal 2006, que terá lugar o vindeiro 25 de xullo en Santiago de Compostela, e a intención é amosar os traballos audiovisuais de artistas galegos ou residentes na Galiza. Para participar hai que ser creador dunha obra audiovisual (imaxe real, animación, vídeo-arte, etc.), e ser galego ou residir na actualidade en Galiza. Máis información nos teléfones 666898993 e 981907190.

  • [23:12 20/07/2006] A agardadísima novela gráfica baseada no popular videoxogo Halo xa está nos quisoques... iso si, só nos Estados Unidos. A Marvel Comics anunciou o seu lanzamento, que coma lembraredes por anteriores números de NOVA, conta coa intervención de artistas e guionistas de moitísimo nivel, coma Phil Hale, Lee Hammock, Jean "Moebius" Giraud, Doug Alexander ou Kent Williams.


    Gellar fica adicta

    [1:23 01/09/2006] Sarah Michelle Gellar (Buffy Cazavampiros) protagonizará Addicted, outro filme de terror sobrenatural baseado nunha película asiática, coa finanzación do Yari Film Group e a produción de Vertigo e Spitfire. Addicted será unha adaptación americana do filme surcoreano de terror de 2002 Jungdok.

    Joel Bergvall e Simon Sandquist, que dirixiron o acalamado filme sueco O Invisíbel, dirixirán a partir dun guión de Michael Petroni.

    Este filme xira ao redor dunha muller cuxo home e cuñado fican en coma após dun terríbel accidente. Cando o cuñado esperta, di que é o seu verdadeiro marido.

    O proxecto reúne a Gellar coa Vertigo, a produtora que fixo The Grudge (baseado na xaponesa Ju-On) e a vindeira The Grudge 2, que se estreará o 13 de outubro. Vertigo tamén produciu The Ring e The Ring 2.

    Gellar (The Grudge) tamén foi a protagonista do thriller sobrenatural The Return, que será estreado en novembro.


    Plutón xa non é un planeta

    [0:51 25/08/2006] Após de tensas xuntanzas e dispares teorías para intentar achar tanto unha denominación axeitada de planeta coma a cantidade dos mesmos no Sistema Solar, seica os membros da Unión Astronómica Internacional xa se puxeron de acordo.

    Finalmente, a IAU (Unión Astronómica Internacional) decidiu que o número de planetas do noso Sistema Solar non se ampliará a 12, coma se propuxera na reunión que mantiveron os seus membros en Praga, senon que debe reducir-se de 9 a 8. O "prexudicado" deste novo orde cósmico é, novamente, o polémico Plutón, cuxo pequeno tamaño, inferior ao da nosa Lúa, levou aos membros da IAU a exclui-lo definitivamente da súa nova definición de planeta.

    Após de ser coñecido como un planeta dende o seu descobremento nos anos 30, Plutón deberá conformar-se coa sua nova denominación de "planeta anano".

    "O Sistema Solar terá oito planetas e alomenos dous planetas ananos", asegurou Junachi Watanabe, voceiro do Observatório Nacional de Astronomía de Xapón e membro do Comité da IAU para a Definición dun Planeta.

    Pero os auténticos prexudicados serán, lóxicamente, os paifocos que acreditan na Astroloxía e que coidaban estar baixo a influenza de Plutón. Agora que xa non é un planeta, deberán atopar refúxio nalgunha outra rocha do espazo.


    Malos tempos para os Cruise

    [0:51 25/08/2006] Malos tempos para os fanáticos da Ciencioloxía: a Tom Cruise se lle remataron os tempos de pallasadas públicas, porque a Paramount Pictures, os estudos onde traballaba dende hai 14 anos, cansáron-se de tantas parvadas e decediron despedilo, por amosar unha "conduta improcedente". As malas línguas din que a verdade é que a súa película Misión Imposíbel 3 foi un fracaso, e que por riba Cruise esixía cobrar demasiado (un mínimo do 15% dos benefícios da paramount). Un voceiro do actor dixo que non houbo despido senón demisión, pero o certo é que Cruise ainda non deu a cara públicamente.

