Spielberg producirá películas sobre Tintín
[13:27 11/03/2007] A produtora do cineasta Steven Spielberg, a Dreamworks, alcanzou un acordo cos Estudos Hergé para producir unha série de películas sobre o persoaxe de cómic Tintín, a primera das cales podería estrearse en 2009 ou 2010.
Así anunciouno o presidente de Estudos Hergé, Nick Rodwell, durante unha rolda de prensa celebrada en relación cos actos organizados para conmemorar o próximo maio o centeário do nacimiento de Georges Remi, máis coñecido como Hergé e creador do célebre xornalista belga.
A Dreamworks terá que avaliar se se tratará finalmente de películas con actores ou de animación, indicou a axéncia Belga.
A decisión é como un chimpo ao baleiro "e agardámonos bos e malas sorpresas, é coma nun matrimónio, hai que confiar", dixo Rodwell á prensa.
Shia nega os rumores de Indiana Jones
[13:27 11/03/2007] Durante os últimos quince días leva circulando o rumor de que o actor Shia LaBeouf foi contratado para a vindeira Indiana Jones IV, e mesmo algúns médios de prensa confirmaron as novas.
Pero agora as tornas mudaron porque antonte no decurso dun acto promocional da Sony pra anunciar Surf's Up, LaBeouf dixo que non é máis ca un rumor da Internet que chegou lonxe de mais.
Así, seica LaBeouf non só denegou a história tanto cos micros encedidos coma apagados, senón que deixou moi claro que non lle van ese tipo de papeis e que xa ten abondo de interpretar a persoaxes de cómic, referíndo-se ao seu papel protagonista en Transformers.
Preguntado ao respecto de se mudaría de opinión se lle ofrecen cartos abondo, LaBeouf dixo que dependería "de que vai o guión, non quero interpretar a un persoaxe secundário".
Tamén desvelou que Transformers levara unha calificación de "Para maiores de 18 anos", pero após dunha chamada de Spielberg á MPAA [o organismo censor nos Estados Unidos] , deixárono en "Para maiores de 13 anos".
Darío Xohán Cabana reedita "O castrón de ouro"
[13:27 11/03/2007] En 1993 Darío Xohán Cabana (Roás, 1952) gañou o prémio de literatura xuvenil O Barco de Vapor coa novela de aventuras O castrón de ouro. Pero a obra distinguida quizais sexa unha das menos lidas do escritor lugués, xa que apenas contou con difusión. "De feito, quedou durmindo no almacén da editorial os 15 anos de rigor até que venceron os dereitos. Había algunhas palabras no libro que non lles pareceron ben, pero é que eu escribo coas palabras que emprega a xente, mesmo os rapaces. Está escrito cunha linguaxe libre", di o autor. O castrón de ouro vén de ser reeditado por Galáxia, dentro da súa colección Árbore.
Cabana afirma que foi vítima do politicamente correcto na literatura xuvenil: "É un auténtico desastre. Pero é que ademais non se modifica a realidade por disimulala. E se falo dun castrón, teño que empregar a palabra collóns. Home, podería dicir testículos. O problema é que eu non escribo para rapaces, eu fago literatura, boa ou mala, pero literatura que a pode ler calquera. Dame mágoa que algúns adultos non lean libros meus como "As viaxes do príncipe azul" ou "As aventuras de Breogán Folgueira" por aparecer nunha colección de literatura xuvenil. Eu, ademais, escribinos cando tiña entre 35 e 40 anos e divertinme moito".
O libro de Cabana apóiase nunha visión da realidade que ten moito de espazo mítico: "É que os mitos e a fantasía pertencen a unha realidade e non ese intento de disimulala. É que ademais non se transforma: esa visión dun mundo tan correcto fai que non se modifique. Pero este non é un libro de análise social. É unha fantasía, historias fantásticas baseadas na mítica europea, galega e europea. Hai mitos galegos, anglosaxóns, artúricos, o Rei Don García, o pasado mítico".
Segundo o autor, os mitos interésan-lle porque lle parecen "divertidos": "Levan funcionando mil, dous mil, tres mil anos, e son actualizados por cada xeración. Ao mellor me equivoco, pero é que me parecen moi divertidos. E tamén resulta moi interesante comprobar a súa universalidade. Se les a épica cabaleiresca europea do século XII e comparas coa épica dos pobos do Sael do XIX, verás que somos iguais. Os negros africanos e os celtas comparten as mesmas fantasías, mesmo os árabes ou os indios norteamericanos. É unha proba de que todos soñamos coas mesmas cousas".
Preparando a chegada de Spiderman 3
[13:26 11/03/2007] Escenas exclusivas da rodaxe da vindeira película de Sam Raimi, Spider-Man 3, foron exhibidas perante un público entusiasmado na WonderCon en San Francisco o pasado 3 de marzo. As escenas presentáron-se nunha audiéncia de 3.000 personas, que aplaudiron a rabear até o punto de que se tiveron que amosar dúas veces. Nesas escenas póde-se ver a Spiderman e mais ao Trasno Verde voando sobre os rañaceos de New York.
Mentres tanto, Tobey Maguire confirmou que a súa participación no papel protagonista en Spider-man 3 será a derradeira vez que interprete ao persoaxe na pantalla grande. A coprotagonista Kirsten Dunst tamén revelou que lle parecía que este terceira entrega debería ser a derradeira da franquía. Maguire dixo: "Para min que este é un punto de remate natural para a equipa porque temos moitas histórias que viñan das dúas anteriores películas e que conclúen nesta e xa atamos case todo nesta terceira parte".
Pero o realizador Sam Raimi non está tan seguro de que este sexa o adéus ao trepamuros. Nunha recente entrevista desvelou que lle gustaría facer unha cuarta parte: "Encánta-me Spiderman e me encanta traballar con Kirsten, Tobey, James Franco... aínda estou fascinado co persoaxe". De todos os xeitos, Raimi insistiu que non podería facer unha cuarta parte se Maguire non participase nela.
Por certo que o filme será estreado en exclusiva mundial en Tóquio (Xapón) o vindeiro 1 de maio, tres días antes de que faga o mesmo nos Estados Unidos, segundo anunciou a Sony Pictures Entertainment. A película poderán vela os espectadores do cinema Toho Cinemas Roppongi Hills nun pase prévio á estrea o 16 de abril, coa asiténcia do director Sam Raimi, o creador do persoaxe Stan Lee e os protagonistas Tobey Maguire, Kirsten Dunst e James Franco.
Radcliffe volverá a ser Potter
[13:26 11/03/2007] Daniel Radcliffe ven de asinar para continuar interpretando a Harry Potter nos dous derradeiros filmes da popular saga. O actor, de 17 anos, ven de obter unhas críticas entusiastas na controvertida obra de teatro Equus en Londres, na que aparece espido no escenário, e comezará a rodaxe da sexta parte en setembro. Por mor das escenas nas que aparece espido no teatro, várias asociacións de pais cristianos nos Estados Unidos xa pediron un boicot mundial ás seguintes entregas da saga de Harry Potter.
Esta semana Radcliffe tamén foi nova porque nunhas declaracións á prensa confesou que lle gustaría que no séptimo tomo da saga de Harry Potter o seu persoaxe morrera.
A quinta entrega da série, Harry Potter e a Orde do Fénix, estreará-se en xullo, mentres que a séptima e derradeira parte da saga nos libros, Harry Potter and the Deathly Hallows, aparecerá tamén nese mesmo mes.
Dreyfuss en Tin Man
[13:26 11/03/2007] Richard Dreyfuss, Zooey Deschanel a mais Alan Cumming serán os protagonistas dunha nova minisérie para a televisión, titulada Tin Man, un conto fantástico que imaxina o que acontece no clásico libro de Frank Baum O meigo de Oz, pero dende o punto de vista do home de folla-de-lata. Dreyfuss interpretará ao Home Místico, un persoaxe baseado no meigo de Oz.
Deschanel será DG, unha rapaza arrincada da súa monótona vidaa e levada á Zona Exterior, ou sexa, o reino de Oz, un lugar enchido de marabillas pero asoballada pola máxia negra. Cumming interpreta a Glitch, un estraño home que perdeu a metade dos miolos, e que se axunta a DG na súa viaxe polo Camiño das baldosas amarelas que leva até o Home Místico.
Os outros dous persoaxes principais serán Raw, unha creatura semellante a un lobeto e que está á procura de máis valor, e Cain, un heroico ex-policía que procura vinganza. Ningún dos dous ten ainda un actor para os interpretar.
O proxecto será producido pola RHI Entertainment e co-guionizado por Steven Long Mitchell e Craig Van Sickle. Nick Willing será o director.
Silver fala sobre a Muller Marabilla
[13:26 11/03/2007] O produtor Joel Silver deixou-se ver na WonderCon de San Francisco a fin de semana pasada coa esperanza de poder publicitar o seu filme sobrenatural The Reaping, pero á penas seis minutos dende que comezara a falar, os fans xa lle pediran que reconsiderase a súa postura de deixar marchar ao creador de Buffy Cazavampiros, Joss Whedon como guionista e director do seguinte filme de Silver, Wonder Woman.
En declaracións aos nosos reporteiros, Silver desvelou que o proxecto de Wonder Woman levará-lle ainda moito tempo: "Ainda non estamos preparados", dixo. "QUero dicir... mira... durante un tempo eses filmes dos cómics Marvel estiveron a patear o cú dos filmes da DC Comics. Sabes? Todos eses persoaxes que están agardando para sair. E mira, reviviron a Batman. Están a facer un novo Batman agora. Debería ser estupendo. Están a facer un novo Superman, e van facer a Liga da Xustiza, todos os persoaxes, o que eu coido que é unha grande ideia. E nós imos facer que Wonder Woman funcione".
Whedon foi contratado para escribir un guión para a famosa superheroina amazona, pero deixou o proxecto hai un mes após de non poder convecer dos seus puntos de vista sobre a franquía a Silver e mais á Warner Brothers. A Warner, pola súa banda, mercou un guión aos recén chegado Matthew Jennison e Brent Strickland, que ambientaron a história durante a Segunda Guerra Mundial, o ambiente no que a superheroina foi creada orixinalmente nos cómics.
Pero Silver negou que ese guión sexa a base para o seu filme. "Non-o creo", dixo, engadindo que nunca quixo facer un filme histórico: "non-o mercamos para iso. Había algunhas boas ideias nel, pero estaba aí, e o que queriamos é que non andivese por aí. Só queriamos adquirilo e gardalo".
Snyder xa prepara o seguinte
[13:26 11/03/2007] O director Zack Snyder (300) está a desenvolver un filme de acción fantástico titulado Sucker Punch como primeiro proxecto baixo o seu novo selo, a compañía filial da Warner Bros "Cruel and Unusual Films".
Snyder considera que este proxecto será para que el o dirixa e produza coa súa parceira e esposa Deborah Snyder. Zack co-escribiu o guión con Steve Shibuya, quen o adaptou dende un conto que el mesmo escribiu.
Ambientado nos anos 50, Punch vai sobre unha nena confinada nunha institución mental polo seu malvado padrastro, que quere que a lobotomicen dentro de cinco días. Mentres está alí, imaxina unha realidade alternativa na que se agochar de seu pai, e nese mundo planea a súa fuga, precisando para elo cinco obxectos cos que evitar ser violada por un home malvado.
Snyder describiu o seu mundo como "Alícia no País das Marabillas con ametralladoras", porque nel aparecen dragóns, bombardeiros B-52 e prostíbulos. A música terá un papel fundamental.
Snyder está arestora na preprodución de Watchmen, a súa adaptación da clásica novela gráfica de Alan Moore e Dave Gibbons. Watchmen comezará a súa rodaxe a finais de verán, mentres que 300 estrea-se o 9 de marzo.
O labirinto de Pan, prémio na Fantasporto
[13:25 11/03/2007] O labirinto de Pan, do cineasta Guillermo del Toro, ven de gañar o prémio á millor película da sección oficial do XXVII Festival de Cinema Fantástico Fantasporto e Sergi López o prémio ao millor actor.
O labirinto de Pan acadou o prémio impoñéndo-se a outras vinteunha candidatas, entre as que tamén se atopaban Ausentes de Daniel Calparsoro, A Hora fría de Elio Quiroga e Os abandoados de Nacho Cerdà. O prémio especial do xurado foi para Historias do Desencanto, do tamén realizador mexicano Alejandro Valle.