    Por outra banda, entre os primeros "afortunados" que verán á esquiva filla de Tom Cruise e Katie Holmes están os Beckham, pero xunto ao convite tamén recibiron un estrito manual de instruccións para se dirixiren ao bebé. Non poderán fotografala, o cal semella unha precaución comprensíbel tendo en conta a expectación xerada, pero é que tampouco poderán tocala e nin sequera poderán falar-lle. A Ciencioloxía, da cal Cruise é un devoto seguidor, non permite arrolar aos bebés porque cré que afecta ao desenvolvemento do neno.

    Os Beckham admitiron estar un pouco abraiados, pero ainda así consideran "unha honra" o convite. Din que as estritas restricións do cienciólogo Cruise serán difíciles de cumplir para Victoria, xa que a ex spice "pija" adora os bebés e ademáis nestes intres está a tentar ter unha nena con David. Cruise, de 44 anos, e Holmes, de 27, mantiveron a Suri afastada da opinión pública dende o seu nacemento, hai catro meses, o que disparou todo tipo de teorías da conspiración. Nombergantes, un feixe de amigos da parella aseguran que xa miraron á nena.


    Daniel Craig na brúxula de ouro

    [0:51 25/08/2006] Daniel Craig, o máis recente James Bond, fará novamente equipa con dúas estrelas femininas para a vindeira película de fantasía épica da New Line, The Golden Compass, un filme dos de grande orzamento.

    Esta será a primeira entrega dunha nova triloxía (seica agora en Hollywood colléron-lle gusto ao número tres) baseada na série de Philip Pullman His Dark Materials. Chris Weitz será o guionista e o director.

    Craig interpretará a Lord Asriel, un temerário e misterioso aventureiro que é o tío de Lyra Belacqua, a rapaza que viaxa a un universo paralelo para salvar á súa millor amiga. O persoaxe aparece nos tres libros.

    Os vindeiros filmes de Craig píntan-se moi fantásticos: primeiro será James Bond en Casino Royale coa actriz francesa Eva Green e logo fará The Visiting, un remake de A invasión dos ultracorpos coa actriz australiana Nicole Kidman. Tanto Green coma Kidman xa foron asignadas para interpretar senllos papeis en Compass, cuxa rodaxe escomezará o vindeiro 4 de setembro en Inglaterra.

    Craig rodará as súas escenas neste filme e logo regresará ao seu traballo como James Bond para a vindeira 22ª entrega da saga de James Bond, prevista para maio de 2008.


    O McGuffin de Lucas

    [0:51 25/08/2006] George Lucas dixo nunha recente entrevista que el, o director Steven Spielberg e mais o actor Harrison Ford teñen xa previsto comezar a cuarta entrega da saga de Indiana Jones contra meiados do ano que ven, 2007, sempre coa vista posta nun lanzamento para o 2008. Pero engadiu que axuntar aos tres non vai ser nada doado.

    "Antes eu só traballaba con Steven e Harrison", dixo Lucas. "Agora todo o mundo é unha superestrela, así que é un pouco máis difícil do que era daquela".

    No tocantes á história, Lucas dixo crípticamente que "básicamente imos facer a Ameaza Pantasma", referíndo-se ao Episódio I da Guerra das Galáxias. "A expectación da xente é moito máis alta do que podes alcanzar. Poderían-te matar polo que fagas... faríamo-lo só por nos divertir e por aceptar o desafío dos críticos e dos fans... pero ninguén quere ir adiante con isto se non está contento".

    Lucas engadiu, cada vez máis misterioso: "A situación de que é malo se o fas, e malo se non-o fas, liberou unha ideia para un argumento que orixinalmente era demasiado incendiário. Descobrín un McGuffin... falei aos rapaces sobre iso, e estaban un pocuo dubidosos, pero é o millor que temos atopados... lamentabelmente, estaba demasiado "conectado" para os outros. Temían o que podería pensar a crítica. Dixeron: 'non-o podemos facer con outro McGuffin? Non podemos facer isto?' e eu dixen non. Así que estivemos enfrascados con iso durante un par de anos. E daquela Harrison realmente quería facelo, e Steve dixo que vale. Eu dixen que tiñamos que voltar a aquel McGuffin orixinal e quitar-lle as partes que poderían ofender ao público, e ainda usaremos esa área do sobrenatural para tratar con elo".