O galardón para o millor actor foi a parar tamén para Daniel Calparsoro pola sua actuación en O labirinto de Pan, mentres que o de millor actriz foi para a española Ariadna Gil pola sua actuación na película Ausentes, de Daniel Calparsoro.
Na clausura do festival celebrou-se a entrega de prémios coa participación do actor americano Henry Thomas, quen na sua infáncia interpretou ao neno Elliot no filme E.T., de Steven Spielberg.
Noutra sección oficial da competición, a Semana dos Realizadores, o galardón obtívoo o filme Un Franco, 14 Pesetas, que marcou a estrea como realizador do actor español Carlos Iglesias.
A actriz chinesa Isabella Leong, de Macau, obtivo o prémio como millor actriz da sección Orient Express, mentres que o filme The Host, do coreano Bong Joon-Ho, foi galardoado coma o millor da sección oficial do cinema fantástico.
Bong tamén gañou o prémio como millor realizador e a película Re-Cycle, dos irmáns Pang (Danny e Oxide, creadores de The Eye en 2002) obtivo o galardón aos millores efectos especiais. O inglés James Moran levou o prémio do millor argumento do festival por Severance, de Christopher Smith.
Poxan a capa de Obi Wan Kenobi por 79.300 euros
A prenda, que levou posta o actor inglés Alec Guinness, é un dos rasgos máis característicos do persoaxe, xunto coa súa espada láser.
[13:25 11/03/2007] A capa que o personaje Obi Wan Kenobi luciu en 1977 na primeira entrega da Guerra das Galáxias acadou o pasado día 6 as 54.000 libras (más de 79.300 euros) nunha poxa na sede londinense da firma Bonhams.
Esta capa figura entre as catrocentas prendas que Bonhams puxo á venda este martes na que é, segundo os seus organizadores, a máis importante poxa de vestiário cinematográfico e televisivo en Inglaterra.
O traxe de gala que Sean Connery, no papel de James Bond, luciu nunha cea da película Operación Trebón (1965) vendeu-se por 33.600 libras (49.397 euros).
O axente secreto 007 protagonizou outras poxas, entre elas a que acadou a 8.640 libras (12.702 euros) por un traxe da firma italiana Brioni que levou posto Pierce Brosnan en GoldenEye (1995).
O abrigo que Gary Oldman levaba en Harry Potter e o prisioneiro de Azkaban (2004), filme dirixido polo mexicano Alfonso Cuarón, acadou as 15.600 libras (casi 23.000 euros).
[14:19 17/02/2007] A Fox Atomic ven de se facer cos dereitos da comédia de ciéncia-ficción Space Invader, que protagonizará e producirá Will Arnett. Peter Principato e Paul Young tamén serán os produtores. A película está ambientada nunha estación espacial e céntra-se nun triángulo amoroso, o que resulta moi sinificativo xusto uns días despóis de que outro triángulo deste tipo levara á cadea á astronauta da NASA Lisa Nowak.
[14:19 17/02/2007] Richard Kelly, director do moitas veces adiado proxecto apocalíptico de ciéncia-ficción Southland Tales, dixo no seu blog que ainda está a procurar cartos para poder rematar os efectos especiais. O filme, protagonizado por Dwayne "The Rock" Johnson e Sarah Michelle Gellar, foi remodelado totalmente após de que este verán tivese unha pésima acollida no Festival de Cinema de Cannes.
[14:19 17/02/2007] Ven de se convocar o Prémio Avalon de relato fantástico 2007 organizado coma cada ano pola Asociación Asturiana de Ciéncia-Ficción, Avalon.
[14:18 17/02/2007] Nicolas Cage comentou nunha recente entrevista que está a desexar producir She-Hulk, un filme baseado no cómic Hulka da Marvel Comics, para maior locimento de Eva Mendes, a coprotagonista xunto a el mesmo na vindeira Ghost Rider: "Iso é o que quero facer. Estou traballando niso", dixo Cage nunha rolda de prensa na que participaron centos de xornalistas en Culver City, Califórnia, o pasado 9 de febreiro.
[14:55 10/02/2007] Fortknox Audiovisual e Ciberpsique Audiovisual invítan-vos a entrar na súa nova web, onde poderedes ver o tráiler de Próxima, a última película independente e de ciéncia-ficción de Carlos Atanes (F.A.Q.). Proxima estrea-se este 2 de marzo no Grande Auditório do Teatro Rívoli a véspera da clausura do Festival Internacional de Cinema de Porto, o "Fantasporto".
[14:50 10/02/2007] Jeff Bridges uniu-se ao elenco de actores que formarán o reparto de Iron Man, o primeiro filme independente que producirá a Marvel Entertainment. Jon Favreau é o director desta película, distribuida pola Paramount Pictures e protagonizada por Robert Downey Jr. no papel do clásico persoaxe dos cómics da Marvel.
August reescribirá Shazam!
[13:27 11/03/2007] John August foi contratado para escribir o guión de Shazam!, a adaptación que a New Line Cinema vai facer sobre o popular persoaxe da DC Comics, o Capitán Marvel. Peter Segal está vencellado á dirección e tamén á produción xunto a Michael Ewing.
Os cómics van sobre Billy Batson, un adolescente que se convirte no superheroe coñecido coma Capitán Marvel cando pronúncia a palabra máxica "Shazam!". Esa palabra é o acrónimo de seis deuses e heroes do mundo antigo, o que lle confire o seu poder: a sabiduría de Salomón, a forza de Hércules, o vigor de Aries, o poder de Zeus, o valor de Aquiles e a velocidade de Mercúrio.
Neste proxecto, que xa leva moito tempo rodando, estiveron involucrados William Goldman e Bryan Goluboff até de agora no guión, pero Segal decidiu contratar a August porque é un guionista que combina o espectáculo coa caracterización dos persoaxes, coma se pode ver en filmes de Tim Burton coma O cadáver da noiva, Charlie e a fábrica de chocolate e Big Fish.
A Cruise lle gusta o de Coppola
[14:53 24/03/2007] A United Artists de Tom Cruise e Paula Wagner está por adquirir os dereitos sobre un filme de ciéncia-ficción titulado Youth Without Youth, que dirixiu Francis Ford Coppola (na que foi a súa volta á cadeira de director dende 1997). O trato uniría a Coppola con Cruise, unha parella que xa traballou xunta en 1983 cando o director escolleu a un daquela descoñecido Cruise en Rebeldes.
Coppola adaptou, produciu e dirixiu Youth Without Youth a partir da novela de 1976 do historiador relixioso romeno Mircea Eliade.
Está protagonizado por Tim Roth no papel dun vello de 70 anos a quen de súpeto se lle aparece unha luz que lle convirte nunha persoa máis nova e máis intelixente. Bruno Ganz tamén prtagoniza o filme, e Matt Damon ten unha breve aparición.
Coppola proxectou o filme o pasado 22 de febreiro nunha sesión especial para os seus amigos na súa, perante xente coma Carroll Ballard e George Lucas.
Coppola mostrou o seu filme a distribuidores individuais o pasado 16 de marzo en Los Angeles e na pasada fin de semana, acadando reaccións diversas, pero vários distribuidores estaban interesados no proxecto.
A flor máis grande do mundo
[14:53 24/03/2007] A curtometraxe está de noraboa, porque esta semana estreou-se en Ferrol A flor máis grande do mundo, a primeira adaptación en xénero animado dun conto de José Saramago. Foi co Nobel portugués como convidado de excepción no teatro Jofre: "Estou encantado, é unha obra con moito arte, con moita sabedoría, con moita inspiración", dixo ao comezar o acto. "Vendo esta curta disfroitamos, caironnos as bágoas", explicou a sua compañeira e tradutora, Pilar del Río.
A flor máis grande do mundo é a adaptación dun conto que Saramago ideou e escribiu hai máis de trinta anos e que, por chou chegou ao seu editor e logo a Emilio Aragón, quen pon a música; e, finalmente, a Chelo Loureiro e Pancho Casal, da produtora Continental, quen deixaron a história nas mans de Juan Pablo Etcheverry. O compostelán é, xunto ao ilustrador Diego Mallo, o responsábel desas bágoas das que falaba Pilar del Río.
Sete meses de traballo nun piso de Ferrol levou esta obra artesanal en plastilina. A curtametraxe, duns dez minutos e en cuxa elaboración colaboron a Xunta e o Concello de Ferrol, ten como narrador ao mesmo Saramago, e así aparece, ataviado coma un horticultor. "Ficarei para sempre condeado a me ver non só en plastilina, senon tamén con chapeo", bromeaba. Recrea a história dun neno que dá auga a unha flor que chegará ser a máis grande do mundo, pero tamén é unha história de utopías, de imposíbeis e de moitas preguntas para os adultos.
A Columbia fará Green Hornet
[14:53 24/03/2007] A Columbia Pictures vende se facer cos dereitos sobre The Green Hornet, a clásica história dun heroico loitador contra o crime que foi emitida durante xeracións na rádio e na televisión, así coma nos cómics. A Columbia adaptará The Green Hornet nunha película producida por Neal H. Moritz e a Original Film.
A Columbia adquiriu os dereitos que até agora posuía Moritz, quen á súa vez mercára-os á Green Hornet Inc.
The Green Hornet fixo o seu debut o 31 de xaneiro de 1936 na WXYZ radio en Detroit, creado por George W. Trendle e Fran Striker, os mesmos que tamén creador ao Xinete Solitário. A série, que foi emitida até 1952 na NBC, narraba as aventuras de Britt Reid, un aburrido playboy millonário cuxa vida muda ao herdar un xornal de seu pai, o Daily Sentinel. Britt salva a vida a Kato, un xaponés experto en artes marciais que se converte no millor aliado de Britt e transforma o seu coche nun arma contra o crime, a "Black Beauty".
The Green Hornet foi convertido en série de televisión en 1966 e tamén apareceu nos cómics. Na tele foi interpretado por Van Williams no papel de Britt, pero sobre todo serviu para que un mozo Bruce Lee no papel de Kato acadara o estrelato.
O labirinto de Pan, nove Arieis
[14:53 24/03/2007] O cineasta mexicano Guillermo del Toro consolidou-se como profeta na sua terra ao gañar nove das 12 candidaturas dos premios Ariel que se entregaron no Palacio de Belas Artes da Cidade de México. O seu filme O labirinto de Pan levou a cobizada estatuiña como Millor película e como Millor director.
O resto de prémios foron por Millores efectos especiais, Millor maquillaxe, Millor vestiário, Millor deseño de arte (Eugenio Caballero, quen tamén levou o Oscar), Millor música composta, Millor fotografía e Millor actriz (Maribel Verdú).
Babylon continúa a rodaxe
[20:43 17/03/2007] O filme de aventuras de ciéncia-ficción de Vin Diesel Babylon A.D. ven de continuar a súa rodaxe na República Checa após dunha interrupción de dúas semanas por mor dos problemas xurdidos. Mathieu Kassovitz é o director deste filme que conta cun orzamento de 60 millóns de dólares.
O produtor Ilan Goldman dixo que as dificultades xurdidas eran tutinárias en calquera produción deste orzamento, e citou problemas coma o mal tempo ou os decorados.
Após dunha pouco frutífera misión de recoñecemento en Islándia, a equipa ainda prrecisa atopar unha localización con neve para rodar escenas durante seis ou oito días.
Kassovitz, Diesel e mais as coprotagonistas Michelle Yeoh e a francesa Melanie Thierry foron citadas para o día 16 na cidade checa de Ostrava, onde pasarán toda unha semana rodando escenas deste thriller futurista baseado nunha novela de Maurice Dantec.
Na película, Diesel interpreta a un mercenário contratado para escoltar a unha rapaza (Thierry) que foi modificada xenéticamente para conter un virus que podería destruir á raza humana. Yeoh fai dunha monxa que acompaña á rapaza.
Blanchett en Indy 4
[20:43 17/03/2007] Cate Blanchett ven de ser contratada para protagonizar a cuarta entrega das aventuras de Indiana Jones, segundo nos confirman os nosos reporteiros en Hollywood.
Harrison Ford xa estaba fichado para o proxecto, que será producido pola Lucasfilm e dirixido por Steven Spielberg.
Co guión de David Koepp baixo estrito segredo, non está claro que persoaxe podería interpretar Blanchett, pero fontes ben informadas nos aseguran que a gañadora dun Oscar fará un papel protagonista.