    Os soños de South Park producen Monstros

    [0:51 25/08/2006] Os creadores de South Park, os corrosivos Trey Parker e Matt Stone, farán un filme titulado Giant Monsters Attack Japan!, con guión de J.F. Lawton (Alerta máxima) que combina acción real coas técnicas de traxes de goma tan populares no mercado asiático (por exemplo, en Godzilla ou en Power Rangers).

    Este lanzamento será ún dos dous que a produtora de Parker e Stone, a Important Pictures, fará para a Paramount Pictures.

    Parker dirixirá e Stone producirá, e ambos os dous traballarán co guionista. Sean Daniel e a Nickelodeon tamén producirán aos Giant Monsters.

    Parker e Stone están pensando no comezo da produción contra o 2007, xusto durante un intervalo que disporán na produción de South Park, a súa série na canle Comedy Central coa que levan xa dez anos.


    Os irmáns Polish voan no tempo

    [0:50 25/08/2006] Os irmáns realizadores Michael e Mark Polish veñen de vender dous dos seus proxectos á Warner Brothers, que eles mesmos dirixirán, guionizarán e producirán. Ún deses proxectos é o drama de ciéncia-ficción How Time Flies.

    How Time Flies [Como voa o tempo] é unha ollada de causa-efecto a un mundo onde as viaxes no tempo fan-se accesíbeis ao home común e o fráxil que daquela se volve a realidade.

    Michael dirixirá os filmes, mentres que tanto el coma Mark escribirán os guións e producirán. Lynn Harris supervisará os proxectos para os estudos.

    Os irmáns xemelgos Polish están arestora na fase de post-produción do seu drama The Astronaut Farmer, protagonizado por Billy Bob Thornton e Bruce Willis.

  • [1:44 11/08/2006] Pola súa banda, a Fox, a canle propiedade do patrono do noso ex-presidente, está a desenvolver dúas novas séries relacionadas co fantástico: Amy After Dark irá sobre unha avogada de New York que de noite é unha vampira (podedes aforrar os chistes malos!) e outra, aínda sen título, irá sobre un policía novo que en realidade ten séculos de idade (Ana Obregón e Marujita Díaz andarán após deste papel).

  • [1:44 11/08/2006] A The Weinstein Co., empresa propiedade de Harvey e Bob Weinstein, ven de adquirir os dereitos para producir unha versión en debuxos animados de O profesor chiflado, o filme de 1963 interpretado por Jerry Lewis. Este actor interpretará as voces de alomenos dous persoaxes na nova película.

  • [1:44 11/08/2006] O mestre do terror George A. Romero (o de A noite dos mortos vivintes) ven de asinar para escribir o guión e dirixir o thriller sobrenatural Solitary Isle para a empresa de Ashok Amritraj, a Hyde Park Entertainment e mais a Kadokawa Pictures. O filme, baseado nun relato de Koji Suzuki (O Anel, Dark Water), será o primeiro proxecto nunha empresa conxunta ao 50% entre Hyde Park e Kadokawa, no que co-financiarán filmes de terror cun orzamento por baixo dos 25 millóns de dólares. O argumento trata sobre unha expedición a unha illa deserta na que acontecen cousas espantosas.

  • [1:44 11/08/2006] Alan Moore presentou a súa máis recente obra, un cómic erótico ambientado na Inglaterra victoriana que leva o título de Lost Girls, publicado por Top Shelf Comics (ainda por aparecer en Galiza). Levaba traballando nesta novela gráfica dende o ano 1989, pero por fin veron a luz as andainas de Alícia, Dorothy e Wendy, os tres persoaxes femininos extraídos de tres famosas novelas fantásticas (Alícia no País das Marabillas, O Meigo de Oz e Peter Pan).