A rodaxe comezará en xuño en Los Angeles e en várias localizacións ainda non reveladas en todo o mundo. A Paramount Pictures ten prevista a estrea mundial da película para o 22 de 2008.
Frank Marshall é o produtor e George Lucas e mais Kathleen Kennedy os produtores executivos.
70 anos sen HPL
[20:43 17/03/2007] Onte, 15 de marzo de 2007, cumpríron-se 70 anos dende o pasamento de H.P. Lovecraft, o mestre dun xénero literário bautizado coma "horror cósmico" e que todos os afeccionados coñecemos grazas aos Mitos de Cthulhu. Non imos repetir aquí a vida e obra dun autor que sen dúbida xa todos coñecedes (e se non, non estariades a ler esta columna semanal), pero é obrigado relembrar que Lovecraft influiu decisivamente a centos de autores posteriores, dende Tolkien até Stephen King. As súas obras foron adaptadas ao cinema, a televisión, o cómic, os videoxogos, os xogos de rol, e mesmo á música.
Pero o que cómpre relembrar é que a partir de onte todas as obras do xenial Lovecraft son de domínio público na Unión Europea e os Estados Unidos, xa sen lugar a dúbidas (o certo é que xa o eran "de facto" pois Lovecraft morreu sen deixar ningún herdeiro). En galego algunhas das súas obras xa foran traducidas, pero coma é óbvio, recomendamos a súa leitura gratuita nas páxinas de NOVA FANTASIA.
Tentado polo demo de Milton
[20:42 17/03/2007] O último dos James Bond, o actor inglés Daniel Craig, estuda unha oferta para interpretar ao demo nunha adaptación de Hollywood do poema épico Paraíso perdido, de John Milton (1608-1674). A fita, que narrará a rebelión celestial instigada por Lucifer, estará dirixida por Scott Derrickson, quen xa rodou O exorcismo de Emily Rose.
Se finalmente cae na tentación e interpreta a Satán, Craig, de 39 anos, podería contar como compañeira de reparto con Nicole Kidman. Pero se rexeita a oferta, outro nome co que se especula é o de Heath Ledger, nominado o ano pasado ao Oscar ao Millor Actor por Brokeback Mountain.
Publicada en 1667, Paraíso perdido é unha obra clásica da poesía universal do século XVII e aborda en 12 volumes a creación do mundo, a orixe do pecado, a morte e o mal.
O guionista do filme, Stuart Hazeldine, prometeu manter ún dos versos máis citados do poema de Milton: "Millor reinar no inferno que servir no ceo".
A hora fría en Bruxelas
[20:42 17/03/2007] O filme español de ciéncia-ficción A Hora Fria ven de ser seleccionado para a sección oficial do Festival Internacional de Cinema Fantástico de Bruxelas.
O filme xa conta cun novo trailer, que podedes atopar neste enderezo.
A Hora Fria, tamén seleccionada para competir en Sitges 2006 e Fantasporto 2007, onde foi nominada ao p´remio Méliès D'Argent, foi presentada no mercado cinematográfico europeo o pasado febreiro e xa foi vendida en seis países en dúas semanas.
O seu argumento narra a história de oito persoas ailladas nunhas instalacións en ruinas, que non poden abandoar e nas que viven en constante estado de vixianza. Pero cando a comida e mais a bebida coemzan a escasear e precisan máis menciñas e munición, deberán deixar atrás o área de seguranza establecida. O que poderán atopar máis aló é unha ameaza da que é millor non falar.
300 dá un golpe de man
[20:42 17/03/2007] Había unha manchea de expectativas construidas ao redor de 300 dende que as primeiras escenas se fixeron públicas na Comic Con en San Diego o ano pasado. Por mor destas esprabnzas, os xefes dos estudos coidaban que sería posíbel acadar entre 30 e 40 millóns de dólares de recadación nos primeiros tres días.
As cousas puxéron-se feas cando mália a súa curta duración (só 91 minutos) e que os seus efectos especiais son o millor que ten, as expectativas de acadar unha boa recadación ficaron conxeladas por mor da calificación de "para maiores de 18 anos", a auséncia de grandes estrelas entre os protagonistas, e que por riba o seu argumento (sobre a história antiga) nunca atraiu ás masas ao cinema nos Estados Unidos.
Pero todo iso mudou após dos tres primeiros días de exhibición: a recadación dobrou ao que se agardaba (70 millóns de dólares). Esa cantidade é a millor do que vai de ano, e o récord de marzo por diante de Ice Age 2 (2006). Ademáis, é a terceira película con calificación "R" (para maiores de 18 anos) máis billeteira da história, só por atrás de Matrix Reloaded e A paixón de Cristo.
Os críticos non deron opinións demasiado positivas do filme, pero os espectadores semellan impresionados pola história da loita entre persas e gregos na batalla das Termópilas no ano 480 antes da nosa era.
Pero quen non están nada contentos co filme de Zack Snyder son os iraníes, os descendentes dos persas retratados neste filme, porque segundo din, mostran aos seus devanceiros coma salvaxes sedentos de sangue.
A prensa iraniana, o governo e os blogueiros axuntáron-se para denunciar o que din que é "un novo exemplo de guerra sicolóxica" dos americanos contra o réxime dos aiatolas de Teherán por mor da súa intención de construir centrais atómicas.
O filme, baseado na novela gráfica de Frank Miller, tivo un grande impacto nos Estados Unidos e en moitos outros países, especialmente Grécia. Lóxicamente é imposíbel que sexa exhibido na dictadura islámica, pero si que é moi probábel que entre no país, coma o resto do cinema americano, grazas aos DVDs de contrabando e á piratería.
Máis Futurama no futuro
[20:42 17/03/2007] O creador dos Simpsons, Matt Groening, confirmou nunha recente entrevista que a Fox producirá catro filmes de Futurama directamente para o mercado de aluguer de DVD. O primeiro, Futurama: Bender's Big Score, aparecerá en decembro. Os filmes serán posteriormente reconvertidos en 16 episódios para a série de televisión a partir de 2008.
"Imos facer catro películas en DVD, de ao redor de 90 minutos candansúa, logo imos reconfiguralas e aparecerán na canle Comedy Central", dixo Groening. "O xeito maleducado de dicilo é que imos tronzalas, e o xeito educado é que imos reconfiguralas para lles engadir narrativa e máis cousas. Imos meter algúns extras divertidos nos DVDs. Vai haber un "Todo o mundo quere ao Hipno-Sapo", unha película enteira. Os DVDs serán poelículas autoconclusivas, pero os episódios tamén, ou iso esperamos. Ese é o obxectivo".
Gyllenhaal será o Capitán Marvel?
[20:42 17/03/2007]Vários xornais americanos se fixeron eco do runmor segundo o cal Jake Gyllenhaal é o máximo candidato para interpretar ao Capitán Marvel na vindeira película da New Line Cinema Shazam!, baseada na série da DC Comics.
Os xornalistas, citando fontes anónimas, informaron de que o filme é a aposta da New Line para ter unha franquía que poida asemellar-se ás de Batman e Superman. Seica estarían dispostos a gastar até 200 millóns de dólares para escomezar.
Ademáis, seica o director Peter Segal e mais os seus sócios de produción queren atrapar a Gyllenhaal antes de que o director de Spiderman, Sam Raimi, o faga antes. Con Spiderman 3 preparado para se estrear o vindeiro 4 de maio, o protagonista Tobey Maguire xa dixo que non vai seguir interpretando ao trepamuros e alguén terá que o sustituir.
[22:07 24/02/2007] Marcia Gay Harden e Toby Jones uníron-se ao reparto de The Mist, o filme de Frank Darabont baseado na novela de Stephen King A produción comezou xa baixo o orzamento da Dimension Films. Thomas Jane, Andre Braugher e Amin Joseph xa foran anteriormente contratados para participar neste filme. Darabont, director de King tales, Cadea perpétua e A milla verde escribiu o guión.
[22:07 24/02/2007] A Warner Brothers ven de se facer cos dereitos para o cinema da novela fantástica para nenos de Brian Selznick The Invention of Hugo Cabret, todo elo co ollo posto en lla ofrecer a Martin Scorsese para que a dirixa. A novela vai sobre un nenos orfo de 12 anos que vive baixo os muros da estación de tren en París nos anos 30 e debe resolver un mistério no que están implicados el mesmo, o seu defunto pai e mais un robot.
[22:07 24/02/2007] Grindhouse, a película dobre de Quentin Tarantino e Robert Rodriguez da que xa vcos falamos en NOVA fantasia hai uns meses, podería ser distribuida en dúas partes nalgunhas partes do mundo, onde o concepto de "película dobre" é extraño ou descoñecido. O filme é unha espécie de homenaxe aos filmes dobres ou triplos dos anos 50 e 60, populares nos Estados Unidos pero raros noutros países, coma Galiza, onde poderíamos ter que pagar dúas veces para ver as dúas metades: Planet Terror (o de Rodriguez) e Grindhouse: Death Proof (o de Tarantino).
[22:07 24/02/2007] Danny Huston, quen interpreta ao malvado vampiro Marlow no vindeiro filme 30 Days of Night film, revelou á prensa que comezou a vivir a vida do vampiro cando rodaba en Nova Celanda o ano pasado: "Rodamos de noite e iso foi perfecto; cando interpretas a un vampiro, é perfecto". En In 30 Days of Night, baseada na novela gráfica homónima de Steve Niles, Huston é un membro dunha banda de vampiros que descende á vila de Barrow (Alaska) ao comezo do inverno, cando o sol non se volverá ver até dentro de moitas semanas.
[22:07 24/02/2007] Aaron Eckhart (Paycheck) está en negociacións finais para interpretar a Harvey Dent/Dúas Caras en The Dark Knight, a secuela da Warner Brothers Pictures do filme Batman Begins. Dent é o fiscal do districto de Gotham City e aliado de Batman, pero cando a súa fase resulta desfigurada por ácido, convírte-se nun criminal coñecido coma Duas Caras.
[22:07 24/02/2007] Os creadores de Ghost Rider revelaron que ao comezo idearan unha versión moito máis radical do filme, destiñada a un público adulto, pero finalmente eliminaron as escenas necesáriuas até acadar unha calificación de "para maiores de 13 anos", porque o protagonista e produtor Nicolas Cage quería que os nenos tamén poideran ver a película.
[22:06 24/02/2007] Rachel Nichols (Alias) foi contratada para o episódio piloto da nova série de ciéncia-ficción da Fox Them. Esta série vai sobre unha célula durminte de terroristas extra-terrestres. Nichols interpretará a unha americana que traballa para o Jet Propulsion Laboratory en Pasadena, Califórnia.
[22:06 24/02/2007] Na que será a súa primeira incursión en tarefas como director do episódio piloto dunha série de televisión, Kevin Smith ven de asinar para facer Reaper, un drama con tema sobrenatural do produtor executivo Mark Gordon (o de Anatomía de Grey). Smith comezará a rodar o mes que ven este episódio, sobre un asasino de 21 anos que se convirte no cazarrecompensas de Satán, encargado de recuperar as almas que escaparon do inferno.
[22:06 24/02/2007] Robert Shaye, fundador e co-presidente da New Line Cinema, revelou á prensa que lamenta ter perdido ao director de O Señor dos Aneis Peter Jackson coma amigo, pero non lamenta as súas explosivas declaracións contra del do pasado mes. Un voceiro de Jackson declinou facer comentários.
Desvelados novos detalles da trama do derradeiro Harry Potter
[23:56 30/03/2007] Un fastuoso tesouro de moedas de ouro, ánforas de prata e pedras preciosas sobre o que parecen abalanzarse Harry, Ron e Hermione é a imaxe elixida para a portada de Harry Potter and the deathly Hallows. O agardado séptimo e derradeiro libro dunha das sagas con máis éxito da história da literatura xa ten capa e unha contracapa que desvela algo máis do que agarda aos seguidores de Harry nesta derradeira aventura do neno meigo.
Bloomsbury, a editorial inglesa encargada da publicación dos libros de J.K. Rowling no noso país veciño, desvelou os deseños de capa para as dúas edicións inglesas (infantil e adultos) de Harry Potter and the deathly hallows.
Coma é habitual nas capas dos anteriores títulos de Harry Potter publicados por Bloomsbury, a edición infantil, moito máis vistosa, corre a cargo dun ilustrador, Jason Cockcroft, autor das dúas capas dos tomos cinco e seis da saga.
Para a edición adulta é unha imaxe do fotógrafo Michael Wildsmith a que ocupa a capa, que amosa un grande amuleto dourado que pende dunha cadea cun grande "S" gravado e coallado de pedras azuis.
Pola sua banda a editorial Scholastic desvelou igualmente a ilustración de capa para a edición americana do esperado tomo, cun Harry co brazo alzado e unha ameazante figura encarapuchada á sua esquerda que lembra a un dos temibles mortífagos gardiáns de Azkaban.
O máis revelador encóntra-se na contracapa, que algo adianta a aqueles que non poidan agardar a saber que será do meigo no seu séptimo e derradeiro ano en Hogwarts: "A Harry se lle cargou cunha tarefa escura, perigosa e aparentemente imposíbel: a de localizar e destruir os restantes Horrocruxes de Voldemort. Harry nunca se sentiu máis só, ou enfrontou-se cun futuro tan enchido de sombras. Pero Harry debe atopar dalgún xeito dentro de sí mesmo a forza para completar a tarefa que se lle encomendou. Deberá abandoar o calor, a seguridade e a compañía do fogar dos Weasley e seguir sen medo e sen vacilar a inexorábel senda que se lle trazou", continúa o texto.
Pouco máis desvela a contracapa do que sen dúbida algunha se converteu xa nun dos acontecementos literários do ano e que se concretará nunha data: este 21 de xullo.
Hermione seguirá acompañando a Harry Potter
[19:27 25/03/2007] Emma Watson, a actriz que interpreta a Hermione, decidiu continuar traballando nas edicións finais da série Harry Potter. Os rumores de abandono medraran após de se saber que era acosada por un fan "demasiado afectuoso". A información procede da produtora Warner Bros.
Todo seguirá igual polo de agora: Rupert Grint será o amigo, Watson, a amiga e Daniel Radcliffe asinou para a sexta e a séptima partes da série de películas.
"Nunca podería deixar ir a Hermione, ela é a miña heroína" asegura Watson nun comunicado feito público polos estudos Warner Bros. "Quéroa demasiado", engade.
Noticias recentes especulaban coa posibilidade de que a actriz de 16 anos non continuase no papel. A sua auséncia podería decepcionar a millóns de fans en todo o mundo que seguen as tramas de J.K. Rowling.
O trío que forman os tres personaxes principais comezou en 2001 con Harry Potter e a pedra filosofal que acadou unos 800 millóns de euros na billeteira.
As tres películas restantes ingresaron uns 2.000 millóns de euros en todo o mundo. A quinta película, Harry Potter e a Orde do Fénix, verá a luz o 13 de xullo nos Estados Unidos.
Os rumores sobre os actores son constantes, ainda que as suas carreiras van vento en popa. Radcliffe (17 anos) e Grint (18) xa fixeron papeis adultos na pantalla e nos escenários.
Radcliffe está actualmente conseguindo boas críticas nun teatro londinense coa obra Equus na que aparece nú. Pola súa banda, Grint "perdeu a virxinidade" nunha comédia titulada Leccións de conducir.
Destrozan as xanelas do Expreso de Hogwarts
[14:55 24/03/2007] O Expreso de Hogwarts, o tren que leva a Harry Potter e a outros aprendices de meigos á escola de máxia e feiticería na saga de películas baseadas nos libros de J.K. Rowling, foi o obxecto dos ataques dun grupo de vándalos adolescentes.
A máquina, que estaba gardada nun almacén de Carnforth, Inglaterra, é famosa por arrincar da plataforma 9 e 3/4 da estación londinense de King's Cross. Após do ataque con martelos máis de 230 das suas xanelas ficaron destrozadas.
O coche voador de Harry Potter desapareceu en outubro de 2006 de xeito misterioso dos estudos de rodaxe, ainda que se materializou de novo no mesmo lugar pouco despóis.
Daquela tratou-se do vello Ford azul que os mozos aprendices de meigo Harry Potter e Ron Weasley conduciron polo aire nunha das películas da exitosa saga.
Emma Watson está no aire
[14:54 24/03/2007] Seica Emma Watson, a actriz que dá vida a Hermione Granger nos filmes de Harry Potter, decidiu non asinar para as dúas entregas finais da saga, segundo informou estes días a prensa inglesa. O xornal "News of the World" di que Watson comentou aos produtores que o que ela quere é probar noutros papeis, así que rexeitou a oferta de dous millóns de libras (2.900.000 euros) por cada unha das dúas películas que restan da saga.
Por outra banda, o devandito xornal dá pulo a unha suposta declaración do actor Rupert Grint (Ron Weasley nos filmes de Harry Potter), quen seica comentou que "ela [Emma Watson] está cansa de que a coñezan coma "esa rapaza de Harry Potter". Daniel [Radcliffe] e mais eu estamos afastados dela agora mesmo. Non nos escribimos nin falamos con ela cando non estamos rodando".
Nombergantes, ainda que a Warner Bros confirmou que Watson ainda non asinou, non todo está perdido. A máis ca dubidosa fama dos xornais ingleses está ben gañada, polo que hai que coller a nova con luvas. De feito, un artigo na CBBC Newsround informa que segundo un voceiro da Warner Bros., os estudos están "estremadamente confiados en que Emma volverá para os filmes seis e sete".
Ademáis, mentres facía entrevistas para presentar a quinta película da série, Harry Potter e a orde do Fénix, Watson xa dixera que estaba segura de que rodaría as sete partes.
Agárda-se que Watson asine axiña o seu novo contrato; os seus coprotagonistas, Daniel Radcliffe e Rupert Grint xa asinaron para regresar nos dous filmes que restan. A sexta película, baseada no libro de J.K. Rowling Harry Potter e o Príncipe Mestizo, comezará a se rodar a finais deste ano. Harry Potter e a orde do Fénix estréa-se o 13 de xullo.
Potter VII coa moda do ecoloxismo
[14:54 24/03/2007] O séptimo e derradeiro libro da saga de Harry Potter publicará-se de acordo con normas medioambientais moi estritos, segundo ven de anunciar a editorial Scholastic Inc. o pasado 20 de marzo. Harry Potter and the Deathly Hallows, que aparecerá o 21 de xullo, publicará-se cun acordo coa Rainforest Alliance, unha organización conservacionista que adoita traballar coa comunidade financeira.
Todas e cada unha das 12 millóns de cópias da primeira edición americana do libro aparecerán publicadas en papel reciclado ao 30%, e o 65% das 16.700 toneladas de papel usado nesa primeira edición estarán certificadas polo Forest Stewardship Council, un organismo internacional responsábel do coidado dos bosques.
A edición de luxo do libro (100.000 cópias) estará impresa en papel reciclado ao 10%, certificado polo mesmo organisnmo protector dos bosques. As capas dos libros estarán recicladas ao 30% e levarán un selo que acreditaque foron fabricadas usando enerxía eólica. Para as seguintes edicións de todos os libros de Harry Potter, a Scholastic planea usar papel reciclado ao 30% e certificado pola FSC... sempre que lle sexa posíbel.
Nova película para Michael Bay
[14:54 24/03/2007] O director de The Transformers volverá a traballar co duo guionista-productor formado por Alex Kurtzman e Roberto Orci para a película de ciéncia-ficción 2012, baseada no libro do mesmo nome de Whitley Strieber.
A história contará como un investigador académico abre un portal a un mundo paralelo e fai contacto co seu dobre para deter un apocalipse previsto polos antigos maias. Strieber é un escritor considerado de ciéncia-ficción e fantasía, pero el mesmo xa comentou en multitude de ocasións que todo o que escribe e´certo ou baseado en feitos reais.
Kurtzman e Orci, responsábeis de Transformers, producirán. Tamén son os responsábeis da próxima película da saga de Star Trek.
Finou o director de Amityville
[14:54 24/03/2007] Stuart Rosenberg, un prolífico director de séries de televisión e cinema que dirixiu a película orixinal da saga de terror Amityville, finou aos 79 anos. Rosenberg, cuxo primeiro filme foi, en 1967, Cool Hand Luke, finou por mor dun ataque ao corazón o pasado 15 de marzo na súa casa de Beverly Hills, Califórnia, segundo anunciou á prensa o seu fillo Benjamin.
O filme de 1979 O terror de Amityville foi probábelmente o máis exitoso financeiramente da súa carreira e serviu de inspiración para sete secuelas posteriores até hoxe.
Rosenberg tamén tivo participción en máis de 300 programas de televisión, entre os que se inclúen séries coma Alfred Hitchcock Presenta e Dimensión descoñecida [The Twilight Zone] e gañou un Emmy en 1963 por un episódio de Os Defensores.
A Rosenberg sobreviviulle a súa esposa Margot, e mais o seu fillo Benjamin, un axudante de dirección que traballou con seu pai nos seus derradeiros filmes.
Angeline Jolie, a asasina
[14:54 24/03/2007] A Universal Pictures quere que Angelina Jolie protagonice xunto a James McAvoy e Morgan Freeman o filme Wanted, unha película de acción baseada nunha novela gráfica que Timur Bekmambetov dirixirá. Este proxecto comezaría a se rodar en Europa do Leste en maio e sería o vindeiro de Jolie.
McAvoy interpretará a un mozo que descubre que seu pai é un asasino, pero pouco despois descubre que o seu pai foi asasinado tamén. Após diso, adicará a súa xuventude a seguir os pasos de seu pai. Jolie interpretaría a unha asasina que aprende ao rapaz na súa "profesión".
O guión é de Michael Brandt e Derek Haas, pero Jolie tomou o seu papel após de que Dean Georgaris (Lara Croft Tomb Raider: O cerne da vida) reescribise o libreto para adaptar o persoaxe á estrela.
[22:48 03/03/2007] Sir Michael Gambon, ún dos protagonistas da saga cinematográfica de Harry Potter, vai-se converter en pai aos seus 66 anos. O actor irlandés, que sustituiu ao defunto Richard Harris no papel do meigo Albus Dumbledore, leva saindo con Philippa Hart, de 41 anos, dende hai seis, e a parella espera o seu primeiro fillo conxunto para maio. Gambon xa tiña un fillo, Fergus, dun matrimónio anterior con Anne Miller. Este matrimónio rematou en 2002, pero ainda non tramitaron o seu divórcio (en Irlanda é moi difícil divorciarse).
[22:48 03/03/2007] A vila canadiana de Toronto foi escollida para ser o escenário da rodaxe da vindeira produción da Marvel Studios, The Incredible Hulk 2. A secuela do filme de 2003 Hulk será dirixida por Louis Leterrier. A rodaxe durará uns catro meses, pero o reparto ainda non foi anunciado.
[22:07 24/02/2007] Corre o rumor pola rede de que Shia LaBeouf (Transformers) está a pasar un cásting por ver se é contratado coma o fillo adulto de Indiana Jones na vindeira cuarta entrega da famosa saga de aventuras. As fontes ás que poidemos acceder confirman que o rumor é "fiábel". David Koepp esbozou o guión para Indy IV, cuxo argumento está a ser case un segredo de Estado. Steven Spielberg podería comezar a rodaxe a finais deste ano para que a estrea se poda producir en 2008.
Adéus a Marshall Rogers
[23:57 30/03/2007] Marshall Rogers, o debuxante recoñecido mundialmente polo seu traballo na DC Comics con Batman e na Marvel Comics con Silver Surfer, finou o pasado 25 de marzo aos 57 anos de idade. A causa da morte non foi revelada aos médios de comunicación.
Alumno da Kent State University en Ohio, onde estudou Arquitectura, nacera en Flushing, New York, e traballara en moitos persoaxes, pero é coñecido sobre todo pola súa obra en Detective Comics, onde debuxou a Batman na década dos 70, traballando co guionista Steve Englehart e co entintador Terry Austin. A súa visión de Batman é considerada por moitos coma a definitiva do persoaxe, cando o fixo regresar ás súas raíces escuras e sinistras das que naceu da man do seu creador Bob Kane.
Ainda que o seu Batman só durou seis números, o trío foi o que puxo os alicerces do futuro Batman. Os seus guións inclúen clásicos coma Laughing Fish (no que a face do Joker aparece nun peixe); e foron adaptadas para a série de debuxos animados de Batman na televisión nos anos 90. Moitas partes do seu traballo foran utilizadas no filme de 1989 Batman que protagonizou Michael Keaton.
Rogers tamén dibuxou na Marvel ao Dr. Strange e mais a G.I. Joe nos anos 80. Traballou con Englehart en Coyote, o cómic de Englehart, así coma no persoaxe da Marvel Silver Surfer. En 2005, axuntou-se unha vez mais con Englehart e Austin para repetir o seu traballo con Batman na série Batman: Dark Detective.
Nunha rolda de prensa, o presidente e editor da Dc Paul Levitz dixo: "Marshall foi ún dos xoves estilistas radicais que trouxo novas fasquías á DC nos anos 70, especialmente coa súa memorábel colaboración con Steve Englehart en Batman. O seu sedutor sorriso e o seu encanto eran tan adorábeis coma enerxético era o seu arte, e os seus colegas na DC están todos abraiados pola morte prematura deste grande artista".
Candidatos aos Hugo
[23:57 30/03/2007] Xa se coñecen os candidatos aos prémios Hugo deste ano que se entregarán na WorldCon que terá lugar en Xapón. A lista completa vai de seguido:
Novela
- Michael F. Flynn, Eifelheim
- Naomi Novik, His Majesty’s Dragon
- Charles Stross, Glasshouse
- Vernor Vinge, Rainbows End
- Peter Watts, Blindsight
Novela Curta
- The Walls of the Universe de Paul Melko
- A Billion Eyes de Robert Reed
- Inclination de William Shunn
- Lord Weary’s Empire de Michael Swanwick
- Julian: A Christmas Story de Robert Charles Wilson
Relato Longo
- Yellow Card Man de Paolo Bacigalupi
- Dawn, and Sunset, and the Colours of the Earth de Michael F. Flynn
- The Djinn’s Wife de Ian McDonald
- All the Things You Are de Mike Resnick
- Pol Pot’s Beautiful Daughter de Geoff Ryman
Relato Curto
- How to Talk to Girls at Parties de Neil Gaiman
- Kin de Bruce McAllister
- Impossible Dreams de Timothy Pratt
- Eight Episodes de Robert Reed
- The House Beyond Your Sky de Benjamin Rosenbaum
Libro de Ensáio
- Samuel R. Delany, About Writing: Seven Essays, Four Letters, and Five Interviews
- Joseph T. Major, Heinlein’s Children: The Juveniles
- Julie Phillips, James Tiptree, Jr.: The Double Life of Alice Sheldon
- John Picacio, Cover Story: The Art of John Picacio
- Mike Resnick e Joe Siclari, Worldcon Guest of Honor Speeches
Representación dramática, longa duración
- Fillos dos Homes (Universal Pictures)
- Piratas do Caribe: O cofre do home morto (Disney)
- The Prestige (Warner Brothers / Touchstone Pictures)
- A Scanner Darkly (Warner Independent Pictures)
- V for Vendetta (Warner Brothers)
Representación dramática, curta duración
- Battlestar Galactica, Downloaded
- Doctor Who, Army of Ghosts e Doomsday
- Doctor Who, Girl in the Fireplace
- Doctor Who, School Reunion
- Stargate SG-1, 200
Editor relatos
- Gardner Dozois
- David G. Hartwell
- Stanley Schmidt
- Gordon Van Gelder
- Sheila Williams
Editor, novela
- Lou Anders
- James Patrick Baen
- Ginjer Buchanan
- David G. Hartwell
- Patrick Nielsen Hayden
Ilustrador profesional
- Bob Eggleton
- Donato Giancola
- Stephan Martiniere
- John Jude Palencar
- John Picacio
Semiprozine
- Ansible, editado por Dave Langford
- Interzone, editado por Andy Cox
- Lady Churchill’s Rosebud Wristlet, editado por Gavin J. Grant
- Locus, editado por Charles N. Brown, Kirsten Gong-Wong, e Liza Groen Trombi
- The New York Review of Science Fiction, editado por Kathryn Cramer e Kevin J. Maroney
Fanzine
- Banana Wings ed. por Claire Brialey e Mark Plummer
- Challenger ed. Guy Lillian III
- The Drink Tank ed. Christopher J. Garcia
- Plokta ed. Alison Scott, Steve Davies e Mike Scott
- Science-Fiction Five-Yearly ed. Lee Hoffman, Geri Sullivan e Randy Byers
Escritor afeccionado
- Chris Garcia
- John Hertz
- Dave Langford
- John Scalzi
- Steven H. Silver
Ilustrador afeccionado
- Brad W. Foster
- Teddy Harvia
- Sue Mason
- Steve Stiles
- Frank Wu
Prémio John W. Campbell Award ao millor escritor novel (non é un Hugo)
- Scott Lynch
- Sarah Monette
- Naomi Novik
- Brandon Sanderson
- Lawrence M. Schoen
O Neng será Mortadelo
[23:56 30/03/2007] Eduard Soto, o Neng do programa Buenafuente, será Mortadelo na nova película sobre os famosos persoaxes do cómic creados por Francisco Ibáñez. Soto será o encargado de dar vida a Mortadelo, o axente da TIA e mestre do disfraz, xunto ao seu inseparábel compañeiro de calamidades, Filemón, que volverá a contar co rosto de Pepe Viyuela.
A nova produción, dirixida por Miguel Bardem, terá un orzamento de dez millóns de euros. Con guión de Juan Vicente Pozuelo, Carlos Martín e o mesmo Miguel Bardem, a fita relata unha nova aventura na que os dous axentes intentarán salvar ao mundo que se atopa ao borde dunha sequía perpétua. Esta vez, o malvado Botijola ameaza con poñer en marcha a sua máquina desecadora que traerá unha sede infinita á Terra. Deste xeito, poderá facerse rico coa Botijola, a única bebida que existirá para calmar a sede.
O Súper encarga a Mortadelo e Filemón viaxar a través do tempo para atopar a máquina e parar os plans do falcatruán. A película, que escomezará a se rodar o 23 de abril en Madrid e Guadalajara, contará cos últimos adiantos da tecnoloxía digital para conseguir recrear na pantalla o particular universo dos dous heroes do tebeo.
Eduard Soto e Pepe Viyuela están acompañados por Mariano Venancio - o Súper -, a galega Berta Ojea - Ofelia -, Carlos Santos e Álex O'Dogherty (o chófer Arturo en Camera Café), entre outros.
Con Mortadelo, Soto debuta no cinema. Descuberto por Buenafuente cando o showman catalán realizaba en TV-3 Una altra cosa, é ún dos rostos máis populares da pequena pantalla grazas ao programa de Antena 3.
Miguel Bardem enfronta-se a un grande reto con esta película porque a primeira entrega, A grande aventura de Mortadelo e Filemón, asinada por Guillermo Fesser, foi o traballo cinematográfico máis billeteiro do mercado español de 2003. A primeira vez que os fillos predilectos do debuxante Franciso Ibáñez convertiron-se en axentes cinematográficos de carne e óso, Benito Pocino foi o encargado de dar vida a Mortadelo.
Winstone, outra face nova en Indy 4
[23:58 30/03/2007] O actor inglés Ray Winstone uniu-se ao reparto da cuarta entrega da saga de Indiana Jones.
Winstone, que será o protagonista da vindeira película de Robert Zemeckis, Beowulf, asinou para un papel importante pero ainda sen desvelar nesta película.
Ainda que o argumento do filme está baixo sete chaves, as nosas fontes confirman que Winstone podería representar ao inimigo de Harrison Ford na película.
Cate Blanchett xa embarcou no proxecto, que será producido pola Lucasfilm e dirixido por Steven Spielberg, nun papel que tampouco foi desvelado.
David Koepp escribiu o guión para Indiana Jones 4, que ten previsto escomezar a súa rodaxe en xuño en Los Angeles e nunha série de localziacións ao redor do mundo que se manteñen en segredo.
A Paramount Pictures estreará o filme o vindeiro 22 de maio de 2008. Frank Marshall producirá, xunto a George Lucas e Kathleen Kennedy será a produtora executiva.
Expediente X-2 cada vez mais preto
[23:57 30/03/2007] O ex-protagonista de Expediente X David Duchovny desvelou nunha entrevista que a longamente agardada segunda parte do filme podería comezar a ser unha realidade esta mesma semana.
Duchovny dixo que estaba en conversas moi avanzadas para participar neste filme e que esas conversas deberían rematar esta semana. Os plans son escomezar a rodaxe en 2008 ou mesmo antes.
Duchovny, que interpretaba ao axente do FBI Fox Mulder na sériede televisión da Fox TV, e mais a súa coprotagonista Gillian Anderson (a axente Dana Scully), xa dixeran anteriormente que aceptarían repetir os papeis polos que acadaron a fama mundial noutra aventura para a pantalla grande.
México, contra o xogo Ghost Recon: AW2
[23:59 30/03/2007] Francisco Javier Barrio Terrazas, o governador do estado mexicano de Chihuahua, ven de prohibir a venda do videoxogo Ghost Recon: Advanced Warfighter 2, que mostra a unha unidade de combate de elite loitando contra uns rebeldes mexicanos no ano 2014.
Na trama do xogo os rapaces malos viven en Juárez, no estado de Chihuahua, e Terrazas afirma que no xogo aparecen coma uns persoaxes sanguentos e violentos. Segundo a trama, baseada nunha novela do suposto escritor Tom Clancy, os malos da película teñen o control dun arma nuclear coa que están amenazando ao governo.
Terrazas dixo que o xogo é un insulto para a xente do estado de Chihuahua, polo que as autoridades están a recolleitaren información sobre os lugares nos que se está a vender, reproducir e distribuir o xogo, e están preparando unha campaña para quitar do mercado o título.
Snyder alísta-se no exército
[23:58 30/03/2007] Zack Snyder, o director do novo filme icona gai, 300, e mais a Warner Brothers van axuntar de novo as súas forzas para desenvolver o thriller de acción con zombies Army of the Dead, baseado nunha história orixinal do mesmo Snyder. El e mais a súa esposa Deborah Snyder serán os produtores a través da súa nova compañía, "Cruel & Unusual Films", unha filial da Warners.
Ainda é moi cedo para saber se Zack Snyder considerará dirixir el mesmo este filme. O seu vindeiro proxecto será Watchmen, baseado na clásica novela gráfica de Alan Moore e Dave Gibbons sobre un grupo de superheroes retirados que se axuntan de novo para salvbar ao mundo do desastre. A rodaxe ten previsto escomezar a finais de verán.
Snyder e a Warner puxeron os ollos en Joby Harold, quen escribiu o guión para a vindeira Awake da Weinstein Co., para que tamén se encargue do libreto de Army of the Deade. Wesley Coller será o produtor executivo.
Ambientado nunha Las Vegas baixo cuarentena nun futuro non moi distante, este filme vai sobre un pai que tenta salvar á súa filla dunha morte inminente nun mundo infestado por zombis. Snyder tivo xa o seu primeiro encontro cos zombis no remake do filme Dawn of the Dead para a Universal.
Snyder dixo aos médios de comunicación que quere que este filme teña un aire épico coma 300.
O Código da Vinci non é un pláxio
[23:58 30/03/2007] O escritor americano Dan Brown non cometeu pláxio ao escribir a sua famosa novela O código da vinci, segundo resolveu o día 27 o Tribunal de Apelación de Londres.
O tribunal desestimou así un recurso presentado por dous dos tres autores do libro The Holy Blood and the Holy Grail (1982), Michael Baigent e Richard Leigh, quen sostiñan que o autor fundamentara a sua novela nas suas "investigacións".
Ao perder o recurso, os dous autores deberán asumir agora o pago das custas deste xuizo, ao redor dunhas 600.000 libras (uns 900.000 euros), que se suman aos gastos do xuizo anterior que tamén perderon, até un total de case 3 millóns de libras.
Baigent e Leigh recurriron o pasado xaneiro unha sentenza do Tribunal Superior, emitida o 7 de abril de 2006, que exoneraba a Brown de pláxio na elaboración da sua novela O Código da Vinci.
Michael Baigent e Richard Leigh demandaran á Random House, editorial de O código da Vinci (2003) e casualmente, tamén do seu libro, ao considerar que Brown copiou as ideias da sua obra, publicada en 1982.
Os representantes legais de Baigent e Leigh argumentaron ao presentar o recurso que o xuiz Peter Smith do Tribunal Superior rexeitou a sua demanda porque malinterpretou a lexislación de dereitos de autor.
Os autores argüíron que a maior parte da trama da novela que encumiou ao americano baséa-se nas teses que eles defenden no seu libro, e que están protexidas polo copyright.
Ambas obras prantexan que Xesús Cristo sobreviviu á crucifixión e casou con María Magdalena, coa que tivo un fillo cuxa descéndencia continuou até a actualidade, protexida por unha orde secreta denominada Priorato de Sión.
Os avogados de Baigent e Leigh aseguraron que o xuiz Smith emitira un veredicto enganado porque centrou o caso en evaluar se o tema en sí de The Holy Blood and the Holy Grail podía protexer-se a través do copyright.
Pero segundo os letrados, non é o tema do seu libro senon o traballo de "investigación" e as hipóteses que contén o que está protexido, e a sua apropiación indebida por outro autor equivale a un pláxio.
O xuiz Smith aceptou como certo que a esposa de Brown, Blythe, extraíra moito material do libro dos dous demandantes na sua investigación para a novela de seu home.
Nombergantes, considerou que os "temas centrais" supostamente copiados "son demasiado xerais ou abstractos como para que poidan ser protexidos pola lei de dereitos de autor".
No xuizo do pasado abril, Baigent e Leigh foran condeados a pagar un 85 por cento dos gastos legais da Random House, ao redor de 1,3 millóns de libras, así coma os de seu.
Nesta ocasión, o xuiz dictou que deben aboar tamén as custas do proceso, dunhas 600.000 libras.
As engrenaxes da guerra
[23:58 30/03/2007] Os detractores das adaptacións cinematográficas de videoxogos han levar un novo disgusto. Após de adiar o pase de Halo á pantalla grande, é outro dos títulos para as consolas de Microsoft o que ocupou estas semanas os titulares da prensa especializada.
Os dereitos de Gears of War, o xa denominado "título máis popular para XBox 360" con máis de 3 millóns de cópias vendidas en todo o mundo, foron adquiridos pola New Line. Os produtores Marty Bowen e Wyck Godfrey (Eu, robot, 2004), conscentes do posíbel bombazo que teñen entre mans, anunciaron que Stuart Beattie, responsábel da triloxía Piratas do Caribe, a secuela en preprodución de The Punisher ou 30 días de noite, xa entregou un primeiro esbozo do guión.
Por outra banda o anúncio desta operación ven a desmentir as recentes informacións de que a Epic Games preparaba unha secuela do videoxogo, o que posibelmente veña a sinificar que a estrea do filme en 2009 veña acompañado de sorpresas.
Mergullados nunha guerra mundial polo control da fonte de enerxía coñecida coma inmulsión, os governos do planeta Sera deberán esquecer as súas diferéncias e combater contra os Locust, unha nova ameaza que xurde dende o interior da tierra. Os membros do escuadrón Delta, pertencentes á Coalición de Governos Ordeados (CGO), serán os principais protagonistas da história.
[13:33 11/03/2007] O novo 007, o actor Daniel Craig, pediu aos xefes dos estudos cinematográficos que para a seguinte película de James Bond procuren tapa-lo un pouco máis. A súa escena na praia con traxe de baño serviu para que gañara moitos fans entre as mulleres, pero o actor non quere que o recoñezan polos seus músculos senón polo seu talento.
[13:33 11/03/2007] O Capitán América foi asasinado en New York por un francotirador á saída dun xuizo no último número da série deste popular persoaxe dos cómics Marvel. Con este tremendo xiro aos argumentos dos cómics, a indústria pretende quitar-se de enriba a etapa na que todo era patriotismo pro-americano e asemade denunciar o medre do control do governo sobre os dereitos dos cidadáns nos Estados Unidos.
[13:33 11/03/2007] Shia LaBeouf está en conversas finais para interpretar ao fillo de Indiana Jones na cuarta entrega da saga que dirixirá Steven Spielberg a partir do mes de xuño. Nin a Paramount nin a Lucasfilm confirmaron esta nova. LaBeouf é o protagonista do filme de Michael Bay Transformers, baseado nos populares xoguetes dos anos 80.
[13:33 11/03/2007] O rumor que corre é que o protagonista da série Urxéncias Goran Visnjic podería interpretar ao malvado na vindeira entrega da saga de James Bond, o que será o 22º filme da série. O actor croata deixará a série que o fixo famoso no mundo a finais desta tempada e pretende facer unha incursión no cinema grazas a un persoaxe que xa tentou interpretar sen éxito hai uns anos.
[22:49 03/03/2007] A Dimension Films ven de pechar o trato para facer un remake do filme de terror de 1981 de David Cronenberg Scanners, co director de Saw II Darren Lynn Bousman encargándo-se da nova versión. O guionista de Blade e Batman Begins David Goyer escribirá o libreto. O argumento vai sobre un científico que se infiltra nunha misteriosa asociación de "escaneadores", xente con poderes telepáticos que os convirte en perigosas armas mortais.
[22:49 03/03/2007] O recente gañador do Oscar Alan Arkin xuntará-se co seu co-protagonista de Little Miss Sunshine, Steve Carell, na versión para a pantalla grande de Get Smart (a série dos anos 60 que en España se titulou El Super-Agente 86), con Peter Segal na dirección desta produción da Warner Brothers. Arkin interpretará ao xefe de CONTROL, a organización que loita contra as malignas forzas de KAOS. Carell será o axente secreto 86 e Anne Hathaway a axente 99. Dwayne "The Rock" Johnson e Terence Stamp tamén están a bordo neste proxecto.
[22:49 03/03/2007] O director nominado ao Oscar Lasse Hallstrom (Chocolate, As regras da casa da Sidra) será o encargado de facer a comédia romántica sobrenatural Sammy para a Columbia Pictures. Cun guión de Delia Ephron, a história vai sobre unha muller que pode sentir o que pensan os animais que atopa un home que ten as mesmas sensacións pero cos mortos.
[22:48 03/03/2007] Joshua Jackson (Dawson Crece) e mais Rachael Taylor protagonizarán o thriller psicolóxico Shutter, cuxa rodaxe escomezará o 12 deste mes en Tóquio. Tamén entran no reparto David Denman, James Kyson Lee e John Hensley. O filme é un remake doutro tailandés de 2004 e vai sobre unha parella que comeza a ver imaxes de pantasmas nas fotos que realizan. O xaponés Masayuki Ochiai dirixirá o filme.
Smallville camiña cara ao abismo
[14:23 05/04/2007] Steven DeKnight, o coprodutor executivo da série Smallville, dixo nunha recente entrevista que o embarazo de Lana Lang (Kristin Kreuk) será o principal eixo da série cando regresen os novos episódios da tempada o vindeiro 19 de abril nos Estados Unidos, e todo elo comezando con "Progeny", un episódio que contará con Lynda Carter (a antiga Wonder Woman) coma estrela convidada. Todo semella apuntar a que o triángulo que forman Lana Lang, Lex Luthor e Clark Kent vai chegar até un punto de non-retorno esta tempada.
Tamén terán o seu sítio na série Lois Lane (Erica Durance) e un novo inimigo clásico de Superman, ainda sen coñecer. DeKnight engadiu que para Lex Luthor (Michael Rosenbaum), haberá unha catástrofe que lle agarda após de anos de plans.
Todo semella conducir cara un "cliffhanger" (un remate con moito suspense) nesta sexta tempada: "Non van arder cidades, pero os persoaxes van estar en auténticos problemas", dixo DeKnight.
Jodie Foster nunha illa deserta
[14:23 05/04/2007] Jodie Foster e mais a protagonista de Little Miss Sunshine Abigail Breslin están por asinar para participar no reparto de Nim's Island, un filme fantástico da produtora Walden Media.
Nim's Island vai sobre unha rapaza que acompaña ao seu pai científico a unha illa deserta no sul do Pacífico. Cando se perde no mar, se comunica electrónicamente cunha persoa que ela imaxina que é un persoaxe dun libro, que que en realidade é unha escritora que vive aillada.
Joseph Kwon e Paula Mazur escribiron Nim's Island, baseada nun libro homónimo de Wendy Orr e Kerry Millard. Jennifer Flackett e Mark Levin serán os directores, con Cary Granat e Paula Mazur producing na produción. O filme comezará a se rodar este verán e xa conta coa distribución da 20th Century Fox.
Todo á poxa
[14:23 05/04/2007] O disfrace que deseñou H.R. Giger para representar ao maléfico extra-terrestre do filme Alien será posto á poxa mañá en Califórnia. Os responsábeis da sub-hasta confían en que supere os 100.000 dólares de prezo final.
O voceiro da casa de poxas Brian Chases comentou: "Esta vestimenta é unha obra de arte. O seu intrincado deseño biomecánico é famoso en todo o mundo. É tamén un importaqnte artefacto do xénero da CF, fantasía e terror, e unha rara oportunidade para obter unha peza orixinal de Giger".
Por outra banda, ún dos catro coches KITT utilizados na série de televisión O coche fantástico ofreceu-se aos compradores nunha poxa cun prezo inicial de 149.995 dólares. O coche, que é un Trans Am de 1982 modificado, foi restaurado e inclúe moitos botóns (ainda que ningún deles funciona de verdade), dúas pantallas no salpicadeiro e mais a súa famosa luz vermella no exterior. Mália todo, o coche non está condisiderado apto para conducilo pola rúa porque sofreu demasiadas modificacións.
Joe Hill: de tal pao...
[14:23 05/04/2007] O cineasta irlandés Neil Jordan adaptará e dirixirá o thriller sobrenatural Heart-Shaped Box, baseado na novela supervendas de Joe Hill, o fillo de Stephen King. Akiva Goldsman producirá este filme para a Warner Brothers.
O arrepiante argumento de Hill vai sobre unha vella estrela de rock rock que ten gustos algo macabros e que non pode rexeitar unha oferta de mercar un traxe en eBay que din que está enmeigado. Após de que chega o traxe, comeza a se decatar de que el quere que a pantasma marche, pero a pantasma quere matalo a el.
O libro de Hill, publicado este mesmo mes de febreiro, é a primeira novela do fillo do rei do terror Stephen King, quen coma o seu pai xa comeza a amosar unha afección polo sinistro. Nombergantes, Hill xa escribira unha escolma de relatos de terror publicados (e premiados) o ano pasado baixo o título de 20th Century Ghosts.
A Warner se fixo cos dereitos sobre a novela Heart-Shaped Box (o título fai referéncia a unha vella canzón do grupo Nirvana) hai un ano, moito antes de que Hill a rematase e cando tan só tiña escrito un breve argumento resumido.
"Galicia Rol" anóva-se
[14:23 05/04/2007] Ven de haber saborosas novidades en "Galicia Rol", un espazo Web onde os roleiros da nosa terra teñen o seu punuto de contacto. Segundo eles mesmos comentan no sítio, "Galicia Rol é unha iniciativa sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é crear un espazo na rede na que os roleiros e demáis fauna friki de Galiza teñamos un lugar de reunión e contacto. Por outra banda, pretendemo-vos manter ao día de todos os eventos, torneos, xornadas e quedadas que se organicen. Esperamos con ilusión que "Galicia Rol" se convirta nun referente para todos os amantes del ro, Warhammer, Magic, etc. para estar ao día da actualidade galega".
Após dunha longa pausa, "Galicia Rol" volve á Rede con novo deseño da súa páxina. En impecábel español, e sen unha soa concesión á nosa língua, o portal amosa un deseño moito máis traballado, no que a páxina e mais o fóro están separados, e ademáis todo elo nun domínio de seu, galiciarol.org.
No tocante ao contido, agora contan ademáis con torneos de Warhammer, drafts de Magic, ou calqueroutro evento de semellantes características roleiras, unha lista das tendas dispoñíbeis en Galiza e das asociacións de xogadores, ordenadas polas províncias administrativas. Para as asociacións, prometen regalar subdomínios Web aloxados no seu servidor.
Cuatro estreará Stargate SG 1
[23:59 30/03/2007] Cuatro emitirá, durante as vacacións de Semana Santa, Stargate SG1, unha produción que foi referente en todas as séries de ciéncia-ficción que se emitiron nos últimos tempos. A cadea ofrecerá a série a partir das 12 da mañán ao longo das vacacións. Posteriormente, emitirá-se as fins de semana.
Stargate SG-1 fixo o seu debut na televisión nos Estados Unidos en 1997. É unha creación de Jonathan Glassner e Brad Wright e está protagonizada por Richard Dean Anderson (coñecido na televisión polo seu papel protagonista en McGyver), Michael Shanks, Amanda Tapping, Christopher Judge e Don S. Davis, entre outros. Esta produción veu precedida polo éxito colleitado na billeteira pola película Stargate, Porta ás Estrelas (1994), creada por Dean Devlin e Roland Emmerich (Independence Day, Godzilla, O día de mañán).
Modine en Hulk 2?
[23:59 30/03/2007] Matthew Modine podería ter un papel na vindeira secuela do Incríbel Hulk, segundo o rumor que rebule pola Rede. Unha fonte anónima revelou que Modine participou recentemente nun casting nun restaurante do parque temático da Disney "California Adventure" e dixo que deste xeito voltaría a formar equipa co director de Transporter 2 Louis Leterrier.
Modine non mencionou o filme, pero deixou caer algunhas pistas cando lle preguntaron e respondeu que o seu seguinte filme será "grande e verde". Leterrier xa foiu confirmado como director desta secuela.
[20:45 17/03/2007] A protagonista de Spiderman 3 Kirsten Dunst revelou nunha rolda de prensa en Las Vegas que xa é hora de rachar con franquía e de lle dar un descanso cando se lle preguntou sobre a posibilidade de facer unha cuarta parte: "É que hai alguén que quere que a Sam Raimi lle dea un ataque ao corazón?".
[13:33 11/03/2007] Alex Kurtzman e Robert Orci, os guionistas que están a escribir o libreto para a vindeira 11ª película da saga de Star Trek, revelaron nunha entrevista na MTV que o filme vai-se titular simplemente Star Trek, que terá lugar a bordo dunha nave espacial e que a eles lles parece ben que Matt Damon interprete ao capitán James T. Kirk.
[13:33 11/03/2007] Os Barballocas, unha história de cinco personaxes fantásticos creados coa finalidade de animar e motivar aos nenos e famílias a utilizar a língua galega, foi censurada no Verbum de Vigo por mor das protestas e ameazas da estrema dereita española, á que non lle agradaba que o suposto "malo" da obra falase en castrapo. Os actores agora deberán reescribir o guión para que lles permitan continuar traballando.
[13:33 11/03/2007] Lena Headey, protagonista da vindeira série The Sarah Connor Chronicles, revelou que o programa comezará cunha loita entre ela, o seu fillo John Connor e dous novos Terminators: un modelo feminino e outro masculino. O episódio piloto comeza no deserto e remata coa súa aterraxe en Los Angeles, con eles vitoriosos após de vencer aos robots... ou non.
[13:33 11/03/2007] O director de O sexto sentidos, M. Night Shyamalan está a chegar a estremos pouco aconselllábeis para defender a súa finca ás afóras de Philadelphia, Pennsylvania, xa que pediu permiso ás autoridades para poder erguer un valado de dous metros e médio de alto ao redor da súa propiedade. O director, niminado a un Oscar na pasada edición dos Oscars, amolou moito aos veciños da localidade de Willistown Township con esta proposta, porque ainda que el di que a súa intención é evitar que os cervos entre no seu xardín e coman as flores, nos Estados Unidos hai que respectar unhas normas mínimas nas comunidades de veciños, e non é posíbel que cada ún teña a súa casa coma queira: todas deben respectar unhas normas comúns de estética.
[13:33 11/03/2007] O Instituto de Estudos Clásicos sobre a Sociedade e a Política "Lucio Anneo Séneca" presenta, no 70 aniversério do pasamento de H.P. Lovecraft, unhas xornadas dirixidas a "trazar un panorama do xénero do que é o maior representante: o terror sobrenatural". Todo elo, do 25 ao 27 de abril de 2007 na Faculdade de Filosofía da Ciéncia da Universidade Carlos III de Madrid.
Prémio Tiptree de 2007
[14:24 05/04/2007] Xa se coñecen os gañadores do prémio Tiptree deste ano. A lista dos gañadores e lecturas recomendadas é a seguinte:
- Gañadores: Half Life de Shelley Jackson e The Orphan’s Tales: In the Night Garden de Catherynne M. Valente
- Prémio especial James Tiptree, Jr.: The Double Life of Alice B. Sheldon de Julie Phillips
- Libros recomendados: Mindscape, de Andrea Hairston, Listening at the Gate, de Betsy James, The Privilege of the Sword, de Ellen Kushner, The Last Witchfinder, de James Morrow, Horse-Year Women, de Michaela Roessner, Ava Wrestles the Alligator e St Lucy’s Home for Girls Raised by Wolves, de Karen Russell, Matriarch, de Karen Traviss e Venusia, de Mark von Schlegell
Fraser fará a Mómia 3
[18:46 14/04/2007] Tal e coma se agardaba, Brendan Fraser ven de pechar un acordo para rergesar en A Mómia 3, ainda que a súa compañeira nas dúas primeiras entregas da saga, Rachel Weisz, non repetirá.
Rob Cohen dirixirá a secuela, da que se agarda que escomece a produción a finais de verán. Tal e coma vos anunciáramos, estará ambientada en China e presentará a Jet Li nun papel de malvado.
A Universal planea unha estrea para o verán de 2008; a franquía xa gañou máis de 830 millóns de dólares en todo o mundo. A Mómia debutou en 1999 e A Mómia regresa en 2001.
Weisz gañou un Oscar e tivo un fillo dende a última vezque participou nesta saga e ficou fóra das conversas para repetir o seu papel de coprotagonista.
O guión de A Mómia 3 corre a cargos dos creadores de Smallville, Miles Millar e Alfred Gough, que deberán agora reescribir grande parte del unha vez fica confirmada a auséncia de Weisz. A Universal só agarda que se reescriba para lle dar luz verde ao proxecto, ainda que moi probábelmente a rodaxe non escomece até finais do verán.
Barbarella revive
[18:46 14/04/2007] Os produtores Dino e Martha De Laurentiis veñen de completar o acordo que lles permitirá reinventar a Barbarella, e xa contan cos guionistas de Casino Royale, Neal Purvis e Robert Wade para escribir o libreto deste filme.
A película orixinal foi dirixida en 1968 por Roger Vadim e era unha mistura de fantasía e ciéncia-ficción producida por De Laurentiis, que por iso lle tiña ganas ao proxecto e a adquirir os dereitos que estaban no poder de Julien Forest, o fillo de Jean-Claude Forest, autor do cómic francés orixinal no que estaba baseada a película e mais o persoaxe de Barbarella. Con este acordo, os dous primeiros cómics da série orixinal serán publicados por primeira vez nos Estados Unidos e en inglés, cousa queaté de agora non acontecera.
No filme orixinal, Jane Fonda interpretaba a unha Barbarella campie e anenada pero cun grande potencial sexual, algo que hoxendía non sería posíbel volver facer. Así que neste remake, os guionistas farán de Barbarella unha rapaza libre e moderna que sobrevive nun mundo futuro grazas á súa intelixéncia, as súas habilidades na loita... e á súa sexualidade.
Lucas desvela máis segredos de Indy 4
[4:09 08/04/2007] O produtor de Indiana Jones 4, George Lucas, ven de desvelar nunha entrevista que non ten ningún problema cos 64 anos de idade do protagonista do filme, Harrison Ford, quen vai repetir o seu papel do heroe de acción.
"Non ten que correr en ningún dos filmes", dixo Lucas aos xornalistas. "Vai a cabalo ou conducindo un coche ou unha moto. E interpretará a súa idade neste filme co que é axeitado. As persecucións teñen máis supense ca velocidade. Coma a bóla rodante da primeira película: non é que el teña que correr moito, é que hai unha bóla xigante que o vai pillar. E vai gañar, o que é unha tradición pra nós".
Lucas, que tamén está pre-producindo unha série de acción real para a televisión "moi básica e enchida de acción", dixo que haberá moita acción en Indy 4, o polo de agora título oficial do que ficará agocho até que o primeiro tráiler chegue aos cinemas ao redor do día de acción de grazas.
Sean Connery aínda non asinou para interpretar ao pai de Indiana, o Dr. Henry Jones, pero Lucas dixo: "Ainda estamos a intentalo".
E non foi ideia del contratar a Kate Blanchett para o papel protagonista feminino. "Ela foi a que quixo o meu director, e eu sempre inclíno-me perante os desexos do meu director", dixo Lucas de Steven Spielberg. "Eu aprobeina, porque semellaba unha boa ideia. Cando a atopei na gala dos Oscars, díxen-lle Hei, agora traballas para min!".
Un traxe de Superman por 85.000 euros
[4:09 08/04/2007] Ún dos traxes que utilizou o actor Christopher Reeve na primeira película de Superman (1978) empatou a 115.000 dólares (uns 85.000 euros) con outro dos vestiários do clásico musical O meigo de Oz, nunha poxa de lembranzas cinematográficas en Califórnia.
Segundo informou a casa de poxas Profiles in History, con sede en Calabasas (Los Ángeles), a venda desas dúas pezas axudou a marcar un novo récord no eido das subhastas de lembranzas de Hollywood. En total, a firma obtivo máis de dous millóns de dólares ao peche da poxa o pasado xoves, unha cifra que describiu coma récord.
Xunto ao traxe de Superman e ao de Winkie, un dos gardas da malvada bruxa do Oeste do filme O meigo de Oz de 1939, outros dos obxectos que acadou a poxa máis alta foi un traje da creatura deseñada por H.R.Giger para Alien, vendido por 126.000 dólares (uns 93.000 euros).
Foi unha subhasta onde dominou o vestiário de todo tipo de películas, de tal xeito que a indumentária que utilizou Marilyn Monroe en There's No Business Like Show Business vendeu-se por 92.000 dólares e o traxe de home morcego de Val Kilmer en Batman Forever por 63.250 dólares (uns 47.000 euros).
Tamén sairon a poxa outros obxectos de cinema coma o medallón Staff de Ra que conduce a Indiana Jones ao lugar no que se atopa o arca da alianza nas sua primeira aventura, Na procura do arca perdida, por un valor de 69.000 dólares (uns 51.000 euros).
Segundo suliñou á prensa Joe Maddalena, propietario desta casa de poxas especializada en pezas de cinema e televisión, "a xente merca os seus recordos. Tráta-se desa fantasía, o volver atrás no tempo quizais a ese día no que un familiar que xa desapareceu nos levou a ver a Guerra das Galáxias cando eramos cativos", explicou Maddalena.
O documental Rol estréa-se na Televisión Galega
[23:27 05/04/2007] Este sábado 7 de abril, ás 15:30, no programa "Galicia Documental" vai ter lugar a estrea televisiva do documental Rol que, como refrexa o seu título, está adicado a este tipo de xogos.
Rol é un documental que nos achega ao mundo dos xogos de rol nas súas distintas modalidades. No documental presénta-se unha visión que pode axudar a disipar algúns dos prexuízos que hai sobre este mundo e achegarnos a história de Galiza a través do xogo de rol en vivo "Irmandiños: a revolta" promovido pola Xunta e polo colectivo 13 Negativo que tivo lugar no castelo de Monterrei os días 22, 23 e 24 de setembro do 2006.
Este documental de pouco máis de 50 minutos foi dirixido por Adrián Pino e realizado pola produtora Control Z.
Maguire, aberto a facer Spiderman 4
[23:27 05/04/2007] Tobey Maguire, que repite o seu papel de Peter Parker na vindeira Spiderman 3, revelou nunha entrevista que ainda está aberto á posibilidade de facer unha cuarta entrega da saga, pero con reservas. Estas revelacións contradin os informes segundo os cales a súa terceira posta de largo coma o lanzarredes ía ser a derradeira. Maguire non ten contrato para participar nunha cuarta parte.
"Ben, é posíbel que fagamos outro filme", dixo Maguire na entrevista. "Todo depende de se hai unha história que pague a pena contar. Sínto-me moi orgulloso das tres películas que fixemos. Coido que as tres histórias merecían ser contadas, e, xa sabes, se aparecen cunha boa película e a equipa enteira quere axuntar-se de novo, e sentimos que podemos facer unha boa película que merece ser contada, daquela estou disposto".
A súa compañeira Kirsten Dunst (Mary Jane Watson), repetiu este sentimento nunha entrevista separada no mes de febreiro, onde dixo que para ela todo dependía de se o director Sam Raimi estaba de acordo en facer unha cuarta entrega: "traballaría con Sam en calquera filme que el queira que eu traballe porque adoro a ese home".
Pola súa banda, Raimi ainda non dixo esta boca é miña. O productor Avi Arad foi citado por algunhas fontes decindo que haberá unha cuarta parte con ou sen Maguire.
A Warner quere super-heroes de metal
[23:27 05/04/2007] A Warner Brothers Pictures está a desenvolver un filme baseado nos superheroes robóticos da DC Comics Metal Men, e está a preparar o proxecto co produtor Lauren Shuler Donner. Eric Champnella foi contratado para que escriba o guión.
Baseado na série da DC Comics creada por Robert Kanigher e Ross Andru en 1962, Metal Men vai sobre un brillante científico, William Magnus, e as súas creacións: seis robots superdesenvolvidos que posúen poderes asociados cos seus repectivos metais: ouro, ferro, chumbo, alumínio, mercúrio e pratino. No canto de seren programados, estes robots poden pensar por si mesmos, o que é ao mesmo tempo o seu millor e o seu pior superpoder.
Os heroes fixeran a súa primeira aparición en Showcase como material de recheo, pero acadaron unha sona que ninguén agardaba e recebiron unha série de seu. Estes robots están ambientados nunha família non moi normal e as súas histórias están entre o romance, o humor e a acción.
Warhammeiros a Valadares
[14:29 05/04/2007] O día 28 deste mes de abril, entre as 10 e as 11 da mañán, comezará no Centro Cultural de Valadares (Vigo) o Segundo Torneo do xogo de rol Warhammer, organizado pola tenda (e blog) Banda Deseñada.
A inscripción custará 5 euros, que se pagan ese día durante o própio torneo. As prazas por cubrir serán unhas 30 máis ou menos (ainda que os organizadores afirman que non é un número definitivo).
As partidas se xogarán en 3 rondas en formato suizo, con 2.000 puntos en xogo, e o único requisito é que todos os exércitos que levedes estean completamente representados cun mínimo do 50% xa pintado. Empregarán-se única e exclusivamente as regras de Warhammer Fantasy Battles 7ª Edición e os Libros de Exército vixentes até o momento coas suas oportunas correccións oficiais.
As listas de exércitos serán entregadas aos xogadores seladas pola organización antes de escomezar a primeira partida e serán as únicas válidas no decurso do torneo. Obviamente, estás cópias serán idénticas ás listas recibidas durante a inscripción. Os xogadores deberán traer os materiais necesários para o desenvolvemento da partida (manuais, metros, etc.); xa que éstes no serán proporcionados pola organización.
Establécen-se prémios para o primeiro, segundo e terceiro clasificados. Ademáis, repartirán-se prémios por sorteo a aqueles xogadores que non se clasificaran. A cantía dos prémios variará segundo a recadación, que será repartida íntegramente en prémios.
A duración das batallas será de 6 turnos sempre que non supere as dúas horas de duración. Coma medida excepcional permitirá-se un máximo de dúas horas e média para axustar quendas e contar puntos.
A escenografía será fixa para cada unha das 16 mesas e estará disposta pola organización.
Para calquera dúbida ou aclaración, podedes enviar un e-mail a este enderezo.
Gañadores dos prémios Stoker
[14:24 05/04/2007] Esta pasada fin se semana tivo lugar na vila canadiana de Toronto a edicion anual da World Horror Convention, no decurso da cal entregáron-se os prémios Stoker que concede a Asociación de escritores de Terror (HWA).
Os prémios Bram Stoker recoñecen aos millores de cada ano na Literatura de terror. Os galardóns, que levan o nome do autor da novela Drácula, foron para:
- Novela: Lisey Story, de Stephen King
- Primeira novela: Ghost Road Blues, de Jonathan Maberry
- Relato longo: Dark Harvest, de Norman Partridge
- Relato curto: Tested, de Lisa Morton
- Antoloxía (empate): Mondo Zombie, de John Skipp e Retro Pulp Tales, de Joe Lansdale
- Colección: Destinations Unknown, de Gary A. Braunbeck
- Ensaio: (empate) Final Exits: The Illustrated Encyclopedia of How We Die, de Michael Largo e Gospel of the Living Dead: George Romero's Visions of Hell on Earth por Kim Paffenroth
- Poesía: Shades Fantastic, de Bruce Boston
[20:45 17/03/2007] Sandra Bullock, protagonista do thriller de contido sobrenatural Premonition, dixo á prensa que non quere que se considere fantástico este filme porque non quere encasillarse neste tipo de papeis. Ainda que só fixo dúas películas de xénero fantástico, a actriz teme que a encadren coma unha intérprete de películas de fantasía. Bullock, quen persoalmente di que acredita na clarividéncia (polo que para ela non-o son), interpreta en Premonition a unha muller que presinte a morte do seu home nun accidente de automóbil.
[20:45 17/03/2007] En abril a editorial Minotauro publicará Los Hijos de Húrin, unha nova obra póstuma de J.R.R. Tolkien, que o seu fillo Christopher editou para a sua publicacion. O lanzamento se realizará simultaneamente en rtodo o mundo, pero non haberá (loxicamente) versión en galego.
[20:45 17/03/2007] A secuela de Superman Returns podería adiar-se agora que o seu director Bryan Singer ven de asinar para encargar-se dun thriller ainda sen título e que será o seu seguinte proxecto para este mesmo verán. A United Artists de Tom Cruise e Paula Wagner deu luz verde ao thriller de Singer, que contará cun guión de Chris McQuarrie (Sospeitosos Habituais).
[20:45 17/03/2007] Os directivos da TNT (Turner Broadcasting System) dixeron que O Talismán, a minisérie que coproducirá Steven Spielberg e a DreamWorks Television en 2008, podería converter-se nunha série fixa en 2009. O anúncio realizou-se o pasado 6 de marzo no Museum of Modern Art de New York (MOMA).
[20:45 17/03/2007] Amber Valletta protagonizará o episódio piloto dunha nova série de tema sobrenatural da CBS, Twilight, sobre un investigador privado (Alex O'Laughlin) que é en realidade un vampiro. Valletta interpretará ao amor inmortal do detective.
[20:45 17/03/2007] Maggie Gyllenhaal está a negociar a súa incorporación ao reparto de The Dark Knight, o filme que dirixirá Christopher Nolan e protagonizará Christian Bale, a vindeira entrega na revitalizada franquía de Batman. Gyllenhaal sustituiría a Katie Holmes no papel de Rachel Dawes. A rodaxe comezará a finais de primavera ou comezos de verán.
Finou o primeiro James Bond
[19:18 20/04/2007] Barry Nelson, o primeiro actor que interpretou o persoaxe de James Bond, morreu en Los Ángeles o pasado día 14 aos 89 anos, segundo informou á prensa a súa esposa Nansi.
O deceso aconteceu cando o actor, que interpretou ao persoaxe das novelas de Ian Fleming para unha versión de televisión de Casino Royale en 1954, viaxaba ao estado de Pennsylvania o sábado pasado.
Nelson foi durante case toda a sua carreria un actor dos estudos MGM e entre os seus papeis estelares inclúen-se os protagonizados en Shadow of the Thin Man, Johnny Eager e Dr. Kildare's Victory.
Foi un actor moi convincente e era tan bó na comédia coma no drama. Interrumpiu a sua carreira para servir no exército durante a Segunda Guerra Mundial e volveu ao cinema de Hollywood para interpretar papeis nunha decena de películas, entre elas Time to Kill e Tenth Avenue.
Nos seus derradeiros anos de traballo tuvo actuacións secundárias en filmes coma Aerporto e O relostro, así coma en séries de televisión coma Escribiu-se un crime e Dallas.
Prince of Persia para Michael Bay?
[19:18 20/04/2007] Hai unhas semanas se soubo do interese da Disney por unir as suas forzas con Jerry Bruckheimer, para acometer a que pode ser a nova galiña dos ovos de ouro para a compañía do rato, en forma de franquía cinematográfica: a adaptación ao celuloide da série de videoxogos Prince of Persia.
Ahora o rumor apunta a que será Michael Bay quen se sente na cadeira do director, para ter a película lista no verán de 2009. Bruckheimer e Bay son a parellaque fixo filmes coma A Rocha, Armageddon, a saga de Dous Policías Rebeldes ou Pearl Harbor.
Nestes intres Bay está a rematar Transformers, que é unha aposta de alto risco para este verán, pero se a xogada sae ben o seu futuro pode ficar comprometido cos robots durante alomenos unha previsíbel continuación.
O guión xa foi reescrito por Jeffrey Nachmanoff (O día de mañá) e tomará coma base os persoaxes dos videoxogos para conformar unha história onde o príncipe se aliará cunha princesa rival para derrotar a un malvado vilán que pretende azoutar o mundo cunha treboada de area mortal.
LaBeouf confirmado para Indy 4
[19:17 20/04/2007] Confirmando os rumores dos que NOVAFANTASIA se fixo eco as pasadas semanas, a Paramount Pictures ven de anunciar oficialmente que Shia LaBeouf foi enrolado para a vindeira cuarta entrega da saga de Indiana Jones, e todo isto mália que o mesmo LaBeouf desbotara esta información, tildándoa de "rumores".
LaBeouf úne-se asemade a Harrison Ford, que regresa para o papel protagonista, e Cate Blanchett, que xa fora contratada hai uns días.
A produción de Indiana Jones 4 debe escomezar en xuño en Los Angeles e tamén será rodada noutras localizacións ainda pro desvelar pero que están moi afastadas. Steven Spielberg dirixirá un guión de David Koepp. Frank Marshall producirá o filme, con George Lucas e Kathleen Kennedy de produtores executivos.
A LaBeouf poderémolo ver axiña nos filmes da DreamWorks Pictures Disturbia e Transformers.
"Estamos emocionados por traer a Shia á família de Indy", dixo Spielberg nunha declaración oficial. "O seu talento non só abraiou á audiéncia na súa xove carreira, senón tamén aos directores, produtores e compañeiros actores que traballaron con el na súa carreira na televisión e agora no cinema".
Ao respeito das súas anteriores declaracións, nas que negaba a posibilidade de intervir neste filme, LaBeouf dixo: "Esperaba que os rumores foran certos, así que non podía estar máis amocionado. Ser elixido para participar nun filme de Indiana Jones é coma coller o anel de latón e ter unha segunda volta. Fareino o millor que poida para chegar ao nivel que Steven, George e Harrison acadaron, e non podo agardar para dar ese grande paso fronte ás cámaras de Indy".
Johnston non dirixirá Parque Xurásico IV
[19:17 20/04/2007] A MTV.com informou de que o director de Parque Xurásico III, Joe Johnston, non será o encargado de facer a proposta cuarta parte da franquía. Cando se lles pediu algún comentário para a prensa, os representantes do director dixeron á MTV.com que Johnston "definitivamente non dirixirá Parque Xurásico IV".
Pero a coprotagonista da versión orixinal de Parque Xurásico Laura Dern dixo ao sítio web que ela si estará na seguinte entrega. "Vai acontecer", dixo. "O rumor é que [o meu persoaxe] Ellie Sattler voltará aos bosques, coltará á illa", anunciou Dern, engadindo que o filme chegará aos cinemas en 2008. Ademáis, dixo que "hai un tipo aoque coñezo que me dixo que quere que eu volte. Así que teréi unha cita cos dinosáuros de novo. A miña filla de cinco anos vai-se asustar".
A cuarta entrega da popular franquía fantástica leva nos caixóns dende que Parque Xurásico III obtivo unhas malas críticas da prensa, ainda que unha moi boa recadación aló polo 2001.
Norton será verde
[19:17 20/04/2007] Edward Norton (O Ilusionista) foi elixido polos Marvel Studios para interpretar a Bruce Banner en O incríbel Hulk, no papel que fixera Eric Bana na primeira parte da saga.
O filme que dirixirá Louis Leterrier será distribuido pola Universal Pictures, cos ollos postos na data do 13 de xuño de 2008 para a estrea. A rodaxe comezará este verán en Toronto (Canadá).
The Incredible Hulk, a continuación do decepcionante filme de Ang LeeHulk, tentará ser menos sério e estar máis na liña da série dos cómics e da televisión. Leterrier dirixiru anteriormente Transporter 2Unleashed.
O novo filme escomezará con Banner fuxindo, tentando evitar que o capturen e asemade poder curar-se da enfermidade que o convirte na Masa cada vez que se anoxa.
O guión para O incríbel Hulk foi escrito por Zak Penn, quen xa intervira anteriormente nos guións de filmes coma X-Men, Os catro fantásticos e Elektra.
Sam Raimi no Hobbit?
[19:17 20/04/2007] O proposto filme Spiderman 4 está a tremer. O seu director, Sam Raimi seica est